Pobo apache
Pobo apache | |
---|---|
Membros dunha tribo apache. | |
Poboación | |
Poboación total: 56 060 (autoidentificados)[1] | |
Rexións principais: | |
Arizona, Novo México e Oklahoma (USA) | 56 060 |
Aspectos culturais | |
Lingua | Chiricahua, jicarilla, apache lipan, apache das pradeiras, mescalero, apache occidental e sinais dos indios das chairas |
Relixión | Xamanismo, Cristianismo |
Grupos relacionados | Navajo e kiowas |
Os apaches[2] son un pobo indíxena da zona actual de Arizona (Estados Unidos e Sonora (México). A palabra apache procede do zuni apachu ("inimigo"), mais eles chámanse a si mesmos Ndee ("a xente"). Para comunicarse entre eles empregaban unha serie de linguas atapascanas meridionais, que se clasificaron como o apache das chairas, o apache oriental e o apache occidental.
A súa sociedade baseábase na pesca, na caza e na agricultura, convivindo en pequenos grupos familiares, de carácter matriarcal, ao igual que os síux e os cheyenne.
Cando chegaron os españois, os apaches habitaban o suroeste dos Estados Unidos, debido a unha migración anterior de cincocentos anos orixinaria do Canadá. Era unha tribo poderosa e guerreira, en loita continua cos brancos. A rendición da tribo tivo lugar en 1886, cando os chiricahuas foron enviados a Florida e Alabama, onde estiveron baixo confinamento militar.
No ano 1900 vivían uns 17.000 apaches en liberdade. O seu xefe máis coñecido foi Gerónimo (16 de xuño de 1829 – 17 de febreiro de 1909), Gokhlayeh na súa lingua, que significa "O Que Bocexa". Xerónimo fora elixido por Taza, fillo doutro xefe indíxena apache, Cochise, que morrera con 62 anos. Outro líder apache relevante foi Mangas Coloradas.[3]
Actualmente o pobo apache vive en reservas de Arizona, Novo México e Oklahoma, nun número aproximado de 6.000 individuos. Un pequeno número de apaches, dúas decenas, subsisten na fronteira norte dos estados mexicanos de Chihuahua, Sonora e Coahuila. Este pequeno grupos de apaches son os coñecidos como os mescaleros.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Census.gov Census 2000 PHC-T-18. American Indian and Alaska Native Tribes in the United States: 2000. US Census Bureau 2000 (consultado o 28 de decembro de 2009)
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para apache.
- ↑ "The Chiricahua Apaches". desertusa.com (en inglés). Consultado o 13 de novembro de 2023.