Daniel de la Torre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Daniel de la Torre
(Dani de la Torre) Festival de cinema de Sitges 2018 (45129949522) (cropped).jpg
Nome completoDaniel de la Torre Alvaredo
Nacemento1975
Lugar de nacementoMonforte de Lemos
NacionalidadeEspaña
Ocupacióndirector de cinema, guionista e montador
Na rede
IMDB: nm1860649 Twitter: danidelatorre75 Instagram: danidelatorrealvaredo Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Daniel de la Torre Alvaredo, coñecido como Dani de la Torre, nado en Monforte de Lemos en 1975[1], é un director, realizador e guionista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Despois de estudar Imaxe e Son en Ourense, filmou diversas curtametraxes, como Minas (2004), Lobos (2004) e Bos días (2006). En 2010 dirixiu e co-escribiu a mini-serie de dous episodios Mar libre, interpretada por Miguel de Lira, Luis Zahera e José Ángel Ejido, entre outros.[2]

En 2015 dirixiu a súa primeira longametraxe, O descoñecido[3], cun guión de Alberto Marini e que contou coas interpretacións de Luís Tosar, Elvira Mínguez, Javier Gutiérrez e Goya Toledo, entre outros, que foi rodada na Coruña. O filme levou doce galardóns nos Premios Mestre Mateo 2015, incluídos mellor filme, mellor director e mellores actores e actrices protagonistas e secundarios.[4] Ademais gañou dous Premios Goya (mellor montaxe e mellor son) e tivo oito candidaturas, incluída a de mellor director novel para Dani de la Torre.[5]

En 2018 dirixiu a curtametraxe Álex y Julia, para Estrella Damm, con Michelle Jenner e Oriol Pla. Logo dirixiu o filme A sombra da lei, con guión de Patxi Amezcua e protagonizada de novo por Luís Tosar, xunto con Michelle Jenner, Vicente Romero e Manolo Solo entre outros. A película gañou tres Premios Goya (mellor fotografía, dirección artística e deseño de vestiario)[6] e dez Premios Mestre Mateo, incluído o de mellor película e o segundo premio ó mellor director para de la Torre.[7]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Cine[editar | editar a fonte]

Televisión[editar | editar a fonte]

Curtametraxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ficha "Dani de la Torre" en AVG.
  2. "“Mar Libre” acada un novo premio á Mellor Serie de TV no Euro Filme Festival de Marbella". CRTVG. 10 de novembro de 2011. Consultado o 25 de outubro de 2019. 
  3. Ficha da película en IMDb (en inglés).
  4. "“O Descoñecido” colleita doce premios Mestre Mateo". 25 de abril de 2016. Consultado o 25 de outubro de 2019. 
  5. "Goyas para Coira y «El desconocido»". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de febreiro de 2016. Consultado o 25 de outubro de 2019. 
  6. "Luis Zahera y "La sombra de la ley" se traen cuatro premios Goya para Galicia". El Ideal Gallego (en castelán). 3 de febreiro de 2019. Consultado o 25 de outubro de 2019. 
  7. "'A sombra da lei' triunfa nos Mestre Mateo con 10 premios". praza.gal. 3 de marzo de 2019. Consultado o 25 de outubro de 2019. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.