Audiovisual galego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Denomínase audiovisual galego a industria do audiovisual con base en Galiza, xa a nivel de produción ou elaboración de contidos. O organismo que se ocupa da coordinación e organización é o Consorcio AudioVisual Galego, dependente da Xunta de Galicia[1].

Historia[editar | editar a fonte]

Os comezos[editar | editar a fonte]

A primeira gravación da historia da filmografía galega foi o Entierro del General Sánchez Bregua, rodada na Coruña o 20 de xuño de 1897 (a segunda película española máis antiga tan só despois de Salida de misa de doce del Pilar de Zaragoza), rodada por José Sellier. Dende aquela o seu percorrido é o da historia do resto da cultura galega, resumible en dúas opcións: exilio ou silencio. Facendo certo o refrán que fai que os profetas non o sexan na súa terra, o éxito dos profesionais galegos deuse no estranxeiro, principalmente na Arxentina, México, Francia e Cuba. Nomes como Maruja Mallo, Carolina Otero ou Ignacio Quirós apareceron nas páxinas da revista Galicia Emigrante, como mostra do que os galegos e fillos de galegos facían nas pantallas e teatros de fóra de Galicia. Desta época é tamén a relación do cine coa compañía relixiosa fundada polo patrón da cinematografía: os salesianos, creados por San Xoán Bosco teñen un labor iniciático na divulgación, promoción, fomento, defensa e mesmo formación e protección do cine de base aló onde se asentaron, moi a pesar da represión franquista, en Vigo, Ourense ou A Coruña.

En 1916 filmouse Miss Ledyia, o primeiro filme galego de ficción.

A industria propia[editar | editar a fonte]

Dende o primeiro filme comercial, Sempre Xonxa de Chano Piñeiro (pero sen esquecer que xa Antonio Román fixera un documental titulado O carro e o home, con guión de Xaquín Lorenzo), o audiovisual galego oscilou moito na súa produción. A subvención da administración non sempre acadou os froitos agardados e o desenvolvemento foi moi irregular. Inda así, coa creación da Compañía de radio e televisión de Galicia, desenvolvéronse múltiples facetas en infinidade de ámbitos (dende a normalización lingüística ata a obriga de dobraxe ou subtitulado) que provocaron un resultado xeral positivo.

Outro punto de mellora foi o aproveitamento de novas institucións. Creáronse centros de ensino ó nivel da Formación Profesional de grao superior, como a Escola de Imaxe e Son de Vigo no centro Marcote e a Escola de Imaxe e Son da Coruña, e departamentos oficiais, como o Centro Galego de Artes da Imaxe.

Os últimos pasos máis destacables son a aposta pola produción propia: co fito na dirección do polifacético Antón Reixa, Mareas vivas, producida por Voz Audiovisual, xurdiron unha nova xeración de series que salpican a grella da programación da TVG, como Pratos combinados, As leis de Celavella ou Libro de familia. Mesmo no mundo da animación dixital, o incremento da produción galega levou implicada a creación dunha empresa conveniada con Caixanova que realizou dúas producións moi vendidas no estranxeiro, O bosque animado e O soño dunha noite de San Xoán (Dygra Films). En Santiago, na filial de Filmax, Bren Entertainment estase a producir cine de animación de gran calidade, coa multimillonaria película Donkey Xote, e conta coa coprodución de títulos coma O Cid, a lenda, Pinocho 3000, Gisaku e Perez.

Principais obras[editar | editar a fonte]

As principais obras do audiovisual galego, tanto longametraxes coma curtametraxes e debuxos animados, son as seguintes:

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]