Carlos Amil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Carlos Amil
Nacemento10 de maio de 1959
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupacióndirector de cine
editar datos en Wikidata ]

Carlos Amil Serantes, nado na Coruña o 10 de maio de 1959, é un cineasta galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira no equipo de cine Imaxe, a finais da década de 1970. É un dos fundadores da empresa de video Trama, canteira fundamental do audiovisual galego pola que pasaron entre outros Xavier Villaverde, Miguel Castelo, Pancho Casal, Mateo Meléndrez, Guillermo Represa, Xesús Vecino, Jorge Algora ou Suso Montero. Desta época cómpre salientar a súa colaboración como cámara nos traballos Veneno Puro e Viuda Gómez, de Villaverde, ou Salvamento e socorrismo, de Antón Reixa.

Contratado por VideoVoz Tv, foi un dos primeiros profesionais en traballar para a TVG en tarefas de director, realizador e montador en programas como O monacato en Galicia, ou Lendas. Tamén compartiu tarefas de guionista nalgúns deses programas.

Durante moitos anos desenvolveu un importante traballo pedagóxico como mestre de montaxe e de realización de cinema e televisión na Escola de Imaxe e Son da Coruña, formando equipo con nomes fundamentais do audiovisual galego como Manolo González, Daniel Domínguez, Ignacio Pardo, Pepe Coira ou Carlos Oro.

Dirixiu a película Blanca Madison no ano 2000. Ten en preparación o proxecto A casa da luz, adaptación da novela do mesmo título de Xabier P. Docampo, da que é guionista o propio director.

Obra literaria[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]