1491: New Revelations of the Americas Before Columbus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

1491: New Revelations of the Americas Before Columbus
Título orixinal1491: New Revelations of the Americas Before Columbus
Autor/aCharles C. Mann
OrixeEstados Unidos
LinguaInglés
Xénero(s)Non ficción
Editorial Alfred A. Knopf
Data de pub. 2005
Páxinasxii, 465 p.: ill., maps (1ª edición)
ISBNISBN 978-1-4000-4006-3
Seguido por1493: Uncovering the New World Columbus Created
editar datos en Wikidata ]

1491: New Revelations of the Americas Before Columbus é un libro de 2005 escrito polo estadounidense Charles C. Mann sobre a América precolombiana. En 2006, foi galadorado co National Academies Communication Award para o mellor traballo creativo que axude á comprensión pública de temas de ciencia, enxeñería ou medicina.

O libro presenta achados recentes de investigacións en diferentes campos que suxiren que as poboacións humanas no hemisferio occidental, é dicir, os pobos indíxenas de América, eran máis numerosos, chegaran antes, eran máis sofisticados culturalmente e controlarpm e moldearon a paisaxe natural en maior medida do que pensaban os estudosos.

O autor sinala que, segundo estes descubrimentos, dous dos seis centros de civilización independentes xurdiron en América: o primeiro, Norte Chico ou Caral-Supe, no actual norte do Perú; e a Mesoamérica do período formativo, no que hoxe é o sur de México.

Edicións[editar | editar a fonte]

  • 1491: New Revelations of the Americas Before Columbus. Knopf, 2005 ISBN 1-4000-3205-9.
  • Ancient Americans: Rewriting the History of the New World. Primeira edición británica. Publicada por Granta Books en 2005. ISBN 1862076170
  • 1491: The Americas Before Columbus. ISBN 1-86207-876-9 Edición europea. Publicada en Europa por Granta Books o 6 de novembro de 2006.
  • 1491: New Revelations of the Americas Before Columbus. Segunda edición. Vintage, 2011 ISBN 978-1-4000-3205-1
  • 1491: Una nueva historia de las Américas antes de Colón (edición en castelán). Seven Stories Press, 2013.[1]

Secuela[editar | editar a fonte]

En 2011, Mann publicou a secuela, 1493: Uncovering the New World Columbus Created. Nel explora os resultados da colonización europea de América, un tema iniciado na obra de Alfred Crosby de 1972 The Columbian Exchange, que examinaba os intercambios de plantas, animais, enfermidades e tecnoloxías despois do encontro europeo con América. Mann engadiu moitas novas investigacións que se desenvolveron nos 40 anos transcorridos desde a publicación dese libro.

Notas[editar | editar a fonte]