Jorge Algora
Jorge Algora | |
---|---|
Entrevista a Jorge Algora en 2017. | |
Nacemento | 27 de xaneiro de 1963 |
Lugar de nacemento | Madrid |
Nacionalidade | España |
Ocupación | director de cinema |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Jorge de Benito Algora, nado en Madrid o 27 de xaneiro de 1963, é un director de cine galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Despois de estudar no Conservatorio Superior de Música de Madrid e na Real Escola Superior de Arte Dramática, dedicouse a traballar na dirección e realización de filmes documentais, programas de televisión e anuncios de publicidade. Dende 1986 vive e traballa en Galicia, onde posúe unha empresa produtora.
Filmografía seleccionada[editar | editar a fonte]
Documentais[editar | editar a fonte]
- Comarcas de Galicia (1993-1995, documental de 8 capítulos; realización)
- Descúbreme (1993, documental de 4 capítulos; dirección e realización)
- Emigrantes en terra de emigrantes (2002, documental; dirección)
- Galicia visual (2002-2003, documental seriado de 104 capítulos; dirección)
- Terra de náufragos (2003, documental; dirección)
- Camiño de Santiago. A orixe (2004, longametraxe documental; dirección e guión)
- Destino a festa (2007, documental; dirección e guión)
Producións para televisión[editar | editar a fonte]
- Mentíndolle á vida (2005, TV movie; dirección e guión)
Longametraxes de ficción[editar | editar a fonte]
- O neno de barro (2007, longametraxe). Obtivo por este filme o premio Paoa, do Festival Internacional de Cine de Viña del Mar. Obtivo nove galardóns nos premios Mestre Mateo en 2007, entre eles o de mellor guión, mellor longametraxe e mellor dirección.