Odilio Bravo
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Odilio Bravo | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nacido | 1 de setembro de 1916 | ||
Lugar | O Carballiño | ||
Falecido | 16 de febreiro de 2004 | ||
Lugar | Málaga | ||
[ editar datos en Wikidata ] | |||
Odilio Bravo González, nado no Carballiño o 1 de setembro de 1916 e finado en Málaga o 16 de febreiro de 2004, foi un xogador e adestrador de fútbol galego[1].
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Comezou como xogador no Peña Colón de Vigo. Fíxose adestrador profesional no ano 1951 na escola de preparadores de Cataluña, en Barcelona onde adestrou ao equipo Universitario de Barcelona. Chega a Vigo a mediados de xullo de 1952 debutando como adestrador céltico na pretempada por América de 1952.
Porén dimitía 20 xornadas a causa dos malos resultados. Foi substituído por Armando, que a súa vez foino por Luis Urquiri, e salvándose o equipo do descenso na liga de descenso grazas á renuncia do España Industrial a ascender a Primeira División.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Berto V. T. (6 de novembro de 2013). "Odilo Bravo". Yo entrené al Celta (en castelán).