William-Adolphe Bouguereau

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
William-Adolphe Bouguereau
William-Adolphne Bouguereau photo.jpg
Retrato de Bouguerau.
NomeWilliam-Adolphe Bouguereau
Nacemento30 de novembro de 1825
LugarLa Rochelle, Flag of France.svg Francia
Falecemento19 de agosto de 1905
LugarLa Rochelle, Flag of France.svg Francia
EidoPintura
MovementoAcademicismo
InfluenciadoFrédéric Chopin
William-Adolphe Boguereau (1825-1905) signature on Pieta (1876).svg

William-Adolphe Bouguereau, nado en La Rochelle o 30 de novembro de 1825, e finado ibídem o 19 de agosto de 1905, foi un pintor academicista francés.[1] Cun talento claro dende cativo, recibiu formación artística nunha das escolas de arte máis prestixiosas do seu tempo, a Escola de Belas Artes de París, da cal posteriormente se convertería en mestre. Tamén foi mestre da Académie Julian. A súa carreira floreceu na época de ouro do academicismo, do cal foi un fervente defensor, e un dos seus representantes máis senlleiros.

A súa pintura caracterízase polo completo dominio da forma e da técnica, cun acabado de alta calidade, que acadan grandes efectos de realismo. En termos de estilo, foi parte da corrente ecléctica que dominou a segunda merade do século XIX, mesturando elementos do neoclasicismo e do romanticismo nun enfoque naturalista cunha boa dose de idealismo. Deixou unha obra vasta, centrada en temas mitolóxicos, alegóricos, históricos e relixiosos, e retratos nus e de xoves campesiñas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Adolphe William   Bouguereau". L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]