Jaione Camborda
Jaione Camborda | |
---|---|
Nacemento | 1 de marzo de 1983 |
Lugar de nacemento | Donostia |
Nacionalidade | España |
Ocupación | directora de cine e guionista |
Na rede | |
https://jaionecamborda.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Jaione Camborda Coll, nada en Donostia (Guipúscoa) o 1 de marzo de 1983, é unha guionista e directora de cine vasca.[1][2]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou Comunicación Audiovisual en Madrid e, despois, formouse nas escolas de cine en Praga e Múnic.[3]
Dende 2010 vive e traballa en Santiago de Compostela e en 2011 creou a produtora Esnatu Zinema.[3] Estivo asociada co Novo Cinema Galego,[1][4] traballando como directora de arte ou como produtora en O ouro do tempo (estreada en Karlovy Vary, República Checa) e Verengo (estrea no Festival internacional de cinema independente de Buenos Aires, BAFICI).
Tamén traballou como directora de arte en Las altas presiones que gañou, en 2015, o Premio "Las Nuevas Olas" no Festival de Cine de Sevilla. En 2019 realizou a súa primeira longametraxe, Arima, que foi presentada de novo no Festival de Cine de Sevilla, ademais de recibir o premio.[5]
Obras[editar | editar a fonte]
Data | Título | Formato | Participación | Premios |
---|---|---|---|---|
2019 | Arima[6] | Longametraxe de ficción | Directora
Guionista Produtora |
Premio á mellor dirección en Nuevas Olas no Festival de Sevilla[7]
Premio á mellor película no IX Festival Márgenes de Madrid.[8] |
2015 | Proba de axilidade | Curtametraxe | Directora
Produtora |
|
2015 | Nimbos | Curtametraxe | Directora
Produtora |
|
2015 | Lilit | Curtametraxe | Directora | |
2017 | Ons | Longametraxe de ficción | Guionista | |
2014 | Os fenómenos | Longametraxe de ficción | Guionista | Mellor guión no Festival de Cine de Fortaleza
Mestre guión na XIIIª edición Premios Mestre Mateo (xunto con Alfonso Zarauza) |
2017 | Rapa das bestas[9] | Curtametraxe | Directora
Produtora |
|
2015 | Verengo | Longametraxe documental | Produtora | |
2017 | Tempo vertical | Longametraxe | Directora de arte | |
2014 | Las altas presiones | Longametraxe de ficción | Directora de arte | Nuevas Olas Cine Europeo de Sevilla[10]
Festival Internacional de Cine de Busán: Sección: Flash Forward. |
2015 | O ouro do tempo | Longametraxe | Directora de arte | |
2014 | Encallados | Longametraxe | Directora de arte |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 "Jaione Camborda y la mujer de las mil caras en ‘Arima’". cineconene.es (en castelán). 7 de febreiro de 2020. Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2021. Consultado o 21 de xaneiro de 2021.
- ↑ "Jaione Camborda". Decine21 (en castelán). Consultado o 2021-01-21.
- ↑ 3,0 3,1 Redacción (4 de marzo de 2020). "La realizadora Jaione Camborda visita el Grupo de Diálogo sobre Cine del Musac". leonoticias.com (en castelán). Consultado o 21 de xaneiro de 2021.
- ↑ Redacción (14 de novembro de 2019). "Jaione Camborda, del Novo Cinema Galego: "En nuestra generación aún hay un apego a la aldea, pero se está desvaneciendo". 20minutos.es (en castelán). Consultado o 21 de xaneiro de 2021.
- ↑ "Jaione Camborda habla de 'Arima' con imágenes". Festiva de Sevilla (en castelán). Consultado o 2021-01-21.
- ↑ "Jaione Camborda estrena "Arima"". EITB Radio Televisión Pública Vasca (en castelán). 2020-02-07. Consultado o 2021-01-21.
- ↑ SL, TAI GABE DIGITALA (2019-11-21). "Jaione Camborda: «‘Arima’ es una historia de mujeres atrapadas en una dimensión perturbadora»". naiz: (en castelán). Consultado o 2021-01-21.
- ↑ ""Arima", de Jaione Camborda, gana un premio en el festival Márgenes". Faro de Vigo (en castelán). 2019-12-02. Consultado o 2021-01-21.
- ↑ "RAPA DAS BESTAS. Un cortometraje de Jaione Camborda" (en castelán). Consultado o 2021-01-21.
- ↑ "Palmarés 2014". festivalcinesevilla.eu/ (en castelán). Consultado o 21 de xaneiro de 2021.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Entrevista a Jaione Camborda no Zumzeig Cinema
- Ficha en FilmAffinity