Pîhtokahanapiwiyin
Pîhtokahanapiwiyin | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Pîhtokahanapiwiyin |
Nacemento | 1842 |
Lugar de nacemento | Battleford |
Falecemento | 4 de xullo de 1886 |
Lugar de falecemento | Gleichen |
Causa | pulmonary hemorrhage |
Nacionalidade | Canadá |
Etnia | Cree |
Ocupación | Xefe tribal |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Pîhtokahanapiwiyin (en cree: ᐱᑎᐧᑲᐦᐊᓇᐱᐧᐃᔨᓐ), nado c. 1842 e finado o 4 de xullo de 1886, tamén coñecido como Poundmaker, foi un xefe cree das chairas coñecido por ser un pacificador e defensor do seu pobo, a Nación Cree Poundmaker. O seu nome fai referencia á súa habilidade especial para conducir os bistontes aos recintos para a súa caza.
En 1885, durante a rebelión métis, a súa banda foi atacada por tropas canadenses e produciuse unha batalla. Despois de que a rebelión foi reprimida, rendeuse e foi condenado por traizón e encarcerado. Morreu de enfermidade pouco despois da súa liberación. En maio de 2019, o Primeiro Ministro canadense Justin Trudeau exonerou o xefe e pediu desculpas á Nación Cree Poundmaker.[1]
Legado[editar | editar a fonte]
A Nación Cree Poundmaker persiste até o presente, preto de Cut Knife. O seu neto John Tootoosis, líder cree, e o seu bisneto, o actor Gordon Tootoosis, viviron na reserva.
Pîhtokahanapiwiyin aparece como líder cree no videoxogo Civilization VI, cuxa representación provocou as críticas dos membros da Nación Cree Poundmaker.[2] O videoxogo refírese a el polo seu nome anglicizado, Poundmaker.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Chief Poundmaker, wrongly convicted of treason-felony in 1885, to be exonerated by Trudeau". CBC. 7 de maio de 2019. Consultado o 8 de maio de 2019.
Trudeau's statement of exoneration is being co-developed with Poundmaker Cree Nation.
- ↑ Shield, David. "Poundmaker Cree Nation not happy with chief's portrayal in Civilization video game". CBC News Canada. CBC News Canada. Consultado o 6 de abril de 2021.