Fran Vázquez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Fran Vázquez
Estudiantes vs Unicaja Málaga - Fran Vázquez - 01.jpg
Pivote
Información persoal
Nacemento 1 de maio de 1983 (37 anos)
Galicia Saramagal, Galiza
Altura 2,11 m (6 ft 11 in)
Peso oficial 109 kg (240 lb)
Información da carreira
Canteira Chantada (Breogán)
NBA Draft 2005 / Rolda: 1 / Elección: 11
Por Orlando Magic
Carreira 2001−2020
Historial de equipos
Unicaja Málaga (2001−2005)
Bilbao Basket (2002−2003)
Auna Gran Canaria (2003-−2004)
Akasvayu Girona (2005−2006)
FC Barcelona (2006−2012)
Unicaja Málaga (2012−2016)
Iberostar Tenerife (2016−2018)
Tecnyconta Zaragoza (2018−2020)
Premios e galardóns
Euroliga (2010)
Liga ACB (2009)
Copa do Rei (2005, 2007, 2010)
MVP Copa do Rei (2010)
1× Supercopa ACB (2010)

Francisco Vázquez González, coñecido habitualmente como Fran Vázquez, nado en Saramagal (Veascós, Carballedo, Lugo) o 1 de maio de 1983, é un ex xogador profesional de baloncesto galego.

Xogou en sete equipos da Liga ACB, competición que gañou en tres ocasións co FC Barcelona, co que conquistou ademais tres Copas do Rei, tres Supercopas de España e unha Euroliga. Foi un pivote ou ala-pivote con grande mobilidade, a pesar de medir 2,09 metros. Entre as súas principais virtudes estaban a potencia de salto, o acerto nos lanzamentos desde fóra da zona, os mates e, sobre todo os tapóns. Neste último aspecto posúe varios récords: máximo número de tapóns na historia da Liga ACB, nos playoffs da ACB e na Euroliga, ademais de máximo número de tapóns nun partido da ACB, con 12.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou no Grupo Escolar da Barrela e aos 13 anos foi para Chantada, onde comezou a súa vida deportiva como porteiro do equipo de fútbol das categorías inferiores do Chantada. Ao cabo dun tempo, deixou a práctica do fútbol e decantouse polo baloncesto, dado o seu impoñente físico. Logo de comezar no deporte da canastra nas escolas deportivas do seu concello, no 1999 foi vivir e instruírse á desaparecida residencia de rendemento deportivo Siglo XXI, en Lugo.

Alí foi visto polos observadores do Unicaja, os que tempo despois o levarían para Málaga. Dende equipos filiais do Unicaja, foi cedido durante un ano (temporada 2003-2004) ao Auna Gran Canaria. Neste equipo comezou a despuntar como xogador profesional, o cal propiciou que o seu equipo de orixe o chamase de volta. De novo na escuadra malagueña, conquistou con Unicaja a Copa do Rei de Baloncesto 2005 ante o Joventut de Badalona.

No verán do 2005 acudiu ao Draft da NBA, sendo seleccionado por Orlando Magic na primeira rolda no posto número 11. Esta era, pois, a segunda mellor posición que lograba un xogador peninsular neste evento, superado soamente polo catalán Pau Gasol, elixido no posto número 3 no ano 2002. Mais Vázquez renunciou á liga estadounidense para fichar polo club catalán Akasvayu Girona, sendo, xunto con Raúl López, a incorporación estrela para o curso baloncestístico 2005-2006. Tras unha temporada pouco gloriosa neste equipo, o chantadino pasou a formar parte do cadro de xogadores do Futbol Club Barcelona, onde conseguiu gañar a Copa do Rei en febreiro de 2007 ante o Real Madrid.

O 7 de xaneiro do 2007 pasou a formar parte da historia da ACB, ao conseguir o récord de tapóns nun mesmo partido, nada menos que 12, ademais de conseguir un triplo-dobre nese mesmo partido, é dicir, tivo máis de 10 en tres apartados diferentes: puntos, rexeites e tapóns. Foi internacional coa selección de baloncesto de España, quedando fóra do cadro campión do mundo por mor dunha lesión pouco antes da disputa do campionato, como xa lle sucedera a Jose Calderón, cando non puidera xogar cos "Júniors de Ouro" o europeo de Lisboa'99, cando España quedara campioa.

Foi requirido polos Orlando Magic para xogar con eles na tempada 2008-2009, catro anos máis tarde de ser elixido no Draft da NBA, para formar parella de xogo interior co pivote americano Dwight Howard, o último campión do concurso de mates da NBA, logo de que xa se dera por perdida a súa oportunidade de atravesar o charco para iniciar o soño americano. Con todo decidiu ficar no Barça, conseguindo no 2010 a Euroliga.

En maio de 2020, durante a crise do coronaviurus, anunciou a súa retirada.

Con cerca dos 5000 puntos, 3000 rebotes e 738 tapóns na súa conta, deixou as competicións tras 19 tempadas disputadas en Málaga, Bilbao, Gran Canaria, Girona, Barcelona, Tenerife e finalmente Zaragoza; e tendo o honor de ter sido o máximo taponador tanto da ACB como da Euroliga.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Un titán que acaba su guardia: Fran Vázquez se retira". Solobasket (en castelán). Consultado o 2020-05-05. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]