Campionato do Mundo de Baloncesto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Copa do Mundo de Baloncesto")
Copa do Mundo de Baloncesto da FIBA
Fundación 1950
Rexión Membros da FIBA
Equipos 28
Actual campión Flag of the United States.svg Estados Unidos (4º título)
Máis laureado Flag of SFR Yugoslavia.svg Iugoslavia (5 títulos)
Sitio web www.fiba.com
Actual España 2014

A Copa do Mundo de Baloncesto da FIBA, tamén coñecido como Mundial de Baloncesto da FIBA ou simplemente Mundial de Baloncesto, coñecida entre os anos 1950 e 2010 coma Campionato do Mundo da FIBA, é un torneo internacional de baloncesto organizado pola Fédération Internationale de Basket-ball — FIBA. O torneo tivo lugar cada catro anos dende 1950, agás en dúas ocasións.

Historia[editar | editar a fonte]

Mapa do mundo co número de ocasións nas que un país foi sede dunha Copa do Mundo. Azul escuro: dúas veces; azul claro: unha vez.

A Copa do Mundo de Baloncesto da FIBA foi creada nun Congreso Mundial da FIBA nos Xogos Olímpicos de 1948 en Londres.[1] O secretario xeral da FIBA Renato William Jones instou á FIBA a formar un Campionato do Mundo similar á Copa do Mundo de Fútbol, que tivera lugar cada catro anos entre Olimpíadas. O Congreso da FIBA, vindo o éxito que tivo o torneo olímpico con 23 equipos daquel ano, aceptou a proposta. O torneo comezou en 1950 na Arxentina, e foi precisamente a selección anfitrioa a que se proclamou gañadora.

Os primeiros cinco torneos tiveron lugar en América do Sur, e os equipos americanos dominaron o torneo, gañando oito de nove medallas nos tres primeiros campionatos. Polo ano 1963, equipos do Leste (a Unión Soviética) e o Sueste de Europa (Iugoslavia) comezaron a alcanzar ás seleccións americanas. Entre 1963 e 1990, o torneo foi dominado polas seleccións de Estados Unidos, a Unión Soviética, Iugoslavia e Brasil, quen entre todas conseguiron todas as medallas neses anos.

O Campionato do Mundo da FIBA de 1994 marcou o comezo dunha nova era, xa que participaron por primeira vez xogadores da National Basketball Association (NBA), e a Unión Soviética e Iugoslavia dividíronse en novos estados. Ese ano foi dominado polos Estados Unidos, mentres que Rusia e Croacia, antigos estados da URSS e Iugoslavia anteriormente, gañaron a prata e o bronce respectivamente. O Campionato de 1998 perdeu brillo xa que debido ó lockout da NBA da tempada 1998-99, os xogadores da NBA non puideron participar no torneo. Iugoslavia gañou a medalla de ouro por diante de Rusia, e uns Estados Unidos que xogaron con xogadores afeccionados.

En 2002, outras seleccións alcanzaron ós países que dominaban ata o momento. Iugoslavia, liderada por Peja Stojakovic dos Sacramento Kings e Dejan Bodiroga do FC Barcelona, gañou a final ante Arxentina, mentres que Alemaña, liderada polo xogador máis valorado do torneo, Dirk Nowitzki, conseguiu o bronce. Mentres tanto, a selección estadounidense, chea de xogadores da NBA, fracasou ó conseguir tan só o sexto posto. Esta nova era convenceu á FIBA para expandir o número de equipos a 24 para as edicións de 2006, 2010 e 2014.

En 2006, a emerxente España gañou a Grecia, na que foi a primeira participación nunha final para ambas seleccións. España convertiuse na sétima selección en conseguir a medalla de ouro. Os Estados Unidos conseguiron a medalla de bronce tras derrotar a Arxentina no partido polo terceiro posto. En 2010, os Estados Unidos derrotaron na final a Turquía, conseguindo o seu primeiro ouro en 16 anos, mentres que Lituania conseguiu o bronce ó derrotar a Serbia.

Tras a edición de 2014, a FIBA ampliará o número de equipos de 24 a 32. Ademais, por primeira vez dende 1967, o torneo non se disputará no mesmo ano que a Copa do Mundo de Fútbol. Para facer posible este cambio, a Copa do Mundo de 2014 será seguida pola edición de 2019.

Símbolos[editar | editar a fonte]

Trofeo Naismith[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Copa Naismith.

Dende 1967, o campión de cada torneo é galardoado co Trofeo Naismith, chamado así polo inventor do baloncesto James Naismith. O trofeo estivo planeado dende o primeiro Campionato do Mundo en 1950, pero non se levou a cabo ata 1965. O trofeo orixinal usouse dende 1967 ata 1994, e foi substituído na edición 1998 por un novo trofeo.[2] O trofeo orixinal atópase na Fundación Pedro Ferrándiz, en España.[3]

Formato[editar | editar a fonte]

Dende o ano 2006 participan 24 equipos no torneo, divididos en catro grupos con seis equipos cada un.[4] En caso de empate entre varios equipos, o desempate faise da seguinte forma:

  1. Resultados dos partidos entre os equipos empatados
  2. Diferenza de puntos nos partidos entre os equipos empatados
  3. Diferenza de puntos total dos equipos empatados
  4. Sorteo

Os catro primeiros clasificados de cada grupo (16 equipos en total) acceden á rolda final, unha fase de eliminación rápida. Esta fase comeza cos oitavos de final, seguidos por cuartos de final, semifinais de final. Os perdedores das semifinais disputan o partido pola medalla de bronce, mentres que os gañadores disputan a final para loitar pola medalla de ouro.

Mundiais[editar | editar a fonte]

Ano Sede (Fase/partido final) Final Disputa da medalla de bronce
Vencedor Marcador Subcampión 3º lugar Marcador 4º lugar
1950
Detalles
Flag of Argentina.svg Arxentina (Buenos Aires) Flag of Argentina.svg
Arxentina
64 – 50 Flag of the United States.svg
Estados Unidos
Flag of Chile.svg
Chile
51 – 40 Flag of Brazil.svg
Brasil
1954
Detalles
Flag of Brazil.svg Brasil
(Río de Xaneiro)
Flag of the United States.svg
Estados Unidos
62 – 41 Flag of Brazil.svg
Brasil
Flag of the Philippines.svg
Filipinas
66 – 60 Flag of France.svg
Francia
1959
Detalles
Flag of Chile.svg Chile (Santiago) Flag of Brazil.svg
Brasil
81 – 67 Flag of the United States.svg
Estados Unidos
Flag of Chile.svg
Chile
86 – 85
Prórroga
Flag of the Republic of China.svg
Taiwan
1963
Detalles
Flag of Brazil.svg Brasil
(Río de Xaneiro)
Flag of Brazil.svg
Brasil
90 – 71 Flag of SFR Yugoslavia.svg
Iugoslavia
Flag of the Soviet Union.svg
Unión Soviética
69 – 67 Flag of the United States.svg
Estados Unidos
1967
Detalles
Flag of Uruguay.svg Uruguai (Montevideo) Flag of the Soviet Union.svg
Unión Soviética
71 – 59 Flag of SFR Yugoslavia.svg
Iugoslavia
Flag of Brazil.svg
Brasil
80 – 71 Flag of the United States.svg
Estados Unidos
1970
Detalles
Iugoslavia Iugoslavia (Ljubljana) Flag of SFR Yugoslavia.svg
Iugoslavia
80 – 55 Flag of Brazil.svg
Brasil
Flag of the Soviet Union.svg
Unión Soviética
62 – 58 Flag of Italy.svg
Italia
1974
Detalles
Flag of Puerto Rico.svg Porto Rico (San Xoán) Flag of the Soviet Union.svg
Unión Soviética
82 – 79 Flag of SFR Yugoslavia.svg
Iugoslavia
Flag of the United States.svg
Estados Unidos
83 – 70 Flag of Cuba.svg
Cuba
1978
Detalles
Flag of the Philippines.svg Filipinas (Manila) Flag of SFR Yugoslavia.svg
Iugoslavia
82 – 81
Prórroga
Flag of the Soviet Union.svg
Unión Soviética
Flag of Brazil.svg
Brasil
86 – 85 Flag of Italy.svg
Italia
1982
Detalles
Flag of Colombia.svg Colombia (Cali) Flag of the Soviet Union.svg
Unión Soviética
95 – 94 Flag of the United States.svg
Estados Unidos
Flag of SFR Yugoslavia.svg
Iugoslavia
119 – 117 Flag of Spain.svg
España
1986
Detalles
España España (Madrid) Flag of the United States.svg
Estados Unidos
87 – 85 Flag of the Soviet Union.svg
Unión Soviética
Flag of SFR Yugoslavia.svg
Iugoslavia
117 – 91 Flag of Brazil.svg
Brasil
1990
Detalles
Flag of Argentina.svg Arxentina (Buenos Aires) Flag of SFR Yugoslavia.svg
Iugoslavia
92 – 75 Flag of the Soviet Union.svg
Unión Soviética
Flag of the United States.svg
Estados Unidos
107 – 105
Prórroga
Flag of Puerto Rico.svg
Porto Rico
1994
Detalles
Flag of Canada.svg Canadá (Toronto) Flag of the United States.svg
Estados Unidos
137 – 91 Flag of Russia.svg
Rusia
Flag of Croatia.svg
Croacia
78 – 60 Flag of Greece.svg
Grecia
1998
Detalles
Grecia Grecia (Atenas) Flag of FR Yugoslavia.svg
Serbia
64 – 62 Flag of Russia.svg
Rusia
Flag of the United States.svg
Estados Unidos
84 – 61 Flag of Greece.png
Grecia
2002
Detalles
Estados Unidos de América Estados Unidos (Indianapolis) Flag of FR Yugoslavia.svg
Serbia
84 – 77
Prórroga
Flag of Argentina.svg
Arxentina
Flag of Germany.svg
Alemaña
117 – 94 Flag of New Zealand.svg
Nova Zelandia
2006
Detalles
Flag of Japan.svg Xapón (Saitama) Flag of Spain.svg
España
70 – 47 Flag of Greece.svg
Grecia
Flag of the United States.svg
Estados Unidos
96 – 81 Flag of Argentina.svg
Arxentina
2010
Detalles
Turquía Turquía (Istambul) Flag of the United States.svg
Estados Unidos
81 – 64 Flag of Turkey.svg
Turquía
Flag of Lithuania.svg
Lituania
99 – 88 Flag of Serbia.svg
Serbia
2014
Detalles
España España (Madrid)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "FIBA World Championship History (pdf)" (PDF). FIBA. 1 de xaneiro de 2007. Consultado o 7 de setembro de 2010. 
  2. "Naismith Trophy Unites Five Continents". FIBA.com. Consultado o 7 de setembro de 2010. 
  3. "Ancient Egypt in basketball". egyptology.blogspot.com. 17 de xaneiro de 2006. Consultado o 8 de setembro de 2010. 
  4. "System of Competition". FIBA.com. FIBA. Consultado o 2010-09-07. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]