O corno
| O corno | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Título
| |||||||
|
Instancia de
| |||||||
|
Xénero
| |||||||
|
Lingua orixinal
| |||||||
|
Cor
| |||||||
| Autoría | |||||||
|
Director/a
| |||||||
|
Guionista
| |||||||
|
Director/a fotografía
| |||||||
|
Actores
| |||||||
| Temática | |||||||
|
Ambientado en
| |||||||
|
Época ambientación
| |||||||
| Publicación | |||||||
|
Produtor/a
| |||||||
|
Distribuidor/a
| |||||||
|
Recadación
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata | |||||||
O corno é un filme galego de 2023 dirixido e escrito por Jaione Camborda e protagonizado por Janet Novás, Siobhan Fernandes e Carla Rivas. Foi rodado en lingua galega.[1] Estreouse no Festival Internacional de Cinema de Toronto de 2023 antes de presentarse á 71ª edición do Festival Internacional de Cine de Donostia, onde se converteu no primeiro filme en galego en competir na sección oficial.[2]
O 30 de setembro de 2023 converteuse tamén no primeiro filme en galego en gañar a Cuncha de Ouro á mellor película no Festival de Donostia.[3]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Ambientado na Illa de Arousa en 1971, o filme conta a historia de María, unha muller que traballa como mariscadora. Tamén é coñecida na illa por axudar outras mulleres nos partos empregando cornizó. Logo dun inesperado suceso, foxe e comeza unha perigosa viaxe cruzando a fronteira por unha das rutas de contrabando entre Galicia e Portugal.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Janet Novás como María
- Siobhan Fernandes como Anabela
- Carla Rivas como Luisa
- Daniela Hernán Marchán como Ángela
- María Lado como Teresa
- Julia Gómez como Carmen
- José Navarro como Marcos
- Nuria Lestegás como Mabel
- Darío Fernández Raposo como Manuel
- Diego Anido como Juan
- Filomena Gigante como Belén
Rodaxe
[editar | editar a fonte]O filme foi rodado nas comarcas do Salnés e Baixo Miño, na provincia de Pontevedra, e no Alto Minho, en Portugal.
Premios
[editar | editar a fonte]Nos Premios Mestre Mateo de 2024 levou sete premios: longametraxe, maquillaxe e perruquería (Bárbara Brouke, Lorena Calvo e Silvia Neira), vestiario (Uxía Vaello), guión (Jaione Camborda), son (Sergio Silva e David Machado), dirección de arte (Melania Freire), dirección Jaione Camborda).[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "'O Corno', la primera película en gallego que competirá por la Concha de Oro de San Sebastián". El Diario. 14 de xullo de 2023. Consultado o 6 de setembro de 2023.
- ↑ "‘O corno’, de Jaione Camborda, se estrenará en Toronto antes de competir por la Concha de Oro". cineconn.es. 3 de agosto de 2023. Consultado o 6 de setembro de 2023.
- ↑ "'O Corno' de Jaione Camborda fai historia ao gañar a Cuncha de Ouro cun filme en galego". G24. Consultado o 2023-10-01.
- ↑ Diario, Nós (2024-03-23). "'O Corno' arrasa nos Mestre Mateo con sete premios, incluído o de Mellor Longametraxe: consulta aquí todas as gañadoras". Nós Diario. Consultado o 2024-03-24.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Sande, José Manuel (Setembro 2023). "A comunidade dos afectos. O corno, de Jaione Camborda". Luzes (120): 82-86.