Ligas de fútbol de España
A liga española de fútbol é a principal competición entre equipos de fútbol de España.[1] Celébrase anualmente desde 1929, e a tempada desenvólvese entre os meses de setembro (ou finais de agosto) e xuño (ou finais de maio). O torneo consta de ligas (divisións) interconectadas entre si, cuxa máxima categoría é a Primeira División. Ao termo de cada tempada e en función dos resultados obtidos, os equipos participantes poden ascender ou descender de división.
Sistema de ligas[editar | editar a fonte]
Ligas masculinas[editar | editar a fonte]
Categoría | Ligas ou divisións |
---|---|
1 | Primeira División
|
2 | Segunda División
|
3 | Primeira División RFEF
|
3 | Segunda División RFEF
|
4 | Tercera División RFEF
|
5 | Divisións rexionais |
Ligas femininas[editar | editar a fonte]
Categoría | Ligas ou divisións |
---|---|
1 | Primeira División
|
2 | Segunda División
|
3 | Primeira Nacional
|
4 | Divisións rexionais |
Evolución temporal[editar | editar a fonte]
Sistema de ligas femeninas[editar | editar a fonte]
1.ª categoría | 2.ª categoría | 3.ª categoría | 4.ª categoría | |
---|---|---|---|---|
1988-96 | Liga Nacional Feminina | — | — | — |
1996-01 | División de Honra Feminina | — | — | — |
2001-11 | Superliga Feminina | Primeira Nacional de Fútbol Feminino | — | — |
2011-19 | Primeira División Feminina | Segunda División Feminina | Categorías rexionais | — |
2019-Act. | Primeira División Feminina | Segunda División Feminina | Primeira Nacional | Categorías rexionais |
Sistema de competición[editar | editar a fonte]
Equipos participantes[editar | editar a fonte]
Para poder participar na liga española os clubs deben estar federados. No caso das categorías profesionais (Primeira e Segunda División), os clubs tamén deben cumprir os requisitos esixidos pola liga de Fútbol Profesional (LFP).
A diferenza doutros países, os equipos filiais poden participar na liga, aínda que nunca nunha división igual ou superior á do equipo ao que pertencen.
Desenvolvemento da competición[editar | editar a fonte]
Aínda que o número de equipos que integran cada división varía, todas as categorías seguen un mesmo sistema de competición. O torneo desenvólvese entre os meses de setembro (ou finais de agosto) e xuño (ou finais de maio) do seguinte ano. Cada club enfróntase dúas ocasións aos demais equipos do seu mesma división (unha vez en campo propio e outra no do contrario), seguindo un calendario establecido por sorteo a principio de tempada. Xeralmente dispútase unha xornada cada semana (coincidindo co fin de semana). Os encontros finalizan ao noventa minutos, sen prórrogas nin quenda de penaltis en caso de terminar en empate.
Regulamentación e xustiza deportiva[editar | editar a fonte]
A xustiza deportiva da competición está xestionada polo Comité de Competición da liga, organismo encargado de impor sancións e dirimir os conflitos entre clubs. Os árbitros (todos españois) dos partidos son designados, a través dun comité de designación formado por tres membros: Antonio Jesús López Nieto (exárbitro malagueño internacional), Evaristo Puentes Leira (exárbitro galego de Primeira División) e Victoriano Sánchez Arminio (presidente do Comité Técnico de Árbitros). Un árbitro non pode dirixir un partido no que participe un equipo da mesma comunidade rexional na que estea colexiado.
Referencias[editar | editar a fonte]
- ↑ El Futbol Club Andorra participa en la Segunda Catalana.