TPA7

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
TPA7
Inicio das emisións 20 de decembro de 2005
Propiedade de RTPA
Formato da imaxe 16:9
Datos de audiencia 7,3% (maio de 2012, VerTele)
País España España
Lingua Asturiano e castelán
Área de emisión Principado de Asturias Asturias
Nome(s) anterior(es) TPA
Canle/s irmá(s) TPA8
TPA9 HD
Páxina web http://www.rtpa.es

TPA7 ou Televisión del Principado de Asturias é a principal canle de televisión autonómica de Asturias, xestionada polo ente público Radiotelevisión del Principado de Asturias. Ten a súa sede e estudos na Universidade Laboral de Xixón. Comezou as súas emisións o 20 de decembro de 2005.

Historia[editar | editar a fonte]

A TPA realizou a súa primeira emisión en probas o 20 de decembro de 2005 ás 21 horas. O sábado 7 de xaneiro de 2006 comezou as súas retransmisións deportivas co partido de fútbol entre o Real Sporting de Xixón e o Racing de Ferrol, aínda que co sinal cedido pola TVG. Ao día seguinte, desde o estadio Municipal de Miramar, produciuse a primeira emisión con produción propia, neste caso do partido que enfrontou ao Marino de Luanco e a Cultural de Durango. Durante os primeiros meses, todos os fins de semana retransmitíanse partidos do Real Sporting de Xixón, Marino de Luanco e Real Oviedo, normalmente os partidos nos que os equipos asturianos actuaban como locais.

Catro son os programas que actualmente emite en asturiano: Camín de cantares, Pieces, Nos e Al Aldu.

O 8 de setembro de 2006, coincidindo coa celebración do Día de Asturias, iniciou as súas emisións matinais coa retransmisión da 'misa da Santina' desde o Santuario de Covadonga.

Desde 2009 emite os partidos da liga española de fútbol e a liga de campións e a partir de 2010 emite a tempada de Fórmula 1.

A partir do día 27 de marzo de 2010 comezan as emisións de TPA 9 HD co partido de liga Real Zaragoza-Valencia CF e a partir deste momento retransmítense en calidade HD a Fórmula 1, os partidos da UEFA Champions League, e da LFP.

O día 10 de xuño de 2011, ás 22:00 h, TPA 9 HD xunto con outras canles HD autonómicas e Canal+ 3D, emiten en 3D o espectáculo "Concierto de Violadores del Verso", sendo a primeira vez que se emite con esta tecnoloxía por TDT.[1]

O día 12 de setembro de 2011, TPA iniciou as súas emisións en formato panorámico, e incorporáronse dúas novas canles de audio, unha en versión orixinal e outra con audiodescrición.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]