Saltar ao contido

The Incredibles

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

The Incredibles
Logotipo
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
 Título
The Incredibles (en) Editar o valor en Wikidata
 Caracterizado por
Características
 Método de fabricación
 Cor
 Forma artística
 Formato de distribución
 Ambientado en
 Universo ficticio
 Personaxes
 Obra derivada
 Lingua orixinal
Implicados
 Produtor/a executivo
 Director/a
 Compositor/a
 Guionista
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
 Compañía produtora
Datas
 Data de publicación
12 de novembro de 2004 (Suecia)
24 de novembro de 2004 (Francia)
27 de outubro de 2004 (Festival de Cinema de Londres)
5 de novembro de 2004 (Estados Unidos de América)
9 de decembro de 2004 (Alemaña)
2004 Editar o valor en Wikidata
Historia
24 de outubro de 2004Estrea (El Capitan Theatre (pt) Traducir) Editar o valor en Wikidata
 Parte da serie
 Sucedido por
 Premios e distincións
 Nomeamentos
Cifras e dimensións
Duración111 min Editar o valor en Wikidata
Formato de imaxe2.35:1 Editar o valor en Wikidata
Custo92000000 $ Editar o valor en Wikidata
Recadación631606713 $ Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de rodaxe
sen valor Editar o valor en Wikidata
 País de orixe
Códigos e identificadores
ISAN0000-0001-0F27-0000-5-0000-0000-M Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02qm_f Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Código do catálogo
 Páxina WEB
 Puntuación da crítica
97% Rotten Tomatoes (29 de xaneiro de 2026)
8.4/10 Rotten Tomatoes (17 de marzo de 2025)
90/100 Metacritic (6 de decembro de 2024) Editar o valor en Wikidata
IMDB: tt0317705 Filmaffinity: 288179 Allocine: 53096 Rottentomatoes: m/the_incredibles Mojo: incredibles Allmovie: v287450 TCM: 536488 Metacritic: movie/the-incredibles TV.com: movies/the-incredibles Netlix: 70001989 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

The Incredibles (en galego, Os Incribles) é o sexto filme de animación de Pixar Animation Studios, gañador na súa categoría dos Premios Oscar, e o primeiro cun elenco enteiramente composto por personaxes humanos, estreado nos Estados Unidos o 5 de novembro de 2004 e en España o 26 de novembro do mesmo ano.

O filme está escrito e dirixido por Brad Bird, antigo director de capítulos de The Simpsons e máis coñecido por ser responsable da dirección do filme de animación The Iron Giant. Inicialmente foi concibido como un filme de animación convencional para a compañía Warner Bros pero esta clausurou a súa división de animación. Brad Bird foi contratado daquela por Pixar para desenvolver alí o proxecto.

A historia comeza con tres superheroes, Mr. Incredible (Bob Parr), a superheroína Elastigirl (Helen Parr) e Frozone (Lucius Best) nos seus días de gloria, salvando o mundo ata que Mr. Incredible foi demandado por unha persoa que o salvou. Isto provocou unha vaga de accións legais contra todos os superheroes, que foron mandados a un retiro forzado polos próximos 15 anos.

Bob Parr agora ten un emprego rutineiro e aburrido cun xefe insoportable. Bob traballa para manter a súa encantadora familia, composta pola súa dona Helen (Elastigirl) e os seus tres fillos Jack-Jack, Violet, e Dash.

Furioso co seu traballo e co xefe, golpéao, acción que fai que quede sen emprego. É nese momento cando Bob recibe unha proposta para traballar de superheroe, por parte dunha misteriosa e sedutora muller chamada Mirage. Non dubida en aceptar a súa oferta, pero non imaxina que se trata dunha trampa preparada polo malvado Syndrome (Síndrome), un antigo ex-admirador de Mr. Incredible, que quixo ser o seu axudante, só véndose rexeitado por el, e despois diso, está en busca de vinganza. Por fortuna a súa familia acode na súa axuda e xuntos tratarán de impedir que Syndrome faga realidade o seu malvado plan.

The Incredibles gañou os premios Oscar da academia de cine norteamericana ó mellor filme de animación e mellor edición de son do ano 2004.

Ademais, recibiu excelentes críticas e foi galardoada noutros moitos certames recibindo multitude de premios premios e nomeamentos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]