Coco (filme de 2017)
| Coco | |||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Michael Giacchino | |||||||||||||||
|
Título
| |||||||||||||||
|
Instancia de
| |||||||||||||||
|
Epónimo
| |||||||||||||||
|
Forma artística
| |||||||||||||||
|
Lingua orixinal
| |||||||||||||||
|
Lingua
| |||||||||||||||
|
Franquía de medios
| |||||||||||||||
|
Cor
| |||||||||||||||
|
Formato de imaxe
| |||||||||||||||
| Autoría | |||||||||||||||
|
Interpretado por
| |||||||||||||||
|
Director/a
| |||||||||||||||
|
Compositor/a
| |||||||||||||||
|
Guionista
| |||||||||||||||
|
Editor/a de cine
| |||||||||||||||
| Temática | |||||||||||||||
|
Ambientado en
| |||||||||||||||
|
Personaxes
| |||||||||||||||
| Publicación | |||||||||||||||
|
Produtor/a
| |||||||||||||||
|
Produtor/a executivo
| |||||||||||||||
|
Compañía produtora
| |||||||||||||||
|
Distribuidor/a
| |||||||||||||||
|
Custo
| |||||||||||||||
|
Formato de distribución
| |||||||||||||||
|
Parte da serie
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||
Coco é un filme estadounidense de 2017 producida por Pixar Animation Studios e distribuída por Walt Disney Pictures.[1] Baséase nunha idea orixinal de Lee Unkrich, e foi dirixida polo propio Unkrich e codirixida por Adrian Molina.[2] Conta a historia dun neno de 12 anos chamado Miguel Rivera que é transportado sen querer á terra dos mortos, onde busca a axuda do seu tataravó, un afamado músico, para regresar entre os vivos xunto á súa familia.
O concepto de Coco baséase na festividade mexicana do día dos mortos. Foi escrito por Molina e Matthew Aldrich a partir dunha historia de Unkrich, Jason Katz, Aldrich e Molina. Pixar comezou a desenvolver a animación en 2016; Unkrich e algúns membros de equipo visitaron México para inspirarse. Composer Michael Giacchino, que xa traballara noutros filmes animados de Pixar, compuxo a banda snora. As voces do filme inclúen as de Anthony Gonzalez, Gael García Bernal, Benjamin Bratt, Alanna Ubach, Renée Victor, Ana Ofelia Murguía e Edward James Olmos. Coco é o primeiro filme cun orzamento de nove cifras e un elenco composto completamente de latinos, cun custo de $175–200 millóns.[3]
Coco estreouse o 20 de outubro de 2017, durante o Festival Internacional de Cinema de Morelia en Morelia, México.[4] Foi estreado nos cinemas de México a semana seguinte, a semana antes do Día dos Mortos, e converteuse no filme con maior recadación de tódolos tempos no país.[5][6][7][8] Foi estreado nos Estados Unidos o 22 de novembro de 2017, e recadou preto de $745 millóns en todo o mundo. Recibiu a aclamación da crítica pola súa animación, interpretación vocal, música, historia e repecto pola cultura mexicana. Foi escollido polo National Board of Review como o mellor filme de animación de 2017,[9] e gañou numerosos premios; gañou o Oscar ó mellor filme de animación e á mellor canción orixinal ("Remember Me"), así como o BAFTA, un Globo de Ouro, o Critic's Choice Movie Award e o Annie Award.[10]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Anthony Gonzalez como Miguel Rivera
- Gael García Bernal como Héctor Rivera,
- Benjamin Bratt como Ernesto de la Cruz
- Alanna Ubach como Mamá Imelda Rivera
- Renée Victor como Elena Rivera
- Ana Ofelia Murguía como Mamá Socorro "Coco" Rivera
- Edward James Olmos como Chicharrón
- Alfonso Arau como Papá Julio Rivera
- Selene Luna como Tía Rosita Rivera
- Dyana Ortellí como Tía Victoria Rivera
- Herbert Sigüenza como Tío Oscar e Felipe Rivera
- Jaime Camil como Papá Enrique Rivera
- Sofía Espinosa como Mamá Luisa Rivera
- Luis Valdez como Tío Berto Rivera
- Polo Rojas como Abel Rivera
- Montse Hernández como Rosa Rivera
- Lombardo Boyar como Mariachi
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Coco Press Kit" (PDF). wdsmediafile.com. Consultado o 28 de novembro de 2017.
- ↑ Robinson, Joanna (6 de decembro de 2016). Vanity Fair, ed. "Pixar's Coco is a 'Love Letter to Mexico' in the Age of Trump". Arquivado dende o orixinal o 07 de decembro de 2016. Consultado o 6 de decembro de 2016.
- ↑ "Pixar's 'Coco' feasts on 'Justice League' at box office". New Haven Register. 26 de novembor de 2017. Consultado o 27 de novembro de 2017.
- ↑ "COCO, the new Disney•Pixar movie, will open the 15th FICM". Festival Internacional del Cine en Morelia. 21 de xullo de 2017. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2017. Consultado o 6 de novembro de 2017.
- ↑ Nancy Tartaglione (15 de novembro de 2017). "'Coco's Otherworldly Mexico Run Lands Pixar Toon As Market's No. 1 Movie Ever". Deadline.com. Consultado o 21 de novembro de 2017.
- ↑ Nancy Tartaglione (20 de novembro de 2017). "'Justice League' Lassos $185M Overseas, $390M WW; 'Thor' Rocks To $739M Global – International Box Office". Deadline.com. Consultado o 21 de novembro de 2017.
- ↑ Dave Trumbore (18 de novembro de 2017). Collider, ed. "This Week in Animation: Pixar’s ‘Coco’ Now Mexico’s #1 Film of All-Time". Consultado o 21 de novembro de 2017.
- ↑ Dave McNary (15 de novembro de 2017). Variety, ed. "Disney-Pixar's 'Coco' Breaks Box Office Record in Mexico". Consultado o 21 de novembro de 2017.
- ↑ "National Board of Review Announces 2017 Award Winners". National Board of Review. 28 de novembro de 2017. Consultado o 7 de decembro de 2017.
- ↑ "9OSCARS". ABC. 4 de marzo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2018. Consultado o 5 de marzo de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Coco na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Filmes de 2017
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes de México
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes de 2017 en 3D
- Filmes sobre nenos
- Filmes sobre familias
- Filmes sobre a vellez
- Filmes sobre vinganza
- Filmes gañadores do Óscar á mellor canción orixinal
- Óscar ó mellor filme de animación
- Globo de Ouro á mellor animación
- Filmes ambientados en México
- Filmes de Pixar