Nocello

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nocello
Ankle en.svg
Vista lateral dun nocello humano
Latín articulatio talocruralis
MeSH Ankle+joint
Fractura bimaleolar e luxación no nocello dereito nos raios X (antero-posterior)

Na anatomía humana o nocello é unha articulación bicameral do membro inferior. Permite movementos de flexión-extensión e abdución-adución do . Tamén se denomina noelo, nortello e tornecelo.

Superficies articulares da cámara proximal[editar | editar a fonte]

  • Na perna:
    • Tibia: Cara inferior da epífise inferior e cara externa do maleolo tibial.
    • Peroné: Cara interna do maleolo peroneo.
  • No tarso:

O escafoide e calcáneo non son superficies articulares pero neles insírense varios ligamentos do nocello. Trátase dunha articulación troclear.

Superficies articulares da cámara distal[editar | editar a fonte]

  • Articulación astrágalo-calcanoidea: Entre astrágalo e calcáneo. É unha dobre artrodia morfolóxica e trocoide funcional.
  • Articulación calcáneo-astrágalo-escafoidea: Entre astrágalo e escafoide. Engadimos o calcáneo nesta articulación porque emite un cartigo importante para ela. Trátase dunha enartrose.

Ligamentos da articulación[editar | editar a fonte]

  • Da cámara proximal:
    • Ligamento lateral externo: Composto por tres feixes.
      • Ligamento peroneo-astragalino anterior
      • Ligamento peroneo-astragalino posterior
      • Ligamento peroneo-calcáneo
    • Ligamento lateral interno: Composto por catro feixes.
      • Ligamento deltoideo ou superficial: Contén tres feixes.
        • Ligamento tibio-astragalino anterior, posterior e tibio-calcáneo
      • Ligamento fondo: Por debaixo dos anteriores.
        • Ligamento tibio-astragalino medio
  • Da cámara distal:
    • Articulación astágalo-calcanoidea: Un ligamento intrínseco: ligamento do seo do tarso e dous ligamentos extrínsecos: un posterior e outro interno.
    • Articulación calcáneo-astragalino-escafoideo: Ligamento clave e ligamento de reforzo superior.