Saltar ao contido

Volkswagen Polo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Volkswagen Polo
 Instancia de
 Subclase de
Produción
 Marca
 Fabricante
Datas
 Data de comezo
1975 Editar o valor en Wikidata
Identificadores
Freebase/m/020sg1 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Redes
BNE: XX4576790
Wikidata C:Commons

O Volkswagen Polo, coñecido tamén por Polo, é un automóbil de turismo do segmento B producido polo fabricante alemán de automóbiles Volkswagen.

É un cinco prazas con motor dianteiro transversal e tracción dianteira, que ten como principais rivais no mercado o Fiat Punto, o Ford Fiesta, o Renault Clio e o SEAT Ibiza.

O Polo leva xa cinco xeracións, lanzadas nos anos 1975, 1981, 1994, 2001 e 2009, respectivamente; as catro primeiras foron reestilizadas en 1979, 1990, 1999 e 2005.

O Polo existiu con carrocerías hatchback de tres e cinco portas, sedán de dúas e catro portas e familiar de cinco portas.

Actualmente este modelo fabrícase nas plantas de Pamplona (España), Shanghai (China), Uitenhage (Suráfrica), Pune (India) e Kaluga (Rusia).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.