Piper

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pementeiras (xénero Piper)
Piper nigrum, a pementeira, na revista botánica Curtis, vol.59, pl. 3139,  Londres, 1832.
Piper nigrum, a pementeira, na revista botánica Curtis, vol.59, pl. 3139, Londres, 1832.
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Fanerógama Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Piperales
Familia: Piperaceae
Xénero: ''Piper''
L.
Especies

Véxase no texto.

Sinonimia

Anderssoniopiper Trel.
Arctottonia Trel.
Artanthe Miq.
Chavica Miq.
Discipiper Trel. & Stehlé
Lepianthes Raf.
Lindeniopiper Trel.
Macropiper Miq.
Ottonia Spreng.
Pleiostachyopiper Trel.
Pleistachyopiper Trel.
Pothomorphe Miq.
Trianaeopiper Trel.

Piper cubeba, Cubeb, Pementa de Cubeb.
Piper retrofractum

Piper é un xénero económica e ecoloxicamente de grande importancia da familia Piperaceae, cunhas 1.000 especies aceptadas, das máis de 3.770 descritas[1] entre arbustos, herbas, e rubideiras, das cales hai especies sobreabundantes no seu hábitat nativo, mentres outras son graves invasoras en áreas introducidas. O xénero ten especies interesantes para estudar historia natural, química de produtos naturais, ecoloxía de comunidades, bioloxía evolucionaria. Coñécense vulgarmente coma pementeiras. Dalgunhas especies tírase a pementa, coñecido condimento.

Hábitat e distribución[editar | editar a fonte]

As especies de Piper teñen unha distribución pantropical, e son moi comúns de terras baixas de selvas tropicais, mais aparecen a maiores altitudes; unha especie (P. kadsura do sur do Xapón e sur de Corea) é subtropical e tolera invernos liviáns con xeadas.

Ecoloxía[editar | editar a fonte]

As especies do xénero Piper empréganse coma organismo modelo en estudos en ecoloxía e bioloxía evolucionaria. A importancia ecolóxica e a súa diversificación xenérica faina candidata para ditos análises, e tamén se ten focalizado en investigación económica con importantes especies como P. nigrum (pementeira negra), Piper methysticum, e Piper betle).

Acháronse formigas mutualistas nalgunhas especies de Piper con forte influencia na súa bioloxía, polo que son sistemas ideais para estudar a evolución da simbiose e o efecto do mutualismo en comunidades bióticas.

As pementeiras soen dominar a flora do ecosistema onde se achan.

Especies máis comúns[editar | editar a fonte]


Tamén están aceptados uns 50 táxones infra-específicos dos case 400 descritos.[1]

Doenzas[editar | editar a fonte]

Artigo principal: w:en:List of pepper diseases.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Dyer, L.A. and A.N. Palmer. 2004. Pimienta: un género modelo para estudios de evolución, ecología química, e interacciones tróficas'. Kluwer Academic Publishers, Boston. ISBN 0-306-48498-6

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Piper
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Piper