Saltar ao contido

Luxo Jr.

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Luxo Jr.
 Instancia de
 Parte de
 Título
Luxo Jr. (en) Editar o valor en Wikidata
Características
 Método de fabricación
 Cor
 Xénero artístico
 Formato de distribución
 Lingua orixinal
Implicados
 Produtor/a
 Director/a
 Compositor/a
 Guionista
 Compañía produtora
 Distribuidor/a
Datas
 Data de publicación
1986 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Nomeamentos
Óscar á mellor curtametraxe animada (11 de febreiro de 1987) Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
Duración2 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
VIAF62147662839160550266 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/046p4h Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
IMDB: tt0091455 Filmaffinity: 231149 Allocine: 33132 Rottentomatoes: m/luxo-jr TCM: 517299 BNE: XX5796858 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Luxo Jr. é o primeiro filme producido por Pixar Animation Studios en 1986, despois de se converter nun estudio cinematográfico independente. Trátase dunha curtametraxe de animación por ordenador que pretendeu demostrar as capacidades de produción da compañía. Tamén é, ademais, a primeira curta de Pixar estreada xunto a un dos seus filmes.

A curtametraxe é a orixe da pequena lámpada de escritorio saltarina que máis tarde sería o logo corporativo de Pixar.

Os únicos personaxes son dúas lámpadas de escritorio Anglepoise con brazos articulados, unha grande e outra pequena, inspiradas por unha da marca Luxo que John Lasseter tiña no seu escritorio.

Luxo Jr. xoga cunha pequena bóla de goma, empurrándoa e balanceándose sobre ela. Entrementres, Luxo olla as falcatruadas da pequena lámpada. Finalmente, a bóla desínflase cando Luxo Jr. salta sobre ela; Luxo rifa a Luxo Jr., pero o pequeno atopa unha bóla aínda máis grande, coa que segue a xogar.[1]

  1. Lasseter, J. (1987) citado en Mealing, S. (1998). The Art and Science of Computer Animation. Intellect Books. ISBN 978-1-871516-71-5.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
The Adventures of André and Wally B.
Curtametraxes de Pixar Animation Studios
1986
Sucesor:
Red's Dream