Red's Dream

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Red's Dream
Ficha técnica
DirectorJohn Lasseter
ProdutorJohn Lasseter
GuiónJohn Lasseter
MúsicaDavid Slusser
EstudioPixar Animation Studios
DistribuidoraPixar
Estrea30 de novembro de 1987
Duración4 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroAnimación

Red's Dream é unha curtametraxe de animación de Pixar que foi estreada en 1987. Foi dirixida, producida e escrita por John Lasseter.

Argumento[editar | editar a fonte]

Historia ambientada nunha tenda de bicicletas, na que hai un pequeno monociclo tirado nun recuncho. Entón, o monociclo empeza a soñar que está nun circo, e un pallaso está montado nel facendo malabares, logo o pallaso sáese do monociclo e segue a pedalear e facer malabares, mais cando ve que non está enriba do monociclo, cae ó chan e o monociclo empeza a facer malabares cos pedais. Despois, o monociclo acorda e ve que está a soñar e nada máis que estaba dando voltas por toda a tenda. O malpocado vai cara o seu recuncho de sempre a agardar que algún día ese soño se faga realidade.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Luxo Jr.
Curtametraxes de Pixar Animation Studios
1987
Sucesor:
Tin Toy