Hexámetro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O hexámetro é un verso da poesía grega e latina que consta de seis pés formados por dáctilos e espondeos, ou troqueo se é o sexto pé, sendo obrigatorio que o quinto sexa un dáctilo[1]. Pode presentarse en series de só hexámetros ou ben en parellas constituídas por un hexámetro e un pentámetro; neste caso trátase da estrofa denominada dístico elexíaco.

Homero. Óleo de Auguste Leloir. 1841. Museo do Louvre.

Estrutura e cesuras[editar | editar a fonte]

Un dáctilo está formado por unha sílaba longa e dúas breves ( _ U U ), un espondeo por dúas sílabas longas ( _ _ ).

A cesura máis corrente é a penthemíheres ou penthemímera, chamada así porque vai tras a quinta unidade de medida (entendendo por tal unha longa ou dúas breves); con ela soa xa é correcto é hexámetro:

__ UU / __ __ / __ || __ / __ UU / __UU / __ U
Nos patriae fines || et dulcia linquimus arva.

A seguinte é a hepthemímeres ou hepthemímera, que vén tras a sétima unidade de medida, e debe presentarse sempre coa trihemímeres ou trihemímera para que sexa correcto o hexámetro; esta última vai tras a terceira unidade de medida. Hai outras combinacións de cesuras, pero son moi raras. Os seis acentos ou ictus do hexámetro van colocados sempre na primeira sílaba de cada pé, que é longa.

_ U U ou ben _ _ / _U U ou ben _ _ / _ U U ou ben _ _ / _ U U ou ben _ _ / _ U U / _ U

Cantos máis dáctilos conteña un hexámetro, mellor, e cada hexámetro debe conter polo menos un dáctilo puro. A única excepción na poesía clásica é Catulo, 116, 3. En Homero é moi frecuente a cesura feminina.

O hexámetro holodactílico consta só de dáctilos, salvo o pé final; o holoespondaico só de espondeos salvo a cláusula final de dous pés; o hexámetro latino baséase na alternancia de pés dáctilos e espondeos, aínda que a cláusula final é sempre a mesma: __UU / __U. O ideal para o poeta é incluír o máximo número de dáctilos e o mínimo de espondeos, pero como é practicamente imposíbel soster un ritmo continuo de hexámetros holodactílicos e o ritmo sería moi monótono, a convención admite a substitución de dúas breves por unha longa para formar un espondeo salvo na cláusula final.

Os gramáticos antigos como Servio no seu De centum metris clasificaban tamén outras formas de hexámetro que non se tratan de métrica como se entende agora. Por exemplo, os seguintes versos rhopalicos de Ausonio:

En cada verso, cada palabra crécese dunha sílaba. Na mesma maneira, o verso áureo (vide. golden line) trátase das partes da oración, especificamente como os adxectivos, nomes, e verbos atópanse dentro do hexámetro.

Licenzas métricas do hexámetro[editar | editar a fonte]

O hexámetro recorre frecuentemente, para lograr a correcta medida cuantitativa do verso, a diversas licenzas como a sinalefa ou elisión, o hiato, a aférese, a sinérese, a diérese, a sinícese, a abreviación iámbica ou o zeugma de Hermann, entre outras.

Hexámetro na literatura clásica[editar | editar a fonte]

O hexámetro é o verso comunmente usado na poesía épica e na poesía didáctica grega e latina. Empregouse nas principais epopeas gregas: A Ilíada e a Odisea de Homero; nas epopeas latinas, como a Eneida de Virxilio, a Farsalia de Lucano e a Tebaida de Estacio; na poesía didáctica grega e na latina de Lucrecio (De rerum natura) e Ovidio (As metamorfoses).

O hexámetro noutras literaturas[editar | editar a fonte]

A métrica das distintas literaturas europeas tentou imitar a andaina do hexámetro grecolatino con desigual sorte; tentárono sobre todo os poetas alemáns.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Se llama «espondeo» al pie compuesto en la métrica clásica por dos sílabas largas; en la métrica moderna, por dos sílabas acentuadas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]