Víctor Claver

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Víctor Claver
VictorClaver.JPG
BC Khimki – No. 10
Ala / Ala-pivote
Información persoal
Nacemento 30 de agosto de 1988 (27 anos)
Flag of the Valencian Community (2x3).svg Valencia
Nacionalidade España España
Altura 2,06 m (6 ft 9 in)
Peso oficial 102 kg (224 lb)
Información da carreira
NBA Draft 2009 / Rolda: 1 / Elección: 22

Por Portland Trail Blazers

Carreira dende 2006
Historial de equipos
Valencia BC (2006-2012)
Portland Trail Blazers (2012-2015)
Idaho Stampede (2012)
Khimki (2015-presente)

Víctor Claver Arocas, nado en Valencia o 30 de agosto de 1988, é un xogador español de baloncesto profesional que xoga no BC Khimki da VTB United League.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Europa[editar | editar a fonte]

Claver comezou a súa carreira nas categorías inferiores do Maristas e do Valencia BC. Fixo o seu debut coma profesional no Valencia na tempada 2006-07. Gañou a Eurocup na tempada 2009-10. Ó ano seguinte fixo o seu debut na Euroliga, acadando 10.9 puntos, 4.9 rebotes en 14 partidos.

NBA[editar | editar a fonte]

Claver foi elixido na 22ª posición do Draft da NBA de 2009 polos Portland Trail Blazers. O 12 de xullo de 2012, asinou un contrato por tres anos cos Trail Blazers.[1]

O 19 de febreiro de 2015, Claver foi traspasado xunto a Will Barton, Thomas Robinson e unha elección protexida da primeira rolda do Draft de 2016 ós Denver Nuggets, a cambio de Arron Afflalo e Alonzo Gee.[2] Tres días máis tarde, foi cortado polos Nuggets sen chegar a debutar.[3]

Regreso a Europa[editar | editar a fonte]

O 1 de marzo de 2015, Claver fichou polo BC Khimki ruso para o resto da tempada.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. «Trail Blazers Sign Spanish International Victor Claver». iamatrailblazersfan.com. 2012-07-12. Consultado o 2012-07-15. 
  2. Nuggets Acquire Barton, Claver, Robinson and Protected First Round Pick From Portland
  3. «Nuggets Waive Claver and Robinson». NBA.com. 22 de febreiro de 2015. Consultado o 22 de febreiro de 2015. 
  4. «BC Khimki signed with Victor Claver». bckhimki.ru. 1 de marzo de 2015. Consultado o 1 de marzo de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]