Sevilla Atlético

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sevilla Atlético
Nome Sevilla Atlético Club
Alcume(s) Sevilla B,
Franjirrojos
Fundación 1958
Estadio Cidade Deportiva,
Sevilla, España
Inauguración 1919
Capacidade 2.500
Presidente España José María del Nido
Adestrador España Ramón Tejada
Liga 2ªB – Grupo 4
2011–12 10º
Páxina web Páxina web oficial
Na casa
Fóra

O Sevilla Atlético Club é o equipo filial do Sevilla Fútbol Club. Foi fundado en 1958 e actualmente xoga na Segunda División B Española. No ano 2006 retomou a denominación orixinal de Sevilla Atlético, tras varios anos coa denominación de Sevilla Fútbol Club "B".

O obxectivo do Sevilla Atlético non é a consecución de logros deportivos, senón a de formar xogadores xoves que logo poidan xogar no primeiro equipo.

Escudo[editar | editar a fonte]

O Sevilla Atlético retomou na tempada 2006–07 o escudo que posuía nas súas orixes, sendo o contorno igual ao do primeiro equipo, con forma de corazón, pero percorrido por un dos monumentos máis emblemáticos da cidade de Sevilla, a Giralda. De esquerda a dereita percórreo unha franxa vermella. Un balón de fútbol antigo e as siglas SAC, de Sevilla Atlético Club, entrelazadas completan o escudo.

Uniforme[editar | editar a fonte]

  • Uniforme titular: Camiseta branca cunha banda vermella cruzando de dereita a esquerda a camiseta, pantalón negro, medias negras.
  • Uniforme alternativo: Camiseta vermella cunha banda branca cruzando de dereita a esquerda a camiseta, pantalón vermello, medias vermellas.
  • Terceiro uniforme: Camiseta negra, pantalón negro, medias brancas.

Dáse a circunstancia de que o Sevilla Atlético é o único equipo filial dun club español que posúe un uniforme distinto ao do primeiro equipo.

Estadio[editar | editar a fonte]

O Sevilla Atlético disputa habitualmente os seus partidos oficiais na Cidade Deportiva José Ramón Cisneros Palacios, con capacidade para 2.500 espectadores. Porén, en varias ocasións, o Sevilla Atlético tamén disputou os seus partidos no estadio Sánchez Pizjuán con capacidade para 45.500 espectadores.

Con motivo do ascenso de categoría a Segunda División no ano 2007, e debido á normativa vixente que regula aos equipos que militan en categoría profesional, o club puxo en marcha un proceso de remodelación da Cidade Deportiva, o que suporá aumentar o aforamento a 7.000 espectadores, así como melloras nos accesos e outras instalacións.[1]

Datos do club[editar | editar a fonte]

Xogadores 2009/10[editar | editar a fonte]

Posto País Xogador
1 POR España Ruyales
2 DEF España Morales
3 DEF España Redondo
4 DEF España Cala
5 DEF Flag of Colombia.svg Bernardo
6 MED España Barranco
7 DEF España Víctor Díaz
8 MED España Hugo
9 DEL España Carreño
10 MED España José Carlos
11 MED España Ríos
12 MED Escocia Ikechi
13 POR España Juan Martín
14 MED España Adri
Posto País Xogador
15 MED España Campaña
16 DEL Finlandia Pukki
17 MED España Javi Martínez
18 DEL España Rodry
19 MED España Salva
20 DEF España Valiente
21 DEF España Chuchi
22 MED Flag of Argentina.svg Sachetti
23 DEF España Luna
24 DEF España Moisés
25 POR España Dani Jiménez
26 DEL España Nene
27 DEF España Paco
28 DEL España Ñoño

Palmarés[editar | editar a fonte]

Torneos nacionais[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]