Saltar ao contido

Orestes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaOrestes
Biografía
Lugar de sepulturaTomb of Orestes near sanctuary of the Fates at Sparta (en) Traducir
Tomb of Orestes outside Tegea (en) Traducir
Mnema of the Finger near Ake (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Rei mitolóxico de Esparta
King of Mycenae (en) Traducir
Rei de Argos
Editar o valor en Wikidata
Celebraciónmitoloxía grega Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeHermíone Editar o valor en Wikidata
ParellaErígone Editar o valor en Wikidata
FillosTisâmeno
 () Hermíone
Pentilo
 () Erígone Editar o valor en Wikidata
PaisAgamenón Editar o valor en Wikidata  e Clitemnestra Editar o valor en Wikidata
IrmánsElectra
Laódice
Crisótemis
Ifianasa
Ifixenia Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNovo Dicionario Enciclopédico, 1911-1916
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Encyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata


Orestes (en grego antigo Ὀρέστης) é un personaxe da mitoloxía grega, único fillo home de Agamenón e Clitemnestra.

Segundo a historia homérica Orestes estaba ausente de Micenas cando o seu pai volveu da Guerra de Troia e foi asasinado polo amante da súa esposa, Existo. Oito anos despois Orestes volveu de Atenas e vingou a morte do seu pai asasinando o amante da súa nai. Segundo Píndaro, Orestes foi salvado pola súa aia Arsínoe ou a súa irmá Electra, que o sacou do país cando Clitemnestra quería matalo. Fuxiu a Fanote, ao monte Parnaso, onde o rei Estrofio se fixo cargo del.

No seu vixésimo aniversario o oráculo de Delfos ordenoulle volver ó seu fogar e vingar a morte do seu pai. Orestes regresou a casa xunto co seu amigo Pílades, fillo de Estrofio. Segundo Esquilo, Orestes atopouse coa súa irmá Electra ante a tumba de Agamenón, onde ambos os dous foran a render honras ao defunto; recoñecéronse e planearon o modo en que Orestes levaría a cabo a vinganza. A mesma historia básica é narrada de formas diferentes por Sófocles e Eurípides nas súas respectivas obras tituladas Electra.

Nas Euménides de Esquilo, trala vinganza (ás veces coa axuda de Electra) Orestes tolea e é perseguido polas Erinias (que non fan o mesmo con Electra), cuxo deber é castigar calquera violación dos nós de piedade familiar. Orestes refúxiase no templo de Delfos, pero, malia que Apolo lle ordenara levar a cabo a vinganza, non é quen de protexer a Orestes das súas consecuencias. Finalmente, Atenea recíbeo na acrópole de Atenas e organiza un xuízo formal do caso ante o Areópago, un tribunal formado por doce xuíces áticos. As Erinias esixen a súa vítima, Orestes alega que recibira as ordes de Apolo, e os votos dos xuíces quedan divididos equitativamente e Atenea o declara inocente co seu voto decisivo. As Erinias son pacificadas cun novo ritual no que son adoradas como Euménides e Orestes dedica un altar a Atenea Areia.

Con Esquilo o castigo termina aquí, pero, segundo Eurípides, para poder escapar da persecución das Erinias, Apolo ordenou a Orestes ir a Tauro (actual Crimea), apoderarse da estatua de Artemisa Tauropola, que caera do ceo, e levala a Atenas. Orestes marchou a Tauro con Pílades e os dous foron encarcerados polos habitantes da rexión, os tauri, que tiñan por costume sacrificar todos os estraños a Artemisa. A sacerdotisa de Artemisa encargada de realizar o sacrificio era a súa irmá Ifixenia, quen ofrece liberar a Orestes (sen saber que era seu irmán) se este leva consigo unha carta até Grecia. Orestes rexeita facelo, pero ofrece a Pílades levar a carta mentres el queda para ser sacrificado. Tras un conflito de mutuo afecto, Pílades termina por acceder, pero a carta fai que Orestes e Ifixenia se recoñezan e os tres escapan xuntos, levando con eles a imaxe de Artemisa.

Tralo seu retorno a Grecia, Orestes toma posesión do reino do seu pai, Micenas (matando o fillo de Existo, Aletes), e anexiona Argos e Laconia.

Morre pola mordedura dunha serpe en Arcadia, e o seu corpo é levado a Esparta (onde é soterrado e se converte en obxecto de culto) ou, segundo unha lenda italiana, a Aricia, de onde é trasladado a Roma (Servio, Sobre a Eneida, ii.116).

Antes da Guerra de Troia, Orestes estivera prometido á súa curmá Hermíone, filla de Menelao. Tras ela, Menelao quixo que a súa filla casase con Neoptólemo. Orestes e Neoptólemo loitaron, e este último morreu. Ao casar con Hermíone e facerse con Argos e Arcadia despois de que os seus tronos quedaran vacantes, Orestes chegou a ser o gobernante de todo o Peloponeso. O seu fillo, Tisámeno, foi máis tarde asasinado polos heráclidas.

Nunha versión da historia de Télefo, Orestes foi apresado por este, quen esixía que Aquiles o sandase.

Segundo algunhas fontes, Orestes foi pai de Pentilo coa súa medio-irmá Erígone.

Orestes na literatura

[editar | editar a fonte]

A historia de Orestes foi obxecto da Orestíada tanto de Esquilo (Agamenón, Coéforas, Euménides) como de Estesícoro, da Electra de Sófocles, e da Electra, Ifixenia en Táuride e Orestes de Eurípides. Existe un poema épico en latín, formado por uns 1.000 hexámetros, titulado Orestes Tragoedia, atribuído a Draconcio de Cartago.

Orestes aparece tamén como personaxe principal de varias lendas relacionadas coa súa tolemia e purificación, tanto en Grecia como en Asia. Nelas Orestes é o mortal cheo de culpa ao que purifican do seu pecado pola graza dos deuses, cuxa misericordiosa xustiza se amosa a todas as persoas cuxo crime sexa mitigado por circunstancias atenuantes. Os implacables lazos de sangue da sociedade primitiva dan lugar a un xuízo xusto e, en Atenas, cando os votos dos xuíces están divididos equitativamente, prevalece a compaixón.

Outros Orestes

[editar | editar a fonte]

Outros personaxes da mitoloxía grega co nome de Orestes foron:

Referencias contemporáneas

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]