Saltar ao contido

ETB 1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 ETB 1
Logotipo
 Instancia de
 Lingua
Implicados
 Propietario/a
Datas
 Fundación / creación
31 de decembro de 1982 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
 País
Identificadores
Freebase/m/047n3cb Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Webcast
Wikidata

ETB 1 é a primeira canle de Euskal Telebista, a televisión pública do País Vasco. Esta canle emite integramente en éuscaro e a súa programación é de carácter xeneralista.

Saíu ao aire o 31 de decembro de 1982, en modo de probas, e normalizáronse as emisións o 16 de febreiro de 1983 e foi a primeira canle que emitiu ETB ao amparo das competencias que emanaban do Estatuto de Autonomía coñecido como Estatuto de Gernika, co apelativo de cuarta canle para diferenciarse das terceiras canles que posteriormente se crearían para as autonomías.

Esta canle, como embrión da televisión do Grupo, naceu para contribuír á normalización do éuscaro, tal como recolle a lei de creación do Ente EITB.

A súa área de recepción é toda a comunidade autónoma do País Vasco pero tamén se pode ver en toda Navarra, País Vasco francés e provincias limítrofes.

Programación

[editar | editar a fonte]

A súa oferta televisiva conta con programas, magazines, entrevistas, teleseries, cinema en éuscaro, documentais, retransmisións deportivas, programas infantís e xuvenís etc. Facendo gran fincapé no deporte e a programación infantil e xuvenil.

A serie Goenkale, emitida entre 1994 e 2015, foi un dos seus grandes éxitos de audiencia, ademais de ser a serie máis lonxeva de Euskadi e tamén de España. Wazemank 3.0, programa humorístico, tamén se converteu nun dos programas con máis audiencia en ETB 1.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]