Moncho López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMoncho López
Biografía
Nacemento10 de xullo de 1969 Editar o valor em Wikidata (54 anos)
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónadestrador de baloncesto , baloncestista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor em Wikidata

Ramón López Suárez, coñecido popularmente como Moncho López, nado en Narón o 10 de xullo de 1969, é un adestrador profesional de baloncesto galego. Dende 2009 adestra o FC Porto.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Despois de comezar con 17 anos á fronte do equipo do Colexio Santiago Apóstolo pasou ao Clesa Ferrol e ao Siglo XXI de Lugo. Con menos de 30 anos adestrou o CB Gijón, logrando ascender á ACB na tempada 1998/99, de onde pasou a traballar para a Federación Española. Como adestrador da selección B española, conseguiu a medalla de ouro nos Xogos Mediterráneos de 2001. De aí pasou a ser axudante de Javier Imbroda no banco da selección de baloncesto de España, e cando este deixou o cargo para dirixir o Real Madrid logo do Mundobasket 2002, substituíuno á fronte do equipo (outubro de 2002). Así conseguiu a medalla de prata no Campionato Europeo de Baloncesto de 2003, logo de perder na final fronte a Lituania.[1]

En maio de 2004, tres meses antes dos Xogos Olímpicos de Atenas dimitiu do posto para dirixir o equipo do Leite Río Breogán de Lugo na ACB,[2] onde permaneceu ata 2006. En marzo de 2007 foi contratado como adestrador do equipo andaluz do Caja San Fernando ata o remate desa tempada. Ao ano seguinte, en febreiro de 2008, foi fichado como novo adestrador da selección portuguesa de baloncesto.[3]

En 2009 converteuse tamén no adestrador do FC Porto, traballo que compaxinou co da selección ata setembro de 2010, cando a Federación Portuguesa, molesta con esta situación, rescindiu o seu contrato como seleccionador.[4] Co FC Porto gañou a Copa e a Copa da Liga na tempada 2009/10 e a liga e o Trofeo António Pratas na 2010/11. Tras a seguinte campaña, na que o Porto gañou a Supercopa, a Copa e a Copa da Liga, e perdeu a final da liga contra o Benfica, o club decidiu disolver o equipo de baloncesto por controversias coa Federación.[5] Moncho quedou ao cargo das categorías inferiores e do Dragon Force, un novo equipo con xogadores xuvenís co que ascendeu no seu primeiro ano á Proliga (segunda división). Na súa primeira tempada na Proliga (2013/14) o Dragon Force acabou campión tras derrotar na final ao Illiabum e gañou unha praza na máxima categoría,[6] pero o club decidiu continuar un ano máis no segundo nivel. Repetiu título ao ano seguinte gañando todos os seus partidos e vencendo na final dos playoffs ao Eléctrico FC. En 2015 Moncho adestrou tamén a selección angolana, coa que gañou a medalla de prata no Afrobasket de 2015. [5][7]

Co Dragon Force xa na primeira división, e renomeado de novo a FC Porto, conseguiu meter o equipo na final dos playoffs, onde derrotou ao Benfica e gañou o 12º título de liga para o club portuense.[8] Gañou tamén a Copa da Liga dese ano e na tempada 2018/19 unha nova Copa e unha Supercopa.

Equipos[editar | editar a fonte]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Clubs[editar | editar a fonte]

FC Porto[editar | editar a fonte]

Dragon Force[editar | editar a fonte]

Seleccións nacionais[editar | editar a fonte]

España[editar | editar a fonte]

Angola[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Fernández, J.M. (16 de xaneiro de 2017). "Moncho López: «Moriré con las botas puestas»" (en castelán). Consultado o 9 de novembro de 2020. 
  2. "Moncho López planta por sorpresa a la selección". El Mundo (en castelán). 12 de maio de 2004. Consultado o 9 de novembro de 2020. 
  3. "Moncho López, entrenador de la Selección de Portugal" (en castelán). 12 de febreiro de 2008. Consultado o 9 de novembro de 2020. 
  4. "Moncho López deja de entrenar a la selección portuguesa". Marca (en castelán). 17 de setembro de 2010. Consultado o 8 de novembro de 2020. 
  5. 5,0 5,1 "Moncho López dibuja 11 años en el Oporto a través de 11 momentos". La Voz de Galicia (en castelán). 25 de marzo de 2019. Consultado o 9 de novembro de 2020. 
  6. "O técnico galego Moncho López rubrica o ascenso de Dragon Force á LPB". 1 de abril de 2014. Arquivado dende o orixinal o 09 de novembro de 2020. Consultado o 9 de novembro de 2020. 
  7. "Un galego, seleccionador angolano". Galicia Confidencial. 11 de febreiro de 2015. Consultado o 9 de novembro de 2020. 
  8. "El Porto de Moncho López campeón en Portugal" (en castelán). Consultado o 9 de novembro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]