Andrés Goteira
Andrés Goteira | |
---|---|
![]() Goteira nos Premios Mestre Mateo 2017. | |
Nacemento | 1983 |
Lugar | Meira, ![]() |
Nacionalidade | España |
Educado en | Universidade de Vigo |
Profesión | Director e guionista |
Na rede | |
http://andresgoteira.com/2/ | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Andrés Goteira, nado en Meira en 1983,[1] é un director, realizador e guionista galego. É o cofundador de Gaitafilmes.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou Enxeñaría Técnica de Telecomunicacións pola Universidade de Vigo e Técnico de Son da Escola de Imaxe e Son da Coruña.
A súa primeira longametraxe, Dhogs, estreouse no Festival Internacional de Cine Independente de Buenos Aires (BAFICI) o 19 de abril de 2017, competindo dentro da sección Vangarda e Xénero deste certame.[2] Trátase do primeiro filme rodado en galego que se estrea no festival de Sitges,[3] o 9 de outubro de 2017. Gañou 13 das 17 candidaturas ás que optaba nos Premios Mestre Mateo 2017,[4] gañando os premios a mellor longametraxe, guión e dirección. Ademais, foi premiada pola súa dirección de fotografía, dirección de arte, montaxe, música orixinal, son, dirección de produción, interpretación masculina protagonista e secundario e interpretación feminina protagonista e secundario.
Filmografía[editar | editar a fonte]
- Dhogs (2017)
Galardóns e nomeamentos[editar | editar a fonte]
Premios Mestre Mateo[editar | editar a fonte]
Ano | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
2017 | Mellor director | Dhogs | Gañador |
Mellor guión | Dhogs | Gañador | |
Mellor montaxe | Dhogs | Gañador |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ García, Julián (9 de outubro de 2017). "'Dhogs': animales sumisos, animales perversos". El Periódico. Consultado o 5 de marzo de 2018.
- ↑ El Blog de Cine Español (ed.). "La película “Dhogs”, de Andrés Goteira, se estrenará en el festival internacional de cine independiente de Buenos Aires (BAFICI)". Consultado o 8 de outubro de 2017.
- ↑ Dopico, Montse (4 de agosto de 2017). "Andrés Goteira: "Dhogs pregunta se imos quedar, como sociedade, aí sentados sen facer nada"". Praza.gal. Consultado o 8 de outubro de 2017.
- ↑ "Dhogs, de Andrés Goteira, é a gañadora dos Mestre Mateo". 4 de marzo de 2018. Consultado o 5 de marzo de 2018.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina oficial
- Andrés Goteira na IMDb (en inglés).