O Apóstolo
| O Apóstolo | |||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| Wikidata | |||||||||||||
O Apóstolo é un filme galego de 2012 dirixido por Fernando Cortizo. É o primeiro filme de animación stop motion en tres dimensións realizado en Europa. O filme foi estreado en 80 salas de toda España. A produción levou catro anos de traballo.[1] O 25 de outubro de 2022, coincidindo co seu 10º aniversario, o propio director publicou a película en Youtube, cunha mensaxe pedindo doazóns e culpando á distribuidora de falta de pagamentos e incumprimento do contrato.[2]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Un preso foxe do cárcere para tentar atopar un tesouro agochado vai anos nunha aldea do Camiño de Santiago, pero o que atopa suporalle unha condena maior da que fuxiu. Vellos misteriosos, estrañas desaparicións, trasnos, un cura estraño e o arcipreste de Santiago xúntanse no camiño. Un filme de misterio, humor, animación e invención.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Carlos Blanco como Ramón
- Xosé Manuel Olveira "Pico" como Cesáreo
- Paul Naschy como Arcipreste
- Jorge Sanz como Pablo
- Celso Bugallo como Celso
- Manuel Manquiña como Salustiano
- Luís Tosar como Xavier
- Geraldine Chaplin como Dorinda
- Víctor Mosqueira como Mozo do Hostal
- Atilano Franco como Primitivo
- Jacobo Rey como Doutor
- Pedro Alonso como Pedro
- Isabel Blanco como Isabel
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]
- Primeiro premio no XI Festival de Cine Español de Marsella (2012)
- Premio á Mellor Película de Animación no XXII Festival Internacional de cine de animación ANIMAMUNDI (Brasil) (2014)
| Ano | Categoría | Receptor | Resultado |
|---|---|---|---|
| 11ª edición | Mellor filme | Rosalía Mera e Artefacto Producciones | Gañador |
| Mellor director | Fernando Cortizo | Gañador | |
| Mellor guión | Fernando Cortizo | Nomeado | |
| Mellor dirección de produción | Marta García | Gañadora | |
| Mellor dirección artística | María Hernanz | Gañadora | |
| Mellor montaxe | Fernando Alfonsín | Nomeado | |
| Mellor música orixinal | Xavier Font, Arturo Vaquero e Philip Glass | Gañadores | |
| Mellor son | David Machado, Diego S. Staub e Miguel Barbosa | Gañadores | |
| Mellor fotografía | David Nardi | Nomeado | |
| Mellor deseño de vestiario | Valentin Duranthon | Nomeado |
| Ano | Categoría | Resultado |
|---|---|---|
| 2012 | Mellor filme de animación | Candidato |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "La película 'O Apóstolo' se estrena esta semana en 80 salas de cine". El País (en castelán). 30 de outubro de 2012.
- ↑ santos, ágatha de (2022-10-30). "‘O apóstolo’ celebra sus diez años con un visionado ‘online’ gratis". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 2022-11-24.