Maccabi Tel Aviv B.C.

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Maccabi Tel Aviv BC")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Maccabi Tel Aviv
Maccabi Tel Aviv 003.JPG
Información xeral
Liga ISBL / Euroliga
Alcume Os Macabeos
Fundación 1932
Cores           Amarelo, azul
Presidente Flag of Israel.svg Shimon Mizrahi
Adestrador Croacia Žan Tabak
Patrocinador Electra
Vestimenta Nike
Localización
Cidade Flag of Israel.svg Tel Aviv, Israel
Pavillón A Man de Elías
Capacidade 11.000
Inauguración 17 de setembro de 1963
Campionatos
Euroliga 6 (1977, 1981, 2001, 2004, 2005, 2014)
Tripla coroa 6 (1977, 1981, 2001, 2004, 2005, 2014)
Intercont. 1 (1980)
Liga 52 (1954, 1955, 1957−59, 1962−64, 1967, 1968, 1970-92, 1994−07, 2009, 2011−12, 2014, 2018)
ABA Liga 1 (2012)
Copa 44 (1956, 1958, 1959, 1961, 1963−66, 1970-73, 1975, 1977−83, 1985−87, 1989−91, 1994, 1998−2006, 2010−2017)
maccabi.co.il

O Maccabi Tel Aviv B.C. (en hebreo: מ.כ. מכבי אלקטרה תל-אביב) é un equipo profesional de baloncesto israelí con sede na cidade de Tel Aviv. O club xoga na Ligat ha'Al, máxima competición israelí, e na Euroliga. É a sección de baloncesto da sociedade deportiva Maccabi Tel Aviv. Dende o 1 de xullo de 2008 o patrocinador oficial do equipo é a compañía israelí de electrónica "Electra", levando o club ese nome dende aquela por motivos de patrocinio.

O Maccabi é un dos club máis ilustres do baloncesto europeo,[1] gañando o Campionato de Europa até en seis ocasións dende 1977, sendo finalista en outras nove. É tamén o club dominante do baloncesto de Israel, gañando cincuenta Ligat ha'Al (incluídos vinte e tres consecutivos de 1970 a 1992) e 41 Copas de Israel. O equipo tamén posúe o maior rexistro de triplas coroas gañadas con cinco.

Historia[editar | editar a fonte]

Israel[editar | editar a fonte]

Maccabi Tel Aviv B.C. iniciou a súa andadura a mediados dos anos 1930 tras ser fundado en 1932. Cando liga de baloncesto de Israel non comezou en 1954 o Maccabi xa gañou na súa primeira edición e, dende aquela, nunca terminou por baixo do terceiro lugar, incluíndo unha racha de vinte e tres campionatos consecutivos gañados, de 1970 a 1992. Dende os seus comezos o seu maior rival dentro do baloncesto israelí é o outro equipo da cidade, o Hapoel Tel Aviv, aínda que o último título conseguido por estos foi en 1969. Dende entón, o único equipo que derrotou ao Maccabi Tel Aviv no campionato foi o Hapoel Galil Elyon en 1993, dirixido por Doron Sheffer e asesorados por Pinhas "Pini" Gershon, o Hapoel Holon en 2007 e o Hapoel Gilboa Galil (sucesor do Hapoel Galil Elyon) en 2010. Dende 1969 até 2008, o Maccabi Tel Aviv foi patrocinado por Elite, a meirande compañía de alimentación de Israel. Dende xullo de 2008 o patrocinador é Electra.

Europa[editar | editar a fonte]

En 1958 o Maccabi Tel Aviv comezou a súa participación en competicións internacionais, chegándose a converter nunha potencia dentro dos equipos de baloncesto en Europa. En xullo de 2006, o Maccabi Tel Aviv xogara 602 partidos en competicións europeas e vencido en 376 deles, anotando 51.804 puntos contra 49.156 dos seus rivais.

O club conseguiu a súa primeira Copa de Europa de Baloncesto (agora Euroliga) en 1977, sendo dirixido o equipo polo adestrador Ralph Klein. Na final de Belgrado, o Maccabi Tel Aviv venceu ao Mobilgirgi Varese por 78 a 77, grazas ás actuacións de Jim Boatwright (26 puntos), Miki Berkovich, Aulcie Perry e o resto do equipo. Pero quizais tivo un maior valor simbólico a vitoria na semifinal, onde venceron ao CSKA de Moscova. Os soviéticos negáronse a xogar en Tel Aviv, polo que o partido tivo lugar nun campo neutral, en Bélxica.

Aos ollos de todo o país, non só foi unha importante vitoria, senón que supuxo unha vinganza contra Unión Soviética, o país que, segundo eles, "prestara o seu apoio aos inimigos de Israel" nas previas guerras árabe-israelís. O capitán Tal Brody dixo despois do partido "Estamos no mapa, e quedáronse na ruta, non só no deporte, senón en tódolos aspectos". En 1981, obtivo outra Copa de Europa, esta vez derrotando ao Sinudyne Bolonia por 80 a 79. Durante o resto da década de 1980, o Maccabi Tel Aviv chegou ás finais da Copa de Europa noutro cinco ocasiones, aínda que perdendo en todas elas.

O decenio de 1990 do Maccabi coñécese como o "decenio negro", co equipo logrando tan só unha aparición nunha Final Four durante toda a década, e mesmo perdendo o título de liga israelí en 1993. En 1998 Pini Gershon, até entón considerado como un dos máis notorios "anti-Maccabistas" de Israel, converteuse no seu adestrador en xefe, inaugurando o que posiblemente é o mellor período na historia do club. O equipo chegou á final da Euroliga en 2000, caendo ante o Panathinaikos nun igualado partido. Ironicamente, o ex do Maccabi Tel Aviv e do equipo nacional, Oded Kattash, foi o xogador decisivo para o Panathinaikos. Ao ano seguinte, os dous equipos enfrontáronse de novo na final da Suproliga en París, e o club israelí, encabezado por Arriel McDonald, Anthony Parker e Nate Huffman, venceu na final por 81 a 67.

Gershon decidiu xubilarse, pero regresou para a tempada 2003-04, regresando tamén Anthony Parker na segunda etapa no club. Ademais uniuse ao equipo a estrela litiuana Šarūnas Jasikevičius, e o Maccabi chegou á final de 2004 da Euroliga, derrotando ao Skipper Bolonia na final que tivo lugar en Tel Aviv, cunha diferenza de puntos sen precedentes (118 a 74). O equipo regresou á Final Four da Euroliga celebrada en Moscova ao ano seguinte. Participaban nela o Tau Cerámica, o Panathinaikos, o CSKA de Moscova e o propio Maccabi. Na semifinal, os de Tel Aviv derrotaron ao Panathinaikos e logo na final, un 8 de maio de 2005, ao Tau Cerámica por 90 a 78

O 16 de outubro de 2005, o Maccabi estableceu outro fito na súa historia e do baloncesto europeo cando derrotou aos Toronto Raptors da NBA, sendo a súa primeira vitoria en máis de vinte e sete anos contra un equipo da NBA, a primeira vitoria sobre un equipo da NBA por parte de calquera equipo da Euroliga en dezasete anos, e a primeira vitoria dun equipo europeo sobre un equipo da NBA nos Estados Unidos. Un tiro en suspensión de Anthony Parker a 0,8 segundos para o final deulles a vitoria por 105 a 103.

Na tempada 2005-06, o Maccabi acabou con dous títulos nacionais: o seu cuadraxésimo sexto campionato de Liga e a súa trixésimo sexta Copa despois de dúas vitorias sobre o Hapoel Xerusalén. Durante a Final Four da Euroliga, o Maccabi Tel Aviv enfrontouse de novo ao Tau Cerámica, esta vez na primeira semifinal, gañando de novo o partido, esta vez 85 a 70. Así o Maccabi e o CSKA de Moscova enfrontáronse na final do 30 de abril de 2006, perdendo os macabeos por 73 a 69. Durante o verán seguinte a súa "dinastía" terminou cando Anthony Parker e Maceo Baston seguiron a v na súa ruta cara á NBA, dando lugar a unha importante renovación do cadro de xogadores. Isto levou a unha mediocre tempada 2006-07, aínda que o equipo gañou o campionato nacional e clasificouse para cuartos de final da Euroliga.

A tempada 2007-08 abriuse coa esperanza do retorno do ex-xogador do club Oded Katash como adestrador, aínda que non logrou os resultados agardados, polo que foi substituído por Pini Gershon na que sería a súa terceira etapa como adestrador do club. O equipo xogou ese ano un partido de pre-tempada contra os New York Knicks o 11 de outubro de 2007, no Madison Square Garden, na súa primeira aparición no famoso recinto, os Knicks gañaron o partido 112:85. Con todo, desde entón o Maccabi non volveu a lograr títulos internacionais, chegando a perder a liga israelí en 2010 fronte ao Hapoel Gilboa Galil Elyon. O 3 de agosto de 2011, o base da NBA Jordan Farmar dos New Jersey Nets asinou un contrato por un ano co Maccabi por mor do "lookout" da NBA 2011.

Pavillón[editar | editar a fonte]

Artigo principal: A Man de Elías.

A Man de Elías ou Nokia Arena (en hebreo: היכל הספורט יד אליהו, Yad Eliyahu) é o pavillón onde xoga os seus encontros coma local o Maccabi de Tel Aviv. A Man de Elías é un dos máis míticos pavillóns do baloncesto europeo, acollendo numerosas finais de competicións continentais e sendo a cancha dun dos clubs europeos máis laureados.

Cunha capacidade para 11.000, á parte do Maccabi Tel Aviv albergou encontros no pasado do Hapoel Tel Aviv. É a area de deporte baixo teito máis grande en Israel, polo que aloxa a Final Four israelí (as semifinais e final da Copa de Israel), así como a maioría dos partidos da selección de baloncesto de Israel. Atópase no 51 da rúa Yigal Allon de Tel Aviv.

Xogadores[editar | editar a fonte]

Cadro actual[editar | editar a fonte]

Maccabi FOX Tel Aviv 2018−2019
Xogadores Adestradores
Pos. # Nac. Nome Altura Peso Procedencia
B 1 Flag of Turkey.svg Wilbekin, Scottie 70001880000000000001.88 m (6 ft 2 in) 700180000000000000080 kg (176 lb) Darüşşafaka (2018)
B 2 Flag of the United States.svg Pargo, Jeremy 70001880000000000001.88 m (6 ft 2 in) 700188000000000000088 kg (194 lb) Champville Maristes (2018)
AP 4 Flag of the United States.svgItalia Caloiaro, Angelo 70002029999999999992.03 m (6 ft 8 in) 7002102000000000000102 kg (225 lb) Bandırma Banvit (2018)
E 5 Flag of the United States.svgFlag of Tunisia.svg Roll, Michael 70001980000000000001.98 m (6 ft 6 in) 700192000000000000092 kg (203 lb) Beşiktaş J.K. (2017)
B 7 Flag of the United States.svgHungría Kane, DeAndre 70001960000000000001.96 m (6 ft 5 in) 700191000000000000091 kg (201 lb) Real Betis Energía Plus (2017)
A 8 Flag of Israel.svg Avdija, Deni 70002000000000000002.00 m (6 ft 7 in) 700180000000000000080 kg (176 lb) Canteira (2014)
P 9 Flag of the United States.svgFlag of Israel.svg Tyus, Alex 70002029999999999992.03 m (6 ft 8 in) 7002100000000000000100 kg (220 lb) Galatasaray (2017)
B 12 Flag of the United States.svgFlag of Israel.svg DiBartolomeo, John (C) 70001830000000000001.83 m (6 ft 0 in) 700179000000000000079 kg (174 lb) Maccabi Haifa (2017)
AP 15 Flag of the United States.svgFlag of Israel.svg Cohen, Jake 70002100000000000002.10 m (6 ft 11 in) 7002107000000000000107 kg (236 lb) Maccabi Ashdod (2017)
E 50 Flag of Israel.svg Zoosman, Yovel 70002000000000000002.00 m (6 ft 7 in) 700190000000000000090 kg (198 lb) Canteira (2015)
E 61 Flag of the United States.svg Ray, Kendrick 70001880000000000001.88 m (6 ft 2 in) 700185000000000000085 kg (187 lb) ČEZ Nymburk (2014)
AP 63 Flag of Israel.svg Levi, Nimrod 70002080000000000002.08 m (6 ft 10 in) 700186000000000000086 kg (190 lb) Maccabi Ashdod (2018)
AP 64 Flag of the United States.svg O'Bryant III, Johnny 70002060000000000002.06 m (6 ft 9 in) 7002117000000000000117 kg (258 lb) Charlotte Hornets (2018)
P 65 Flag of the United States.svg Black, Tarik 70002060000000000002.06 m (6 ft 9 in) 7002113000000000000113 kg (249 lb) Houston Rockets (2018)
Adestrador
  • Croacia Neven Spahija
Asistente(s)
  • Flag of Israel.svg Guy Goodes
  • Flag of the United States.svg Tim Fanning
  • Flag of Serbia.svg Veljko Perović
Director deportivo
  • Croacia Nikola Vujčić

Lenda
  • (C) Capitán
  • Lesionado Lesionado

Cadro
Actualizado: 31-08-2018

Palmarés individual[editar | editar a fonte]

Anthony Parker

Basketball Hall of Fame

50 maiores contribuidores da Euroliga

MVP da Euroliga

Máximos anotadores en Europa[editar | editar a fonte]

Nikola Vujčić
MAccabi Tel Aviv Xogador Rexistro
1 Flag of Israel.svg Miki Berkovich 3.588
2 Flag of Israel.svg Doron Jamchi 3.262
3 Flag of the United States.svg Kevin Magee 2.081
4 Flag of Israel.svg Aulcie Perry 2.077
5 Flag of Israel.svg Lou Silver 1.999
6 Flag of the United States.svg Anthony Parker 1.804
7 Flag of Israel.svg Derrick Sharp 1.734
8 Croacia Nikola Vujčić 1.730

Xogadores que xogaron na NBA[editar | editar a fonte]

Partidos fronte equipos da NBA[editar | editar a fonte]

8 de setembro de 1978 Washington Bullets Flag of the United States.svg 97–98 Flag of Israel.svg Maccabi Tel Aviv¹    Israel A Man de Elías, Tel Aviv
28 de agosto de 1984 New Jersey Nets Flag of the United States.svg 97–104 Flag of Israel.svg Maccabi Tel Aviv    Israel A Man de Elías, Tel Aviv
29 de agosto de 1984 Phoenix Suns Flag of the United States.svg 98–113 Flag of Israel.svg Maccabi Tel Aviv    Israel A Man de Elías, Tel Aviv
9 de outubro de 1988 Philadelphia 76ers Flag of the United States.svg 108–107 Flag of Israel.svg Maccabi Tel Aviv    Estados Unidos The Spectrum, Filadelfia
12 de outubro de 1989 Miami Heat Flag of the United States.svg 101–95 Flag of Israel.svg Maccabi Tel Aviv    Estados Unidos Miami Arena, Miami
16 de outubro de 1990 Los Angeles Lakers Flag of the United States.svg 129–106 Flag of Israel.svg Maccabi Tel Aviv    Estados Unidos The Forum (Inglewood)
24 de outubro de 1991 Los Angeles Clippers Flag of the United States.svg 146–112 Flag of Israel.svg Maccabi Tel Aviv    Estados Unidos San Diego Sports Arena (San Diego)
27 de outubro de 1991 Los Angeles Clippers Flag of the United States.svg 98–93 Flag of Israel.svg Maccabi Tel Aviv    Estados Unidos LA Memorial Arena (Os Ánxeles)
11 de outubro de 1999 Miami Heat Flag of the United States.svg 126–91 Flag of Israel.svg Maccabi Tel Aviv    Israel A Man de Elías, Tel Aviv
16 de outubro de 2005 Toronto Raptors Canadá 103–105 Flag of Israel.svg Maccabi Tel Aviv²    Canadá Air Canada Centre, Toronto
19 de outubro de 2005 Orlando Magic Flag of the United States.svg 93–79 Flag of Israel.svg Maccabi Tel Aviv    Estados Unidos TD Waterhouse Centre, Orlando
8 de outubro de 2006 San Antonio Spurs Flag of the United States.svg 97–84 Flag of Israel.svg Maccabi Tel Aviv    Francia Palais de Bercy, París
11 de outubro de 2006 Phoenix Suns Flag of the United States.svg 119–102 Flag of Israel.svg Maccabi Tel Aviv    Alemaña Kölnarena, Colonia
17 de outubro de 2006 Cleveland Cavaliers Flag of the United States.svg 93–67 Flag of Israel.svg Maccabi Tel Aviv    Estados Unidos Quicken Loans Arena, Cleveland
19 de outubro de 2006 Toronto Raptors Canadá 118–84 Flag of Israel.svg Maccabi Tel Aviv    Canadá Air Canada Centre, Toronto
11 de outubro de 2007 New York Knicks Flag of the United States.svg 112–85 Flag of Israel.svg Maccabi Tel Aviv    Estados Unidos Madison Square Garden, Nova York
18 de outubro de 2009 New York Knicks Flag of the United States.svg 106–91 Flag of Israel.svg Maccabi Tel Aviv    Estados Unidos Madison Square Garden, Nova York
20 de outubro de 2009 Los Angeles Clippers Flag of the United States.svg 108–96 Flag of Israel.svg Maccabi Tel Aviv    Estados Unidos Staples Center, Os Ánxeles
5 de outubro de 2014 Cleveland Cavaliers Flag of the United States.svg 107–80 Flag of Israel.svg Maccabi Tel Aviv    Estados Unidos Quicken Loans Arena, Cleveland
7 de outubro de 2014 Brooklyn Nets Flag of the United States.svg 111–94 Flag of Israel.svg Maccabi Tel Aviv    Estados Unidos Barclays Center, Nova York


¹ Primeiro equipo europeo en vencer a un equipo da NBA.
² Primeiro equipo europeo en vencer a un equipo de NBA en América do Norte.

Títulos[editar | editar a fonte]

Internacional[editar | editar a fonte]

Maccabi Tel Aviv

Euroliga

Copa Saporta

  • Subcampións (1): 1967

Liga do Adriático: 1

  • Campións (1): 2012
  • Subcampións (1): 2003

Copa Intercontinental : 1

  • Campións (1): 1980

Nacional[editar | editar a fonte]

Liga de Israel

  • Campións (52): 1954, 1955, 1957, 1958, 1959, 1962, 1963, 1964, 1967, 1968, 1970, 1971, 1972, 1973, 1974, 1975, 1976, 1977, 1978, 1979, 1980, 1981, 1982, 1983, 1984, 1985, 1986, 1987, 1988, 1989, 1990, 1991, 1992, 1994, 1995, 1996, 1997, 1998, 1999, 2000, 2001, 2002, 2003, 2004, 2005, 2006, 2007, 2009, 2011, 2012, 2014, 2018
  • Subcampións (7): 1960, 1961, 1966, 1969, 2008, 2010, 2013

Copa de Israel

  • Campións (44): 1956, 1958, 1959, 1961, 1963, 1964, 1965, 1966, 1970, 1971, 1972, 1973, 1975, 1977, 1978, 1979, 1980, 1981, 1982, 1983, 1985, 1986, 1987, 1989, 1990, 1991, 1994, 1998, 1999, 2000, 2001, 2002, 2003, 2004, 2005 2006, 2010, 2011, 2012, 2013, 2014, 2015, 2016, 2017
  • Subcampións (6): 1962, 1969, 1996–1997, 2008, 2018

Copa da Liga de Israel: 7

  • Campións (7): 2007, 2010–2013, 2015, 2017
  • Subcampións (3): 2009, 2014, 2016

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Maccabi Tel Aviv - History Review". Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2011. Consultado o 12 de novembro de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]