Lorca Fútbol Club
Lorca FC | |||
---|---|---|---|
Nome | Lorca Fútbol Club | ||
Fundación | 2003 (21 anos) | ||
Estadio | Estadio Francisco Artés Carrasco, Lorca, España | ||
Inauguración | 2003 | ||
Capacidade | 8.120 | ||
Presidente | Luis Jiménez Moya | ||
Adestrador | David Vidal | ||
Liga | Segunda División | ||
2016–17 | 1º (2ªB – Grupo 4) | ||
Na rede | |||
http://www.lorcafc.com/ | |||
| |||
O Lorca Fútbol Club é un club de fútbol español da cidade de Lorca (Rexión de Murcia). Fundado en 2003, actualmente xoga na Liga 1|2|3, logo de ascender por primeira vez na historia na tempada 2016-17.
Historia
[editar | editar a fonte]O club fundouse no verán de 2003 na pedanía de La Hoya (Lorca), da man de Pedro Rosell co nome de La Hoya Deportiva. Comezou a súa traxectoria na Primeira Territorial, onde xogou catro tempadas ata que en 2007 acaba en terceira posición e consegue o ascenso a Territorial Preferente. Despois de tres anos nesta categoría, na tempada 2009-10 proclámase campión e ascende a Terceira División.
En 2010 cambia o seu nome polo de La Hoya Lorca Club de Fútbol e xa supera tanto en número de abonados como en asistencia ao estadio ao primeiro equipo da cidade, o Lorca Atlético, que xoga en Segunda División B. Na tempada do seu debut na categoría, o equipo acaba sétimo. Na seguinte, por mor de obras de reforma no campo de Los Tollos, o equipo trasládase de xeito temporal ao Estadio Francisco Artés Carrasco. Naquela tempada o equipo acaba en cuarta posición e xoga a promoción de ascenso a Segunda B, onde supera na primeira eliminatoria ao Díter Zafra pero cae na segunda contra o Catarroja CF. A terceira tempada en Terceira comeza co traslado definitivo ao Estadio Francisco Artés Carrasco, pola probable desaparición do Lorca Atlético. Aquela tempada o equipo proclámase campión do seu grupo e consegue o ascenso de categoría logo de superar ao Penya Esportiva.
Na tempada 2013-14, no seu debut en Segunda B, o equipo acaba en segunda posición e xoga o play-off de ascenso a Segunda División. Na primeira eliminatoria superou ao Las Palmas Atlético pero caeu na segunda contra o CE L'Hospitalet. A seguinte tempada é máis complicada para o equipo, que certifica a salvación na penúltima xornada e acaba no posto 13. Na tempada 2015-16, o empresario chinés e exfutbolista Xu Genbao compra o equipo co obxectivo de ascender á división de prata do fútbol español. Naquela tempada o Lorca FC acaba na sexta posición.
Na tempada 2016-17, Xu Gembao adquire o 100% das accións do club e transfórmase en sociedade anónima deportiva co nome de Lorca Fútbol Club S.A.D.. Malia o mal comezo de tempada, o equipo proclámase campión do grupo 4 na penúltima xornada. O seu rival na eliminatoria de ascenso de campións foi o Albacete Balompié. O resultado no partido de ida no estadio Carlos Belmonte foi de empate a 1, mentres que na volta serviulle o empate a 0 para subir por primeira vez na súa historia á Segunda División.
Uniforme
[editar | editar a fonte]- Uniforme titular: Camiseta azul, pantalón azul, medias azuis.
- Uniforme alternativo: Camiseta branco, pantalón branco, medias brancas.
Datos do club
[editar | editar a fonte]Historial na liga
[editar | editar a fonte]Tempada | Categoría | Posto |
---|---|---|
2003/04 | 1ª Territorial | 13º |
2004/05 | 1ª Territorial | 4º |
2005/06 | 1ª Territorial | 6º |
2006/07 | 1ª Territorial | 3º |
2007/08 | Terr. Preferente | 10º |
2008/09 | Terr. Preferente | 15º |
2009/10 | Terr. Preferente | 1º |
2010/11 | 3ª | 7º |
2011/12 | 3ª | 4º |
2012/13 | 3ª | 1º |
2013/14 | 2ªB | 2º |
2014/15 | 2ªB | 13º |
2015/16 | 2ªB | 6º |
2016/17 | 2ªB | 1º |
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Terceira División Española (1): 2012-13
- Territorial Preferente (1): 2009-10
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web oficialArquivado 18 de maio de 2017 en Wayback Machine.