Ángeles Huerta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ángeles Huerta
Nacemento1974
 Xixón
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Oviedo
Ocupacióndirectora de cine e guionista
Coñecido/a porEsquece Monelos
editar datos en Wikidata ]

Ángeles Huerta González, nada en Xixón en 1974 e afincada en Galiza dende o ano 2002[1], é unha directora de cine e guionista, coñecida pola súa primeira longametraxe, o documental Esquece Monelos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Doutora en Literatura Comparada pola Universidade de Oviedo, comezou realizando curtametraxes de xeito autodidacta ao tempo que ensinaba idiomas, chegando a rodar dúas películas co seu alumnado de italiano (Amore ossoleto e Roma è troppo lontana)[2]. Posteriormente mudouse a Londres e diplomouse en Practical Filmmaking na MetFilm School, rodando outras dúas curtas (Normal people e The Fetch).

Estreouse na especialidade de longametraxe co filme Esquece Monelos, o documental galego máis premiado no ano 2017. Esta obra foi galardoada co Premio Mestre Mateo na categoría de Mellor Documental, Mellor Dirección de Fotografía (Jaime Pérez) e Mellor Montaxe (Sandra Sánchez). Tamén foi candidata aos Premios Goya 2018 en oito categorías.

O seu novo proxecto é outra longametraxe que leva por título O corpo aberto. Trátase dunha historia de ficción baseada no relato Lobosandaus[3], que forma parte do libro de contos Arraianos, publicado por Xosé Luis Méndez Ferrín. Tamén traballa no guión de La Nadadora, de Sandra Sánchez, e colabora como documentalista en proxectos de comunicación alternativos.

Obras[editar | editar a fonte]

Curtametraxes[editar | editar a fonte]

  • Corredor (2009)
  • Io ti ailoviu (amore ossoleto) (2011)
  • Normal People (a smartphone tragedy) (2013)
  • Roma è troppo lontana (2013)
  • The Fetch (2014)
  • Próxima estación, San Sadurniño (2017)
  • A nena azul (2018)

Longametraxes[editar | editar a fonte]

  • Esquece Monelos (2017)
  • O corpo aberto (en preparación)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]