Óliver Laxe
(2025) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 11 de abril de 1982 París |
| Grupo étnico | Pobo galego |
| Educación | Universidade Pompeu Fabra Facultade de Comunicación de Pontevedra |
| Actividade | |
| Ocupación | director de cinema, produtor de cinema, actor de cinema, guionista, actor |
| Período de actividade | 2006 |
| Participou en | |
| Tabakalera |
|
| Premios | |
| |
Óliver Laxe Coro, nado en París o 11 de abril de 1982,[1] é un director, guionista e actor de cinema galego. Dirixiu catro filmes ata a data, resultando galardoados os catro no Festival Internacional de Cine de Cannes: en 2010 gañou o Premio Fipresci polo seu filme Todos vós sodes capitáns,[2] en 2016 gañou o Gran Premio da Semana da Crítica polo seu traballo en Mimosas,[3] en 2019 foi distinguido co Premio de Xurado, na sección "Un Certain Regard" pola película O que arde e en 2025 recibiu o Premio do Xurado por Sirāt. [4]
Tras Víctor Erice, é o segundo español que presentou as súas catro primeiras películas en Cannes.[5]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en 1982 en París, sendo fillo de dous inmigrantes galegos que se coñeceran nunha festa de inmigrantes da sala Bataclan.[6][7] Seu pai, Jacinto Lage Cabana, é natural da Ponte de Outeiro, en Castro de Rei, mentres que súa nai é de Vilela, en Navia de Suarna,[8] e ambos traballaban en París como porteiros nun edicidio dun dos distritos máis ricos da cidade.[9] Viviu na capital francesa ata os seis anos, xunto a seus pais e seu irmán Felipe, e asistiu ao Colexio Federico García Lorca, operado polo goberno español.[10]
En 1988, despois de que seu pai gañase un concurso de fotografía en París e fose contratado como fotógrafo en Manlleu, a familia instalouse brevemente en Cataluña, pero pouco despois regresaron a Galicia.[11][12] Na adolescencia, estudou na Coruña, onde cursou o bacharelato no IES Monelos. Con dous metros de estatura, xogou ao baloncesto na canteira do Básquet Coruña, onde ocupaba a posición de pivote.[13]
Tras completar os seus estudos secundarios trasladouse a Pontevedra e estudou durante dous anos Publicidade e Relacións Públicas na Facultade de Comunicación de Pontevedra, período no que viviu na praza da Verdura da capital pontevedresa e descubriu o cinema de autor no Cineclub de Pontevedra. En Pontevedra acostumaba reunirse cos estudantes da Facultade de Belas Artes e montar alí as súas instalacións artísticas.[14][15][16][17][18] Posteriormente marchou a Barcelona, onde se graduou en Comunicación Audiovisual na Universidade Pompeu Fabra, realizando entre medias un Erasmus en Londres.
A súa filmografía comezou na capital inglesa, onde xunto a Enrique Aguilar rodou a curtametraxe E as chemineas decidiron escapar (2006). Logo trasladouse a Tánxer, onde rodou as curtametraxes Suena una trompeta, ahora veo otra cara (2007) e París #1, coas que obtivo varios premios en certames cinematográficos. Alí creou o proxecto Dao Byed, un obradoiro cinematográfico para os nenos pobres do Magreb. Desta experiencia, inspirada noutra similar de Lev Tolstoi con nenos labregos rusos, saíu a súa primeira longametraxe, Todos vós sodes capitáns (2009), coa que gañou o premio FIPRESCI no Festival Internacional de Cine de Cannes 2010[6] e o Premio Revelación Chano Piñeiro á mellor dirección revelación nos Premios Mestre Mateo de 2010.
En 2016 rodou a longametraxe Mimosas, que se estreou tamén no Festival de Cannes, onde conseguiu o Gran Premio da Semana da Crítica.[5] Este filme tamén lle valeu o Premio Mestre Mateo á mellor dirección.[6]
Aparece como actor no seu filme Todos vós sodes capitáns, así como en Moussem les morts (Vincent Le Port e Jean-Baptiste Alazard, 2010) e en The Sky Trembles and the Earth Is Afraid and the Two Eyes Are Not Brothers (Ben Rivers, 2015), cuxa primeira parte é un "como se fixo" de Mimosas.
En 2019, presentou no Festival de Cannes O que arde na sección "Un Certain Regard", sendo a primeira vez que se presenta unha película en galego nunha sección oficial.[5][19] Gañou o Premio do Xurado. Neste caso, coma nos anteriores, Televisión Española rexeitou participar na película;[20] en cambio si contou co apoio da TVG, de Agadic e da Deputación de Lugo.[19] En 2020 instalouse en Vilela (Son, Navia de Suarna), onde restaurou a casa familiar de seus avós.[4]
En 2025 acadou o Premio do Xurado no Festival de Cannes con Sirāt, o seu cuarto galardón no certame.[4] En xaneiro de 2026, o filme recibiu cinco galardóns nos Premios do Cinema Europeo, nas categorías de Mellor deseño de produción, Mellor deseño de son, Mellor montaxe, Mellor dirección de cásting e Mellor fotografía.[21] Uns días despois recibiu dous nomeamentos aos Premios Óscar, nas categorías de Mellor filme internacional e Mellor son.[22]
Filmografía
[editar | editar a fonte]Como director
[editar | editar a fonte]Longametraxes
[editar | editar a fonte]- Todos vós sodes capitáns (2010)
- Mimosas (2016)
- O que arde (2019)[23]
- Sirāt (2025)
Curtametraxes
[editar | editar a fonte]- Las chimeneas decidieron escapar (2006)
- Suena la trompeta ahora veo otra cara (2007)
- París #1 (2008)
- O salvaxe leva o seu tempo (2018)
Como actor
[editar | editar a fonte]- Todos vós sodes capitáns (Óliver Laxe, 2010)
- Moussem les morts (Jean-Baptiste Alazard e Vincent Le Port, 2010)
- O quinto evanxeo de Gaspar Hauser (Alberto Gracia, 2013)
- The Sky Trembles and the Earth Is Afraid and the Two Eyes Are Not Brothers (Ben Rivers, 2015)
- Love Me Not (Lluís Miñarro, 2019)
- Krabi, 2562 (Ben Rivers e Anocha Suwichakornpong, 2019)
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]| Ano | Categoría | Filme | Resultado |
|---|---|---|---|
| 2010 | Premio Fipresci | Todos vós sodes capitáns | Gañador |
| 2016 | Gran Premio da Semana da Crítica | Mimosas | Gañador |
| 2019 | Premio do Xurado, sección "Un Certain Regard" | O que arde | Gañador |
| 2025 | Premio do Xurado | Sirāt | Gañador |
| Ano | Categoría | Filme | Resultado |
|---|---|---|---|
| 2008 | Mellor obra experimental | París # 1 | Nomeado |
| 2010 | Premio Revelación Chano Piñeiro | - | Gañador |
| 2016 | Mellor director | Mimosas | Gañador |
| Mellor guión | Mimosas | Nomeado | |
| 2019 | Mellor director | O que arde | Gañador |
| Mellor guión | O que arde | Nomeado |
| Ano | Categoría | Filme | Resultado |
|---|---|---|---|
| 2019 | Mellor dirección | O que arde | Nomeado |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Oliver Laxe". filmin.es (en castelán). Consultado o 29-5-2019.
- ↑ Fipresci.org (ed.). "Fipresci Awards 2010". Consultado o 29 de maio de 2016.
- ↑ Castro, R (29 de maio de 2016). ""Sós ante o imperio non se pode facer nada”". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2016. Consultado o 29 de maio de 2016.
- 1 2 3 Daniel Salgado (26 de maio de 2025). "Oliver Laxe celebra el triunfo en Cannes con el preestreno de 'Sirat' en su aldea de la montaña gallega". elDiario.es (en castelán).
- 1 2 3 Mato, Mar (19-4-2019). "Cannes proxectará por primeira vez un filme en galego: "O que arde", de Óliver Laxe". farodevigo.es. Consultado o 29-5-2019.
- 1 2 3 "Óliver Laxe: “A cultura emancipa ao ser humano”". Balea Cultural. 29 de maio de 2018. Arquivado dende o orixinal o 28 de novembro de 2018. Consultado o 28 de novembro de 2018.
- ↑ Constenla, Tereixa (30 de xaneiro de 2026). "Óliver Laxe, el viaje a la raíz". El País (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2025. Consultado o 30 de xaneiro de 2026.
- ↑ "El mensaje íntegro de Oliver Laxe en los Lucenses del Año: "Sempre houbo un espazo para o que fago"". El Progreso (en castelán). 14 de novembro de 2025. Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2025. Consultado o 30 de xaneiro de 2026.
- ↑ Vicente, Álex (24 de maio de 2025). "Oliver Laxe, ganador del premio del Jurado en Cannes: “Llevo deprimido desde los seis años y eso me ha llevado a hacer cine”". El País (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2025. Consultado o 30 de xaneiro de 2026.
- ↑ "Oliver Laxe, director de 'Sirat' y nominado al Oscar, en 'La Revuelta': "Mis padres eran porteros de un edificio en París y nací allí" (en castelán). 23 de xaneiro de 2026. Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2026. Consultado o 30 de xaneiro de 2026.
- ↑ Somoza, Nadia (29 de maio de 2025). "Oliver Laxe i Sergi López presenten 'Sirat', una road movie espiritual al desert del Marroc". Televisión Española (en catalán). Arquivado dende o orixinal o 9 de decembro de 2025. Consultado o 30 de xaneiro de 2026.
- ↑ "Oliver Laxe y el cine español valiente". aprendercine.com (en castelán). Consultado o 23-11-2020.
- ↑ "Óliver Laxe, del Básquet Coruña al éxito en Cannes". DxT Campeón (en castelán). 7 de xuño de 2025. Consultado o 28 de xaneiro de 2026.
- ↑ "Oliver Laxe: “Yo soy un escultor, ni me veo ni creo que gane el Oscar”". El País (en castelán). 16 de decembro de 2025.
- ↑ "Oliver Laxe: "Nunca había tenido acceso al arte ni al cine hecho con alma. Lo tuve en Pontevedra"". Pontevedra Viva (en castelán). 14 de maio de 2017.
- ↑ "Oliver Laxe lembra os dous anos que viviu en Pontevedra: "Neste espazo rodei as primeiras curtas"". Diario de Pontevedra. 24 de xaneiro de 2026.
- ↑ "Obstinación y encantamiento: las raíces gallegas del cine de Oliver Laxe, el director laureado en Cannes". eldiario.es (en castelán). 26 de maio de 2025.
- ↑ "Oliver Laxe: "Estamos hackeando el sistema y el sistema lo agradece"". Cadena SER (en castelán). 17 de decembro de 2025.
- 1 2 "Oliver Laxe volve de Cannes con premio para o primeiro filme en galego da historia do festival". praza.gal. 25-4-2019. Consultado o 29-5-2019.
- ↑ "El cineasta coruñés Oliver Laxe carga contra TVE por 'pasar' de sus películas". galicia.economiadigital.es (en castelán). 14-4-2017. Arquivado dende o orixinal o 29-05-2019. Consultado o 29-5-2019.
- ↑ Munsuri, María (18 de xaneiro de 2026). "‘Sirat’ se lleva a casa 5 galardones en los Premios del Cine Europeo" (en castelán). Consultado o 9 de febreiro de 2026.
- ↑ "'Sirāt', de Oliver Laxe, nominada al Oscar a mejor película internacional y mejor sonido". Televisión Española (en castelán). 22 de xaneiro de 2026. Consultado o 28 de xaneiro de 2026.
- ↑ C, R (19 de xaneiro de 2017). "Oliver Laxe prepara un novo filme sobre un pirómano e busca actores non profesionais". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 20 de xaneiro de 2017. Consultado o 19 de xaneiro de 2017. Arquivado 20 de xaneiro de 2017 en Wayback Machine.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Óliver Laxe |