María (e os demais) (en castelán:María (y los demás)) é un filme galego-catalán de 2016 dirixido por Nely Reguera. Ambientada e rodada integramente en Galicia en lingua castelá, estreouse en galego o 7 de outubro de 2020 a través da TVG.[1] A tradución ó galego foi realizada por Margarita Díaz.
Dende que morreu a súa nai cando tiña 15 anos, María tívose que dedicar a coidar do seu pai e dos seus irmáns. Cun carácter responsable e controlador, sempre foi o alicerce da familia. Por iso, cando o seu pai se namora de súpeto da súa enfermeira e anuncia o seu inminente compromiso, María sente que a súa vida se esvaece.