Pobo selk'nam
Pobo selk'nam | |
---|---|
![]() Nenos selk'nam en 1898. | |
Poboación | |
Poboación total: Total: | |
Rexións principais: | |
![]() | 2 761 (2010)[1] |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua selk'nam e castelán |
Relixión | Animismo e cristianismo |
Grupos relacionados | Haush, tehuelches, teushen |
Os selk'nam, tamén coñecidos como onawo ou ona,[2] son un pobo indíxena da rexión da Patagonia, no sur da Arxentina e Chile, incluíndo as illas de Terra de Fogo. Foron un dos derradeiros pobos nativos de América do Sur en ser contactados por emigrantes europeos occidentais a finais do século XIX. Coa descuberta de ouro e a expansión da gandería de ovellas, os gobernos da Arxentina e Chile comezaron a colonizar e exterminar os pobos indíxenas de Terra de Fogo.
Están considerados extintos como tribo, pero Joubert Yanten Gomez un chileno mestizo de Santiago con devanceiros selk'nam, aprendeu el só a lingua e está considerado o único falante; emprega o nome de Keyuk.[3]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Censo Nacional de Población, Hogares y Viviendas 2010: Resultados definitivos: Serie B No 2: Tomo 1" (PDF) (en Spanish). INDEC. p. 281. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de decembro de 2015. Consultado o 5 de decembro de 2015.
- ↑ Entrada ona en Digalego
- ↑ Judith Thurman, "A Loss for Words", The New Yorker, 30 de marzo de 2015
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pobo selk'nam ![]() |
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Luis Alberto Borrero, Los Selk'nam (Onas), Buenos Aires: Galerna, 2007.
- Lucas Bridges, Uttermost Part of the Earth, Londres, 1948.