Saltar ao contido

Dhogs

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Dhogs
Imaxe
 Instancia de
 Título
Dhogs (gl) Editar o valor en Wikidata
Características
 Cor
 Xénero artístico
 Formato de distribución
 Lingua orixinal
Implicados
 Director/a
 Compositor/a
 Guionista
 Editor/a de cine
Datas
 Data de publicación
2017 Editar o valor en Wikidata
Historia
Cifras e dimensións
Duración85 min Editar o valor en Wikidata
Custo120000 € Editar o valor en Wikidata
Recadación25791.40 € Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Fontes e ligazóns
IMDB: tt5612554 Filmaffinity: 942403 Rottentomatoes: m/dhogs Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Dhogs é un filme independente galego en lingua galega[1] dirixido polo meirense Andrés Goteira que se estreou no ano 2017. Trátase do primeiro filme do director,[2] e está protagonizado por Carlos Blanco, Antonio Durán "Morris", Miguel de Lira, Melania Cruz, Iván Marcos e María Costas. Estreouse no Festival Internacional de Cinema Independente de Buenos Aires (BAFICI) o 19 de abril de 2017, competindo dentro da sección Vangarda e Xénero deste certame.[3] Trátase do primeiro filme rodado en galego que se estrea no festival de Sitges,[4] o 9 de outubro de 2017.[5] A nivel galego a estrea levouse a cabo no marco do Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF) o 21 de outubro de 2017.[6] O primeiro pase para o público (fóra dun festival), previo á estrea en salas comerciais proxectada para o 17 de maio de 2018, foi no Auditorio Gustavo Freire de Lugo o 15 de marzo de 2018.[7][8]

O filme conecta seis historias paralelas que xiran arredor de diferentes personaxes: unha muller fermosa, un home cunha vida escura, un taxista e un vello ex-militar.

Produción

[editar | editar a fonte]

O filme contou con financiamento de AGADIC e da Deputación de Lugo, pero tamén se conseguiu parte do orzamento do filme a través da plataforma Verkami,[9] con máis de 400 mecenas. Rodouse en varias localizacións de Galicia, como Viveiro, As Pontes, Oleiros e A Coruña, así como no deserto de Tabernas, en Almería.

Galardóns e nomeamentos

[editar | editar a fonte]

Dhogs gañou trece premios, incluíndo mellor filme, mellor director, mellor guión, mellor actor, mellor actriz, mellor actor secundario e mellor actriz secundaria, converténdose no filme máis premiado da historia dos premios.[10] Estaba nomeado a 17 premios en 14 categorías.

CategoríaPersoaResultado
Mellor longametraxeGañadora
Mellor directorAndrés GoteiraGañador
Mellor actorIván MarcosGañador
Mellor actrizMelania CruzGañadora
Mellor actor secundarioAntonio Durán "Morris"Gañador
Mellor actor secundarioCarlos Blanco VilaNomeado
Mellor actor secundarioMiguel de LiraNomeado
Mellor actriz secundariaMaría CostasGañadora
Mellor guiónAndrés GoteiraGañador
Mellor dirección de produciónSuso LópezGañador
Mellor dirección artísticaNoelia VilaboaGañador
Mellor montaxeAndrés Goteira e Juan GaliñanesGañador
Mellor música orixinalGermán DíazGañador
Mellor sonDavid Machado e Javier PatoGañadores
Mellor fotografíaLucía Catoira PanGañadora
Mellor maquillaxe e peiteadoAna CoyaNomeada
Mellor deseño de vestiarioMaría PortoNomeada
  1. "Estrea mundial en Buenos Aires da película 'Dhogs' de Andrés Goteira". Culturagalega.org (CCG). 3 de abril de 2017. Consultado o 8 de outubro de 2017.
  2. Rodríguez, J. C. (6 de abril de 2017). "La película 'Dhogs', del meirense Andrés Goteira, lista para su estreno". Cadena Ser. Arquivado dende o orixinal o 08 de outubro de 2017. Consultado o 8 de outubro de 2017.
  3. "La película “Dhogs”, de Andrés Goteira, se estrenará en el festival internacional de cine independiente de Buenos Aires (BAFICI)". El Blog de Cine Español. Consultado o 8 de outubro de 2017.
  4. Dopico, Montse (4 de agosto de 2017). "Andrés Goteira: "Dhogs pregunta se imos quedar, como sociedade, aí sentados sen facer nada"". Praza Pública. Consultado o 8 de outubro de 2017.
  5. "‘Dhogs’ estréase o 9 de outubro no Festival de Sitges". 5 de outubro de 2017. Consultado o 8 de outubro de 2017.
  6. "DHOGS | OUFF | Festival de Cine Internacional de Ourense". www.ouff.org. Arquivado dende o orixinal o 30-10-2017. Consultado o 29-10-2017.
  7. "'Dhogs', de Meira para o mundo". El Progreso. 16 de marzo de 2018.
  8. "El Auditorio Gustavo Freire acoge la proyección del filme Dhogs este jueves a las 21.00h en el marco del ciclo Lubicán del Campus Terra". USC. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2020. Consultado o 21 marzo 2018.
  9. "ANDRÉS GOTEIRA". Crea.gal. Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2018. Consultado o 8 de outubro de 2017.
  10. "A longametraxe Dhogs arrasa nos XVI Premios Mestre Mateo". Academia Galega do Audiovisual. Consultado o 4 de marzo de 2018.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]