Tres (filme)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Tres
Ficha técnica
Título orixinalTres
DirectorJuanjo Giménez
ProdutorJuanjo Giménez
Philippe Gompel
Guión
  • Juanjo Giménez
  • Pere Altimira
Intérpretes
MúsicaDomas Strupinskas
FotografíaJavi Arrontes
MontaxeCristóbal Fernández
Estudio
  • Frida Films
  • Nadir Films
  • M-Films
  • Manny Films
DistribuidoraFilmax
EstreaVenice: 4 de setembro de 2021
Duración104 minutos
OrixeEspaña España
Lituania Lituania
Flag of France.svg Francia
XéneroThriller e fantasía
Na rede
IMDB: tt13276160 Filmaffinity: 440478 Rottentomatoes: m/out_of_sync_2021 Editar o valor em Wikidata

Tres é un filme de 2021 dirixido por Juanjo Giménez e protagonizado por Marta Nieto e Miki Esparbé. É unha coprodución entre España, Lituania e Francia. Recibiu 6 nomeamentos na 20ª edición dos Premios Mestre Mateo,[1] sendo o gañador de tres premios, mellor filme, mellor actriz para Marta Nieto e mellor son.

Sinopse[editar | editar a fonte]

O cerebro de C., unha deseñadora de son, está empezando a procesar o son de forma desincronizada respecto da realidade. Así mesmo, tamén adquire a habilidade de ouvir o que sucedeu nun sitio no que ela non estivo previamente.[2]

Personaxes[editar | editar a fonte]

Equipo do filme nos Premios Gaudí (2022): de esquerda a dereita Juanjo Giménez, Marta Nieto, Miki Esparbé e Pere Altimira.

Produción[editar | editar a fonte]

Tres é unha coprodución internacional conxunta entre España, Lituania e Francia, producida por Frida Films, Nadir Films, M-Films e Manny Films.[3][5] Recibiu axuda do ICAA, do ICEC, do AGADIC, e tivo participación de TVG, TV3 e Canal+, que tamén recibiu financiamento do MEDIA e Eurimages.[6] Foi dirixido por Juanjo Giménez, que tamén escribiu o guión xunto con Pere Altimira.[7]

Estrea[editar | editar a fonte]

O filme tivo a súa estrea internacional na 18ª edición de Giornate degli Autori, e tamén foi proxectado no Festival Internacional de Cinema de Toronto e no Festival de Cinema de Sitges.[5][8][9] Foi distribuído por Filmax,[8] e estreouse nos cinemas de España o 5 de novembro de 2021.[6]

Galardóns e nomeamentos[editar | editar a fonte]

Ano Cerimonia Categoría Galardoado Resultado
2021 Premios Cinematográficos José María Forqué Mellor actriz Marta Nieto Nomeada
2022 20ª edición dos Premios Mestre Mateo Mellor filme Juanjo Giménez Gañador
Mellor actriz Marta Nieto Gañadora
Mellor guión Juanjo Giménez e Pere Altamira Nomeado
Mellor dirección de produción Miriam Devesa Nomeada
Mellor dirección artística Antonio Pereira Nomeado
Mellor son D. Fontrodona, O. Tarragó, M. Bech e M. Orts Gañadores

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "O filme Cuñados parte como favorito da 20ª edición dos Premios Mestre Mateo". Nós Diario. 10 de febreiro de 2022. Consultado o 19 de marzo de 2022. 
  2. Simón, Xesco (12 de outubro de 2021). "Sitges 2021: 'Tres', una desincronizada experiencia fantástica". Las Furias Magazine (en castelán). Consultado o 23 de outubro de 2021. 
  3. 3,0 3,1 Lang, Jamie (7 de setembro de 2021). "Spanish Director Juanjo Gimenez on ‘Out of Sync’". Variety. Consultado o 23 de outubro de 2021. 
  4. Román Martín, Sandra (22 de outubro de 2021). "'Tres', cuando a la vida se le desincroniza el sonido". RTVE (en castelán). Consultado o 23 de outubro de 2021. 
  5. 5,0 5,1 Rivera, Alfonso (8 de setembro de 2021). "Crítica: Tres". Cineuropa (en castelán). Consultado o 23 de outubro de 2021. 
  6. 6,0 6,1 "‘Tres’, de Juanjo Giménez, tendrá su estreno mundial en la 18ª edición de Giornate degli Autori de Venecia". Audiovisual451 (en castelán). 29 de xullo de 2021. Consultado o 23 de outubro de 2021. 
  7. Mayor Ortega, Leonor (13 de outubro de 2021). "'Tres', cuando la vida se desincroniza". La Vanguardia (en castelán). Consultado o 23 de outubro de 2021. 
  8. 8,0 8,1 García, Alejandra (13 de outubro de 2021). "Tráiler de ‘Tres’, la nueva película de Juanjo Giménez". Audiovisual451 (en castelán). Consultado o 23 de outubro de 2021. 
  9. Martínez, Beatriz (13 de outubro de 2021). "‘Tres’, o cuando la desincronía sonora se apodera de ti". El Periódico de Aragón (en castelán). Consultado o 23 de outubro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]