Saltar ao contido

Frozen (filme de 2013)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Frozen
Ficha técnica
Título orixinalFrozen
DirectorChris Buck
Jennifer Lee
ProdutorPeter del Vecho, John Lasseter
GuiónJennifer Lee
Baseado enno conto A raíña das neves
IntérpretesKristen Bell
Idina Menzel
Jonathan Groff
Josh Gad
Santino Fontana
Alan Tudyk (voces)
MúsicaChristophe Beck
Kristen Anderson-López (letras)
Robert Lopez (cancións)
EstudioWalt Disney Animation Studios
DistribuidoraWalt Disney Pictures
Estrea27 de novembro de 2013
Duración102 minutos[1]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroAnimación, fantasía, comedia
Orzamento150 millóns de dólares
Recadación1.026 millóns de dólares (en marzo de 2014)[2]
Filme anteriorBrave
Filme seguinteBig Hero 6
Na rede
https://frozen.disney.com/
IMDB: tt2294629 Filmaffinity: 926588 Allocine: 203691 Rottentomatoes: m/frozen_2013 Mojo: frozen2013 Allmovie: v555200 TCM: 889117 Metacritic: movie/frozen-2013 TV.com: movies/frozen-2013
Facebook: DisneyFrozen Instagram: disneyfrozen Netlix: 70279000 Editar o valor en Wikidata

Frozen é un filme de animación musical estadounidense producido por Walt Disney Animation Studios. É o 53º filme animado producido polo estudio e está vagamente inspirado no conto de fadas A raíña das neves, do dinamarqués Hans Christian Andersen. O filme foi distribuído pola Walt Disney Studios Motion Pictures baixo o selo da Walt Disney Pictures e estreouse coa curtametraxe Get a Horse! o 27 de novembro de 2013 nos Estados Unidos.

En 2014 venceu na categoría de mellor filme de animación nos Premios Globo de Ouro de 2014, e gañou o Óscar ó mellor filme de animación e á mellor canción. É o 15º filme na lista das maiores recadacións na historia, sendo a segunda animación en superar a marca de 1 billón de dólares recadados; o primeiro foi Toy Story 3.

Elsa, a filla máis vella do rei e da raíña de Arendelle, situado nalgún lugar de Noruega, naceu coa capacidade máxica de crear xeo e neve. Un día cando tiña once anos, mentres xogaba coa súa irmá Anna de oito, accidentalmente acértalle cun raio xeado; polo que se agocha de todos para aprender a controlar os seus poderes até o día da súa coroación. Despois de, accidentalmente, condenar o reino a un inverno eterno, Elsa foxe e autoexíliase nun castelo de xeo que ela mesma ergue coa súa maxia. Anna e Kristoff, un destemido mozo que traballa na montaña carrexando xeo cun carro e un reno, parten na procura de Elsa para traela de volta a Arendelle e reverteren o inverno en verán.

  • Kristen Bell como Anna con 18 anos.[3] Con cinco anos é dobrada por Gabrielle e con nove por Katie Lopez.[4][5] Cando é adolescente con quince anos durante o loito pola morte dos pais, a personaxe é dobrada por Agatha LeeMonn.[5]
  • Idina Menzel como Elsa xa adulta con vinte e un anos .[3] Con oito anos é dobrada por Eva Bella.[6] Con doce anos, mentres fala asustada cos pais sobre o aumento dos seus poderes, a personaxe é dobrada por Spencer Lacey Ganus.[7][8]
  • Jonathan Groff como Kristoff.[9]
  • Josh Gad como Olaf.[10]
  • Santino Fontana como Hans.[10]
  • Alan Tudyk como o Duque de Weselton.[10]
  • Chris Williams como Oaken.[11]
  • Maia Wilson como Bulda.[12]

Produción

[editar | editar a fonte]

Desenvolvemento

[editar | editar a fonte]

As tentativas da Walt Disney Animation Studios en adaptar o conto de fadas A raíña das neves nunha longametraxe remóntanse a 1943,[13] aínda que outras tentativas se fixeron na década de 1990 e en 2003.[14]

Para conseguir o efecto de refracción da luz sobre o xeo da forma máis realista posíbel, os animadores do filme visitaron un hotel feito de xeo no Quebec, no Canadá.[15] Para a ambientación da historia, Noruega foi usada como inspiración e escenario para o filme.[16]

É o primeiro filme da Walt Disney Animation Studios desde Lady and the Tramp (A dama e o vagabundo) producido usando CinemaScope.[17]

O 22 de decembro de 2011, o estudio anunciou oficialmente o filme, xunto coa data de lanzamento, despois de case unha década de especulación pública sobre a súa produción.[18] O 5 de marzo de 2012, anunciouse que a actriz Kristen Bell fora contratada para fornecer a voz de Anna, e que Chris Buck, que xa traballara co estudio dirixindo Tarzan, era o director do filme, xunto con Peter del Vecho na produción e John Lasseter na produción executiva.[19] En xuño, anunciouse que Idina Menzel fora contratada para fornecer a voz de Elsa, e que as cancións orixinais do filme estaban a cargo dos compositores de Broadway Robert Lopez e a súa esposa Kristen Anderson-López.[20] O 30 de novembro, foi anunciado que Jennifer Lee, a coguionista de Wreck-It Ralph, xuntouse a Buck como codirectora, tornándose así a primeira muller na historia a dirixir un filme para o estudio.[21] O 19 de decembro, anunciouse que Jonathan Groff fora contratado para fornecer a voz de Kristoff.[9] O 19 de febreiro de 2013, Christophe Beck foi anunciado como o compositor da banda sonora do filme.[22]

A banda sonora de Frozen (Frozen (Original Motion Picture Soundtrack) - novembro de 2013) foi composta por Christophe Beck para a Walt Disney Records, coas cancións orixinais a cargo de Robert Lopez (música) e Kristen Anderson-López (letra), sendo así a segunda colaboración dos tres compositores coa Walt Disney Animation Studios.

Na Expo D23 realizada en agosto de 2012, a canción titulada "Let It Go" foi presentada e interpretada para o público.[23] Na Expo D23 de 2013, a música foi novamente interpretada, desta vez por Idina Menzel, a dobradora de Elsa.[24] Para promover o filme, unha variación pop da música foi interpretada por Demi Lovato e divulgada en outubro no YouTube.[25] Outra variación, titulada "Libre Soy" e destinada a promover o filme no mercado latino-hispano, foi interpretada por Martina Stoessel e divulgada en novembro.[26]

O filme estreouse xunto coa curtametraxe Get a Horse! o 27 de novembro de 2013 nos Estados Unidos e tamén en Galicia na versión castelá.

Recepción

[editar | editar a fonte]

Despois do seu lanzamento, Frozen recibiu comentarios bastante positivos da crítica especializada. Rotten Tomatoes, que fai unha media da aprobación dun filme baseándose nas reportaxes recollidas, deu á animación unha clasificación de 89% en base a 176 comentarios. O consenso do sitio di o seguinte: "Marabillosamente animado, intelixentemente escrito e cheo de cancións ben interpretadas, Frozen é logo, outra boa entrada digna da Disney".[27]

Entre outros moitos premios tivo dous nomeamentos aos Oscar 2014. Gañou o Oscar ao Mellor filme de animación para Chris Buck e Jennifer Lee; e o de Mellor Canción Orixinal para Kristen Anderson-López e Robert Lopez.

Recibiu tamén un premio BAFTA, e o Globo de Ouro á Mellor Animación para Chris Buck e Jennifer Lee.

  1. "Frozen". Ontario Film Review Board. 12 de novembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2014. Consultado o 15 de xaneiro de 2014. 
  2. "Frozen (2013) - Box Office Mojo". Box Office Mojo (en inglés). Consultado o 13 de febreiro de 2014. 
  3. 3,0 3,1 "Disneys frozen kristen bell and idina menzel to voice new animated tale". Insidemovies.ew.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de xuño de 2013. 
  4. "Ficha de Livvy Stubenrauch". Internet Movie Database (en inglés). 
  5. 5,0 5,1 "Walt Disney Animation Studios' "Frozen" Lets Go With Dynamic Soundtrack". Online.wsj.com. 
  6. "Ficha de Eva Bella". Internet Movie Database (en inglés). 
  7. "Ficha de Spencer Lacey Ganus". Internet Movie Database (en inglés). 
  8. "Ficha de Maia Mitchell". Internet Movie Database (en inglés). 
  9. 9,0 9,1 "Jonathan Groff Joins Disney's Frozen Voice Cast". Comingsoon.net. Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2012. 
  10. 10,0 10,1 10,2 "Josh Gad, Santino Fontana and Alan Tudyk Joins Frozen Voice Cast". Comingsoon.net. Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2013. 
  11. "Ficha de Chris Williams". Internet Movie Database (en inglés). 
  12. "Ficha de Maia Wilson". Internet Movie Database (en inglés). 
  13. "Countdown to Disney "Frozen" : How one simple suggestion broke the ice on the "Snow Queen" 's decades-long story problems". Jimhillmedia.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2013. 
  14. "Disneys frozen the snow queen cg handdrawn". Slashfilm.com (en inglés). 
  15. "The story behind the story of Frozen". Blogs.disney.com (en inglés). 
  16. "Into the research behind Disneys Frozen". Desireeeaglin.net (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2014. 
  17. "Frozen preview designing Arrendelle". Blogs.indiewire.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2013. 
  18. "Walt disney animation the snow queen life retitled frozen hand drawn". Slashfilm.com (en inglés). 
  19. "Kristen Bell Set to Star in Stage Adaptation 'Some Girls', Animated Feature 'Frozen' (Exclusive)". Hollywoodreporter.com (en inglés). 
  20. "Ficha de Frozen". Bcdb.com. 
  21. "Jennifer Lee to co-direct Disney animated film Frozen". Deadline.com (en inglés). 
  22. "Christophe Beck to score Disneys Frozen". Filmmusicreporter.com. 
  23. Nachman, Brett (16 de agosto de 2012). "Disney In Depth: The Future Of Disney Animation (Frozen, Paperman & Wreck-It Ralph) – A Recap Of D23′s Destination D Event". Geeks of Doom (en inglés). Consultado o 17 de xaneiro de 2013. 
  24. "VIDEO: Idina Menzel Premieres FROZEN Song At D23!". Broadwayworld.com. Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2013. 
  25. "Demi Lovato - Let it go - Disney Frozen listen". Hollywoodlife.com. Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2014. Consultado o 21 de marzo de 2014. 
  26. "Martina Stoessel, protagonista de Violetta, canta el tema de Frozen". Exitoina.com. Arquivado dende o orixinal o 23 de febreiro de 2014. 
  27. "Frozen - Rotten Tomatoes". Rotten Tomatoes (en inglés). Consultado o 23 de xaneiro de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]