Saltar ao contido

Geri's Game

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Geri's Game
Tipocurtametraxe de animación Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticocinema de animación, filme familiar e comedia Editar o valor en Wikidata
Lingua orixinallingua inglesa e sen valor Editar o valor en Wikidata
Autoría
Director/aJan Pinkava Editar o valor en Wikidata
Compositor/aGus Viseur Editar o valor en Wikidata
GuionistaJan Pinkava Editar o valor en Wikidata
Temática
Tema principalxadrez Editar o valor en Wikidata
Publicación
País orixeEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Produtor/aEdwin Catmull e John Lasseter Editar o valor en Wikidata
Compañía produtoraPixar Editar o valor en Wikidata
Distribuidor/aWalt Disney Studios Motion Pictures e Disney+ Editar o valor en Wikidata
Formato de distribuciónvídeo baixo demanda Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Duración5 minutos Editar o valor en Wikidata
Premios
Contacto
Páxina WEBpixar.com… Editar o valor en Wikidata
RedesIMDB: tt0131409 Filmaffinity: 391607 Allocine: 18017 Rottentomatoes: m/geris-game TCM: 526369 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Geri's Game é unha curtametraxe de animación por ordenador feita por Pixar en 1997. Foi escrita e dirixida por Jan Pinkava. Trátase da primeira curta de Pixar creada despois de Toy Story; a anterior curta fora Knick Knack en 1989.

O filme gañou un Premio Oscar á mellor curtametraxe animada no ano 1998.

O filme transcorre nun parque baleiro en outono. O protagonista, Geri (voz de Bob Peterson), é un vello que xoga ao xadrez contra si mesmo, indo dun ao outro lado da mesa e converténdose nun dos dous xogadores en cada quenda. Ao cambiar de lado e ser o outro xogador, adopta unha personalidade diferente e mesmo quita e pon os lentes para mostrar o cambio.

A medida que se desenvolve a partida, semella que hai dúas persoas diferentes xogando. O Geri que xoga coas negras axiña vai comendo pezas ao outro Geri, que queda co rei soamente en xaque mate. Porén, o Geri das brancas simula un ataque ao corazón para distraer ao outro e xirar o taboleiro de xadrez. Unha vez recuperado, o Geri das pezas negras comproba que agora é el o que está en xaque mate, resígnase e dálle ao Geri que xogaba coas brancas unha prótese dental como premio. Este Geri pon a dentadura e bota a rir, mentres a cámara vai cara a atrás revelando que está el só xunto ao taboleiro de xadrez.

Desenvolvemento

[editar | editar a fonte]

Geri's Game é a primeira produción de Pixar na que aparece un ser humano como protagonista, e o seu obxectivo foi "levar a animación de humanos e roupa a novas alturas".[1][2][3]

A faciana do personaxe Geri parécese ao actor Jonathan Harris, que posteriormente daría voz a Geri na súa aparición en Toy Story 2. Neste mesmo filme, Geri é un restaurador de xoguetes e arranxa o brazo roto de Woody. Na súa caixa de ferramentas pódense ver varias pezas de xadrez como referencia á curtametraxe.

O director de Geri's Game, Jan Pinkava, comentou que o personaxe está baseado parcialmente en si mesmo e nos seus parentes máis vellos, particularmente no seu avó, que xogaba ao xadrez a miúdo.[4]

Lanzamento

[editar | editar a fonte]

Geri's Game proxectouse xunto á estrea en cines de A Bug's Life e máis adiante iría entre os contidos adicionais das publicacións en VHS e DVD do filme. Tamén se atopa no DVD Pixar Short Films Collection - Volume 1.

  • 1997 - Premios Oscar - Mellor Curtametraxe Animada
  • 1998 - Festival de Animación Anima Mundi - Mellor Filme x2
  • 1998 - Festival Internacional Annecy de Filmes de Animación - Jan Pinkava
  • 1998 - Premios Annie Award - Logro sobresaliente en curtametraxe animada
  • 1998 - Festival de cine de Florida - Mellor Curtametraxe
  • 1998 - World Animation Celebration - Mellor 3-D CGI profesional, Jan Pinkava
  • 1998 - Festival Mundial de Filmes Animados de Zagreb - Favorito de Internet
  • Cando o Geri que xoga coas pezas brancas simula o ataque ao corazón e xira o taboleiro de xadrez, a caixa coas pezas comidas cae ao chan. Porén, cando o plano de cámara cambia, a caixa coas pezas non está no chan nin en ningunha outra parte.
  1. "Pixar - Geri's Game - Behind the Scenes". Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2012. Consultado o 12 de marzo de 2011. 
  2. "B Robertson - "Meet Geri: The new face of Animation", Computer Graphics World 1998" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de maio de 2011. Consultado o 12 de marzo de 2011. 
  3. "T DeRose, M Kass, T Truong - "Subdivision surfaces in character animation", Proceedings of SIGGRAPH 1998" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de xaneiro de 2007. Consultado o 12 de marzo de 2011. 
  4. "Pixar Artist's Corner - Interview with Jan". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2012. Consultado o 12 de marzo de 2011. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Knick Knack
Curtametraxes de Pixar Animation Studios
1997
Sucesor:
For the Birds