Saltar ao contido

Escuadrón Suicida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Escuadrón Suicida
Logotipo
Imaxe
 Instancia de
 Título
Suicide Squad (en) Editar o valor en Wikidata
 Baseado en
 Caracterizado por
 Lingua orixinal
Características
 Cor
 Formato de distribución
Obra
 Edicións
 Universo ficticio
Implicados
 Produtor/a
 Produtor/a executivo
 Director/a artístico/a
 Director/a
 Compositor/a
 Guionista
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
 Deseñador/a produción
 Deseñador/a vestiario
Organizacións
 Compañía produtora
 Distribuidor/a
Economía
Custo175000000 $ Editar o valor en Wikidata
Recadación746846894 $ Editar o valor en Wikidata
Datas
 Data de publicación
4 de agosto de 2016 (Hungría)
3 de agosto de 2016 (Francia)
5 de xuño de 2016 (Estados Unidos de América)
18 de agosto de 2016 (Alemaña) Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
 Parte da serie
 Sucedido por
Dimensións
Duración123 min Editar o valor en Wikidata
Formato de imaxe2.35:1 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Recoñecemento
 Premios e distincións
 Nomeamentos
Óscar á mellor maquillaxe (26 de febreiro de 2017) Editar o valor en Wikidata
 Puntuación da crítica
40/100 Metacritic (16 de xuño de 2025)
26% Rotten Tomatoes (16 de agosto de 2023)
4.8/10 Rotten Tomatoes (18 de febreiro de 2023) Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/012dwdjr Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
IMDB: tt1386697 Filmaffinity: 592391 Allocine: 144185 Rottentomatoes: m/suicide_squad_2016 Mojo: dc2016 Allmovie: v617723 TCM: 2060810 Metacritic: movie/suicide-squad
Facebook: SuicideSquad Twitter: SuicideSquadWB Instagram: suicidesquadmovie Netlix: 80091595 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Escuadrón Suicida (en inglés, Suicide Squad) é un filme estadounidense de superheroes[1] baseado no equipo de antiheroes de DC Comics Suicide Squad. É o terceiro filme do universo DC Extended Universe. O filme foi escrito e dirixido por David Ayer e está protagonizado por Will Smith, Jared Leto, Margot Robbie, Joel Kinnaman, Viola Davis, Jai Courtney, Jay Hernandez, Adewale Akinnuoye-Agbaje, Ike Barinholtz, Scott Eastwood e Cara Delevingne. En Suicide Squad, unha axencia secreta do goberno liderada por Amanda Waller recruta a super villanos encarcerados para levar a cabo misións e salvar o mundo dunha grande ameaza, en troques de reducir as súas condenas. O desenvolvemento do filme comezou no 2009, por Warner Bros. Pictures. Ayer asinou para escribir e dirixir en setembro de 2014, e en outubro, comezou o proceso de casting. A fotografía principal comezou o 13 de abril de 2015, en Toronto, Ontario, con rodaxes adicionais en Chicago, Illinois, e rematou en agosto dese mesmo ano.

Escuadrón Suicida estreouse en Nova York o 1 de agosto de 2016 e foi estreado nos Estados Unidos o 5 de agosto de 2016, en 2D, 3D e IMAX 3D. Despois dun gran comezou que estabeleceu novos récords de recadación, o filme conseguiu máis de $743 millóns en todo o mundo; converténdose no oitavo filme con máis recadación de 2016. Recibiu críticas negativas, que consideraron a trama confusa, a dirección axitada e as personaxes mal escritas. Malia isto, a interpretación de Margot Robbie foi eloxiada.

Emitiuse en galego o 29 de xullo de 2020 na TVG.[2] O director de dobraxe foi Antón Rubal e foi traducido por Andrea Ucha Bouzada.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
Voz da dobraxe galega de Matías Brea.
Voz da dobraxe galega de Óscar Fernández.
Voz da dobraxe galega de Isabel Vallejo.
Voz da dobraxe galega de Charo Pena.

Ben Affleck e Ezra Miller recuperan os seus papeis de Batman contra Superman: O amencer da xustiza como Bruce Wayne / Batman e Barry Allen / Flash, respectivamente.

A escena de crédito medio do filme leva ao filme de 2017 A Liga da Xustiza. Ademais, houbo varios spin-offs e secuelas anunciadas en fase de desenvolvemento:

En febreiro de 2019, confirmouse que Margot Robbie repetiría o seu papel de Harley Quinn.[3] En marzo de 2019, The Hollywood Reporter anunciou que Idris Elba foi elixido como Deadshot, en substitución de Will Smith, que abandonou debido a conflitos de programación.[4] En abril de 2019, David Dastmalchian e Daniela Melchior foron elixidos como Polka-Dot Man e Ratcatcher, mentres que John Cena estaba en conversacións para o papel de Peacemaker.[5][6][7]

  1. Jane Anders, Charlie (9 de agosto de 2016). Wired, ed. "Suicide Squad Is the Future of Superhero Movies—Except For One Thing". Consultado o 13 de agosto de 2013.
  2. "Escuadrón Suicida na TVG". TVG. 29 de xullo de 2020. Consultado o 7 de maio de 2021.
  3. "Why David Ayer Is Directing Gotham City Sirens Instead Of Suicide Squad 2". Cinemablend. Consultado o 2019-05-02.
  4. Hughes, Mark (2019-02-13). "Why The Future Of DCEU Movies Looks Brighter Than Ever (Updated)". Forbes. Arquivado dende o orixinal o 2019-02-28. Consultado o 2019-02-28.
  5. Goldberg, Matt (2019-04-29). "'The Suicide Squad' Casts David Dastmalchian as Outlandish Villain". Collider. Consultado o 2019-04-29.
  6. "Newcomer Daniela Melchior Eyed For Ratcatcher Role in 'Suicide Squad' Sequel (EXCLUSIVE)". 2019-04-30. Consultado o 2019-04-30.
  7. Kroll, Justin (2019-04-17). "John Cena Eyed for 'Suicide Squad' Sequel (EXCLUSIVE)". Variety. Consultado o 2019-04-17.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]