Lingua aimará
Aparencia
Coord.: 18°S 68°O / -18, -68
| Lingua aimará | |||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Aymar aru | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Propiedades | |||||||||||||||||
|
Número de falantes
| |||||||||||||||||
|
Tipoloxía lingüística
| |||||||||||||||||
|
Estado de lingua da UNESCO
| |||||||||||||||||
| Clasificación lingüística | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||
O aimará[1][2] é a lingua que falan os aimarás dos Andes. Ten o rango de lingua oficial no Perú[3] e Bolivia; conta tamén cuns miles de falantes en Chile e na Arxentina. En total hai entre dous e tres millóns de falantes. O aimará está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.[4]
Constitúe a primeira lingua dun terzo da poboación de Bolivia e é o principal idioma amerindio do sur peruano e o norte chileno.[5]
O aimará ten outras dúas linguas irmás: o kawki, que se dá por extinto e o jaqaru, falado no distrito de Tupe (provincia de Yauyos, Lima) por uns poucos millares de persoas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para aimará.
- ↑ García-Miguel, José M. (2000). "Linguas do mundo e tipoloxía lingüística". En F. Ramallo; G. Rei-Doval; X.P. Rodríguez Yáñez. Manual de Ciencias da Linguaxe (PDF). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. pp. 173–220. ISBN 84-8302-588-4. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 02 de setembro de 2016. Consultado o 18 de decembro de 2017.
- ↑ "Constitución Política do Perú, 1993. Art. 48". Consultado o 24 de agosto de 2008.
Son idiomas oficiais o castelán e, nas zonas onde predominen, tamén o son o quechua, o aimará e as demais linguas orixinarias do continente, segundo a lei
No Perú non se desenvolveu unha lexislación que puxera en práctica a oficialidade do aimara, nin ten uso oficial ningún na administración do Estado, agás cos programas rurais de EBI - ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
- ↑ (Hardman 2000: p. 1)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Existe unha versión da Wikipedia en Lingua aimará |
| Vexa no Galizionario as palabras en Aimará |
