Saltar ao contido

Wired

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Wired
 Título
Wired Editar o valor en Wikidata
 Lingua
 Propietario
Temática
Publicación
 Editor/a
 Editorial
Datas
 Fundación / creación
marzo de 1993 Editar o valor en Wikidata
 Periodicidade
1 MM Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
 Lugar de publicación
 País de orixe
Identificadores
ISSN1059-1028 Editar o valor en Wikidata
OCLC24479723 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0hcft e /m/024lmk Editar o valor en Wikidata
OpenAlexS4306534827 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Correo
 Descrito pola fonte
Redes
Facebook: wired Twitter: WIRED Instagram: wired Bluesky: wired.com LinkedIn: wired Youtube: UCftwRNsjfRo08xYE31tkiyw TikTok: wired Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Wired é unha revista mensual estadounidense que existe dende 1993 e un páxina web de novas homónimo.[1] Wired trata de reflectir a maneira en que a tecnoloxía afecta á cultura, á educación, á economía e á política. A revista é propiedade da editorial Condé Nast Publications e publícase en San Francisco, California.

A palabra inglesa "Wired" pódese traducir ó galego como "cableado/a", o que debe entenderse no contexto da época de fundación da revista, no cal as computadoras dependían exclusivamente de cables para conectar os seus compoñentes entre si, como o monitor, o rato, o teclado ou a impresora. Outra tradución do título da revista en galego podería ser "conectado", no sentido da visión dos seus lectores como xente conectada ou enganchada ás novas tecnoloxías e as súas conexións coa cultura, a economía, a política, a moda etc.

O primeiro número da revista foi publicado para o período de marzo-abril de 1993, conforme á súa propia nomenclatura o 1.01 (a primeira cifra indica o ano e a segunda o mes). O xornalista Louis Rosetto e a súa socia Jane Metcalfe fundaron a revista no ano 1993 co apoio inicial do empresario da industria do software Charlie Jackson e Nicholas Negroponte, director do Laboratorio de Medios do MIT, que ademais traballou como columnista durante máis de seis anos. Desde o comezo, Wired foi un grande éxito editorial e foi comparada con Rolling Stone polo seu impacto na sociedade norteamericana.