Jorge Garbajosa
Jorge Garbajosa Chaparro, nado en Torrejón de Ardoz (Madrid) o 19 de decembro de 1977, é un ex xogador de baloncesto español, internacional coa selección española de baloncesto. O seu posto na cancha, cos seus 206 cm e 111 kg, era o de ala-pivote. Dende 2023 preside a FIBA Europa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Baskonia
[editar | editar a fonte]Con apenas 16 anos (1993) trasladouse a Vitoria desde Madrid deixando o seu club, o Mocidade Alcalá, para xogar co Taugrés Vitoria (despois Tau Cerámica) onde creceu como xogador. Tras unha primeira tempada de axuste (a campaña 93/94) pasou ó novo equipo e á nova cidade, Garbajosa logrou co Taugrés Vitoria o Campionato de España Júnior a tempada seguinte (a campaña 94/95), sendo un dos artífices principais deste éxito. Isto valeulle para que ó ano seguinte, se lle tivese en conta no primeiro equipo, co que debutou en Liga ACB con 18 anos.
Na súa primeira tempada no primeiro equipo vitoriano (a campaña 95/96) logrou a Copa de Europa e ano tras ano, foi collendo confianza, progresando no seu xogo e sendo un dos habituais nos quintetos iniciais do cadro vitoriano. Na tempada 97/98 logrou o subcampionato de Liga e un ano despois a consecución da Copa do Rei.
Benneton Treviso
[editar | editar a fonte]Trala campaña 99/00, quizais a mellor de Garbajosa coa elástica branca do TAU, foi representante vitoriano no All-Star da ACB-, tomou a difícil decisión de abandonar a entidade baskonista logo de sete tempadas e facer as maletas rumbo a Italia, onde xogaría no Benetton de Treviso as seguintes catro campañas.
En 2000 tras recibir ofertas Real Madrid, Pau Orthez e Benetton Treviso, Jorge decantouse polo conxunto transalpino porque quería xogar no estranxeiro e a liga italiana parecíalle o suficientemente dura e competitiva como para reivindicarse como xogador. Alí está ás ordes de Mike D'Antoni e explota como xogador conseguindo varios títulos de liga e copa da liga italiana.
Unicaja Málaga
[editar | editar a fonte]Tras casar, trasladouse a Málaga ó fichar polo Unicaja Málaga que forma un equipo arredor del nun ambicioso proxecto dirixido por Sergio Scariolo. En Málaga demostra Jorge o progreso que tivo desde que catro anos atrás abandonase a nosa liga e chega cargado de humildade e traballo pero cunhas calidades dignas dos mellores xogadores europeos no seu posto. Pronto se converte en ídolo da afección de Málaga e vestido de verde conquista a Copa do Rei a súa primeira campaña (04/05) e un ano despois (05/06) chega a eclosión coa consecución do campionato ligueiro, conseguindo como mérito persoal ser elixido o MVP da final e entrar dentro do Quinteto ideal da ACB.
NBA
[editar | editar a fonte]Actualmente é xogador de Toronto Raptors, equipo canadense da NBA onde tamén xoga o español José Manuel Calderón. A súa actuación no ano da súa estrea na NBA foi moi destacada como o demostra o feito de que foi proclamado como sétimo mellor rookie do ano Garbajosa, sétimo mellor 'rookie' da NBA e o que fose elixido no quinteto ideal da competición para xogadores de primeiro ano [1]. Garbajosa mesmo logrou facerse coa distinción de mellor novato do mes de decembro da Conferencia Leste [2], chegando a xogar o All Star co conxunto dos rookies en Las Vegas 2007.
O 26 de marzo de 2007 sufriu unha espectacular luxación de nocello a poucos minutos de terminar o partido que enfrontaba ós Toronto Raptors cos Boston Celtics. Operóuselle cirurxicamente e o seu tempo de recuperación (seis meses) facía perigar a súa participación no europeo de baloncesto que se celebra en España. Finalmente, a pesar de que o 24 de agosto de 2007 os Toronto Raptors fixesen oficial a súa negativa a permitir que o xogador madrileño disputase o Campionato de Europa de Baloncesto coa selección española, este finalmente farao grazas a un seguro médico que cobre os posibles riscos derivados da lesión en favor do seu actual equipo, os Toronto Raptors.
Khimki BC (Rusia)
[editar | editar a fonte]O 24 de xullo de 2008, firmou un contrato por dúas tempadas co Khimbi BC ruso, converténdose nun dos xogadores mellor pagados de Europa, con 3 millóns de euros netos por tempada.
Clubs
[editar | editar a fonte]- Parque Cataluña
- Mocidade Alcalá
- Taugres (1994/2000)
- Benetton Treviso (2000/2004)
- Unicaja Málaga (2004/2006)
- Toronto Raptors (2006/2008)
- Khimki BC (2008/presente)
Palmarés
[editar | editar a fonte]Con clubs
[editar | editar a fonte]- Campión de España Júnior co Taugrés Vitoria. Tempada 1994-95.
- Campión da Copa de Europa co Taugrés Vitoria. Tempada 1995-96.
- Subcampión de Liga co Tau Cerámica. Tempada 1997-98.
- Campión da Copa do Rei co Tau Cerámica. Tempada 1998-99.
- Campión da Liga de Italia co Benetton Treviso, 2 veces. Tempadas 2001-02 e 2002-03.
- Subcampión da Euroleague co Benetton Treviso. Tempada 2002-03.
- Campión da Coppa de Italia co Benetton Treviso, 2 veces. Tempadas 2002-03 e 2003-04.
- Campión da Copa do Rei co Unicaja Málaga. Tempada 2004-05
- Campión da Liga co Unicaja Málaga. Tempada 2005-06.
Coa selección española
[editar | editar a fonte]- Medalla de Bronce coa Selección española no Campionato de Europa de Turquía-2001.
- Medalla de Prata coa Selección española no Campionato de Europa de Suecia-2003.
- Campión do Mundo coa Selección española de baloncesto absoluta no Campionato do Mundo de 2006 do Xapón.
Nomeamentos
[editar | editar a fonte]- Integrante do quinteto ideal da Euroleague na tempada 2002-2003.
- Nomeado MVP da Copa de Italia da tempada 2003-2004.
- Nomeado MVP nacional das xornadas 14, 16, 23 e 27 da ACB na tempada 2004-2005.
- Nomeado MVP nacional dos meses de xaneiro, febreiro e marzo da ACB na tempada 2004-2005.
- Nomeado MVP da xornada 20 da ACB na tempada 2004-2005.
- Nomeado MVP da xornada 9 da Euroliga na tempada 2004-2005.
- Nomeado MVP da Copa do Rei da tempada 2004-2005.
- Integrante do quinteto ideal da ACB na tempada 2004-2005.
- Nomeado MVP nacional das xornada 8 e 10 da ACB na tempada 2005-2006.
- Nomeado MVP nacional do mes de xaneiro da ACB na tempada 2005-2006.
- Nomeado MVP da xornada 16 da ACB na tempada 2005-2006.
- Nomeado MVP da xornada 17 da Euroliga na tempada 2005-2006.
- Nomeado MVP do mes de decembro da Euroliga na tempada 2005-2006.
- Integrante do segundo quinteto da Euroliga na tempada 2005-2006.
- Integrante do quinteto ideal da ACB na tempada 2005-2006.
- Nomeado MVP da Final da ACB da tempada 2005-2006.
- Integrante do quinteto ideal do Mundobasket do Xapón 2006.
- Nomeado Mellor Novato do mes de decembro na conferencia leste da NBA 2006-2007
- Integrante do mellor quinteto ideal de rookies da NBA 2006-2007
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Estatísticas de Garbajosa na ACB
- Estatísticas de Garbajosa na NBA
- Todo sobre Jorge Garbajosa Arquivado 17 de febreiro de 2007 en Wayback Machine. Estatísticas, premios, logros, galería de fotos e caricaturas de Jorge Garbajosa en UltimateNBA.com
- Nados en 1977
- Nados en Torrejón de Ardoz
- Xogadores da selección de baloncesto de España
- Ala-pivotes de baloncesto
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Xogadores de baloncesto da ACB
- Xogadores do Saski Baskonia
- Xogadores do Pallacanestro Treviso
- Xogadores do CB Málaga
- Xogadores dos Toronto Raptors
- Xogadores do BC Khimki
- Xogadores do Real Madrid Baloncesto
- Medalla de Ouro da Real Orde do Mérito Deportivo
- Medallistas olímpicos de prata por España
- Medallistas olímpicos en baloncesto
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2008
- Xogadores de baloncesto olímpicos de España
- Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2000
- Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2004
- Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2008