Saltar ao contido

IGN

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

IGN
Logo
Tipovideo game news website, negocio e xornal en liña
Data de fundación29 de setembro de 1996
Fundador(es)Mark Jung
Organización subsidiariaHumble Indie Bundle
SedeSan Francisco
PaísEstados Unidos de América
Na rede
https://www.ign.com, https://world.ign.com e https://www.ign.com.cn/
Facebook: ign Twitter: IGN Instagram: igndotcom Youtube: UCKy1dAqELo0zrOtPkf0eTMw TikTok: ign Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

IGN (abreviatura do nome Imagine Games Network) é unha páxina web estadounidense de videoxogos e entretemento operada por IGN Entertainment Inc., unha subsidiaria de Ziff Davis, á súa vez propiedade de j2 Global. A sede da compañía atópase en San Francisco e está dirixida polo seu antigo editor en xefe, Peer Schneider. A páxina web de IGN foi obra do emprendedor Chris Anderson e foi lanzada o 29 de setembro de 1996. Os seus contidos céntranse en videoxogos, filmes, televisión, banda deseñada, tecnoloxía e outros medios. Orixinalmente unha rede de páxinas web, IGN agora tamén se distribúe en plataformas móbiles, con programas de consola en Xbox e PlayStation, FireTV, Roku, e a través de YouTube, Twitch, Hulu e Snapchat.

Nun principio, IGN era o buque insignia de IGN Entertainment, unha páxina web que posuía e operaba outras páxinas web orientadas ós intereses, xogos e entretemento dos xogadores, como Rotten Tomatoes, GameSpy, GameStats, VE3D, TeamXbox, Vault Network, FilePlanet e AskMen, entre outros. IGN foi vendido á compañía Ziff Davis en febreiro de 2013 e dende entón opera como unha subsidiaria de J2 Global.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]