Axel Witsel
Axel Witsel | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Información persoal | |||
Nome | Axel Thomas Witsel | ||
Nacemento | 12 de xaneiro de 1989 (34 anos) | ||
Lugar de nacemento | Liexa | ||
Altura | 1,86 m | ||
Posición | Centrocampista | ||
Información de club | |||
Club actual | Borussia Dortmund | ||
Número | 28 | ||
Carreira xuvenil | |||
2004–2006 | Standard Liège | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2006–2011 | Standard Liège | 148 | (34) |
2011–2012 | Benfica | 32 | (1) |
2012–2017 | Zenit | 122 | (16) |
2017–2018 | Tianjin Quanjian | 35 | (5) |
2018– | Borussia Dortmund | 0 | (8) |
Selección nacional | |||
2004 | Bélxica Sub-15 | 1 | (0) |
2005 | Bélxica Sub-16 | 2 | (0) |
2005–2006 | Bélxica Sub-17 | 19 | (0) |
2006–2007 | Bélxica Sub-18 | 5 | (0) |
2006 | Bélxica Sub-19 | 3 | (0) |
2007–2009 | Bélxica Sub-21 | 10 | (0) |
2008– | Bélxica | 96 | (9) |
Na rede | |||
http://www.axelwitsel28.com/ | |||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Selección: actualizado a 1 de xullo de 2014[ editar datos en Wikidata ] | |||
Axel Thomas Witsel, nado en Liexa o 12 de xaneiro de 1989, é un futbolista internacional belga que xoga para o Borussia Dortmund da Bundesliga alemá e para a selección de Bélxica. A súa posición natural é a de medio centro, mais tamén pode xogar como medio ofensivo. Con todo, cando chegou ao fútbol profesional xogaba na posición de lateral dereito.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
O primeiro equipo de Witsel foi o Standard Liège, co que debutou nun partido ante o Brussels FC, entrando como substituto de Steven Defour no minuto 89. Aquilo ocorreu o 17 de setembro de 2006, cando Axel contaba con tan só 17 anos de idade. Once días despois, fixo o seu debut nunha competición europea, concretamente na Copa da UEFA, onde o seu equipo saíu eliminado ante os galegos do Celta de Vigo. Durante a tempada 2007-08, e con 18 anos de idade, Witsel converteuse nun dos xogadores que gañaría o título de liga para o Standard, xunto a outros talentos belgas como Steven Defour e Marouane Fellaini. Ese mesmo ano gañaría o premio ao Mellor Xogador Mozo do Ano, e o Zapato de Ouro, que premia ao mellor xogador do torneo. Na tempada seguinte, anotou o gol co que seu club volveu conseguir o campionato de liga, tras imporse no dobre play-off ante o Anderlecht.
O 30 de agosto de 2009, Witsel rompeu a perna dereita do xogador polaco Marcin Wasilewski, nun dos clásicos disputados entre o Standard Liège e o Anderlecht. Axel protestou polo cartón vermello que recibiu e a pesar de desculparse por este incidente, a reacción dos seareiros do club púrpura e sobre todo, dos polacos, non se fixo esperar: Witsel foi ameazado de morte.[1] Finalmente, a Real Federación Belga de Fútbol suspendeu ao internacional belga con oito partidos de Liga, a pesar de que a sanción inicial foi de once encontros, máis unha multa de 250 euros, que igualmente foi reducida dos 2.500 euros que debía pagar nunha primeira instancia.[2]
O 13 de xullo de 2011 o Standard Liège anuncia mediante un comunicado no seu sitio web o traspaso do xogador ao SL Benfica de Portugal, sen dar detalles sobre a transferencia. Segundo medios locais o club portugués tería pagado unha cifra próxima ao oito millóns de euros. O 3 de setembro de 2012 é fichado polo Zenit de San Petersburgo por 40 millóns de euros.
Títulos[editar | editar a fonte]
Campionatos nacionais[editar | editar a fonte]
Título | Club | Estado | Ano |
---|---|---|---|
Primeira División | Standard Liège | ![]() |
2007–08 |
Supercopa de Bélxica | Standard Liège | ![]() |
2008 |
Primeira División | Standard Liège | ![]() |
2008–09 |
Supercopa de Bélxica | Standard Liège | ![]() |
2009 |
Copa de Bélxica | Standard Liège | ![]() |
2010-11 |
Distincións individuais[editar | editar a fonte]
Distinción | Ano |
---|---|
![]() |
|
![]() |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Marca, ed. (1 de setembro de 2009). "Amenazan de muerte Witsel, el jugador que le rompió tibia y peroné a Wasilewski" (en castelán). Consultado o 4 de xullo de 2014.
- ↑ Marca, ed. (4 de setembro de 2009). "La sanción a Witsel se reduce a ocho partidos" (en castelán). Consultado o 4 de xullo de 2014.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Nados en 1989
- Nados en Liexa
- Centrocampistas de fútbol
- Futbolistas de Bélxica
- Xogadores do Standard de Liège
- Xogadores do SL Benfica
- Xogadores do FC Zenit San Petersburgo
- Xogadores do Borussia Dortmund
- Xogadores da selección de fútbol de Bélxica
- Xogadores do Mundial de Fútbol de 2014
- Xogadores do Mundial de Fútbol de 2022