Pobo lakota

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pobo lakota
Lakota portraits.jpg
Retratos de lakota.
Poboación
Poboación total:
55 000 en reservas (anos 1990)[1]
103 255 autoidentificados no censo de 1990[2]
Rexións principais:
Aspectos culturais
LinguaLingua lakota e sinais dos indios das chairas
RelixiónRelixión tribal tradicional, Danza do Sol,
Native American Church, Cristianismo
Grupos
relacionados
Outros membros do Oceti Sakohowin (Santee, Sisseton Wahpeton Oyate, Yankton, Yanktonai)[3]

Os lakota, tamén coñecidos como Teton, Titunwan ("habitantes da pradeira"),[4] Teton Sioux ("serpe, ou inimigo") son un pobo nativo de Norteamérica. Son parte dunha confederación de sete tribos síux relacionadas, a Očhéthi Šakówiŋ ou sete lumes do consello, e falan a lingua lakota, un dos tres grandes dialectos da lingua síux.

Bandeira dos lakota.

Os lakota son os máis occidentais dos tres grupos lingüísticos das linguas siouan, ocupando terras en Dacota do Norte e Dacota do Sur. As sete bandas ou "sub-tribos" dos lakota son:

Distribución tradicional dos pobos siouan (verde escuro) e actuais reservas (laranxa).
  • Sičháŋǧu (Brulé, "coxas queimadas")[5]
  • Oglála ("They Scatter Their Own")[5]
  • Itázipčho ("Sen arcos")[5]
  • Húŋkpapȟa ("Aldea final"),[5]
  • Mnikȟówožu ("Planta á beira do arroio")[5]
  • Sihásapa ("Pés negros")[5]
  • Oóhenuŋpa ("Dúas teteiras")[5]

Membros notables dos lakota son Tȟatȟáŋka Íyotake (Touro Sentado) dos Húnkpapȟa; Maȟpíya Ičáȟtagya (Touch the Clouds) dos Miniconjou; Tȟašúŋke Witkó (Cabalo Tolo), Maȟpíya Lúta (Nube Vermella), Heȟáka Sápa (Black Elk), Siŋté Glešká (Spotted Tail), e Billy Mills dos Oglala.

Goberno[editar | editar a fonte]

Estados Unidos[editar | editar a fonte]

Legalmente[6] e por tratado unha "nación" semiautónoma dentro dos Estados Unidos, os Lakota Sioux están representados localmente por funcionarios elixidos nos consellos para as diversas reservas e comunidades de Minnesota, Nebrasca e Dacota do Norte e do Sur. Están representados a nivel estatal e nacional polos funcionarios electos dos distritos políticos dos seus respectivos estados e distritos do Congreso.[7] Os membros de banda ou reserva que viven tanto dentro como fóra das reservas individuais son elixíbeis para votar nas eleccións periódicas para esa reserva. Cada reserva ten un estilo de goberno local único e un ciclo de elección baseado na súa propia constitución[8] ou nos artigos incorporados posteriormente. A maioría segue a un modelo típico de consello tribal cun xefe ou presidente elixido directamente polos votantes.

  • O presidente dos Síux Oglala, a tribo maioritaria dos Lakota, situada principalmente na reserva de Pine Ridge, é Troy "Scott" Weston .
  • O presidente dos Sičháŋǧu Lakota na reserva de Rosebud é William Kindle.
  • O presidente da reserva Standing Rock, que inclúe pobos de varios subgrupos de Lakota, incluído o Húŋkpapȟa, é Mike Faith.
  • O presidente da reserva de Cheyenne River, que comprende as bandas lakotas Mnikȟówožu, Itázipčho, Sihá Sápa, e Oóhenuŋpa, é Kevin Keckler.
  • O presidente da reserva india Lower Brule, que é o fogar dos lakota Lower Sicangu,é Michael Jandreau.

Os gobernos tribais teñen unha ampla marxe de manobra, como entidades políticas semiautónomas, para desviarse da lei estatal (por exemplo, nos xogos indios). En última instancia, están suxeitos á supervisión do Congreso dos Estados Unidos[6] e á regulación executiva a través da Oficina de Asuntos Indíxenas. A natureza e a lexitimidade desas relacións continúan sendo un tema de disputa.

Canadá[editar | editar a fonte]

Hai nove bandas de Dakota e Lakota en Manitoba e no sur de Saskatchewan, cun total de 6.000 membros rexistrados. Son recoñecidos como Primeiras Nacións pero non son considerados "indíxenas con tratado". Como Primeiras Nacións, teñen recoñecidos dereitos e reciben axudas a través do Indian and Northern Affairs Canada (en galego, Departamento de Asuntos Indíxenas e do Norte de Canadá). Con todo, como non son recoñecidos como indios tratados, non participaron no repartimento de terras nin nos ingresos por recursos naturais.[9] Os dakota rexeitaron un acordo de dereitos sobre terras por valor de 60 millóns de dólares en 2008.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pritzker (2000), p. 329
  2. Pritzker (2000), p. 329
  3. Pritzker (2000), p. 328
  4. Priztker (2000), p. 329
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 Ullrich (2008), p. 3
  6. 6,0 6,1 "The Indian Reorganization Act, June 18, 1934". web.archive.org. Consultado o 03-08-2018. 
  7. "Oglala Sioux Tribe inaugurates Cecilia Fire Thunder". indianz.com en webarchive. 13-12-2004. Consultado o 01-08-2018. 
  8. "Constitution and By-Laws of theCheyenne River Sioux Tribe". sioux.org en web.archive.org. (arquivada 04-07-2008). Consultado o 02-08-2018. 
  9. "Ottawa rejects claims by Dakota, Lakota First Nations". cbc.ca. 01-08-2007. Consultado o 03-08-2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Pritzker, Barry M. (2000). A Native American Encyclopedia: History, Culture, and Peoples. Oxford: Oxford University Press. ISBN 978-0-19-513877-1. 
  • Ullrich, Jan F. (2008). New Lakota Dictionary: Lakhotiyapi-English/English-Lakhotiyapi & Incorporating the Dakota Dialects of Santee-Sisseton Yankton-Yanktonai (2ª ed.). Bloomington: Lakota Language Consortium Inc. ISBN 0976108291. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]