Nervio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fotografía microscópica de tecido nervioso

Un nervio é un conxunto de fibras nerviosas ou axóns, asociadas en fascículos por medio de tecido conxuntivo.

Os nervios son feixes de prolongacións nerviosas de substancia branca, en forma de cordóns que fan comunicar os centros nerviosos con todos os órganos do corpo. Forman parte do sistema nervioso periférico. Os nervios aferentes transportan sinais sensoriais ao cerebro, por exemplo da pel ou outros órganos, mentres que os nervios eferentes conducen sinais estimulantes dende o cerebro cara aos músculos e glándulas.

Nervios na parte superior do brazo

Estes sinais, a miúdo chamadas impulsos nerviosos, son tamén coñecidas como potenciais de acción: ondas eléctricas que viaxan a grandes velocidades, as cales nacen comunmente no corpo celular dunha neurona e propáganse rapidamente polo axón cara ao seu extremo, onde por medio da sinapse, transmítese a outra neurona.

Estrutura dun nervio[editar | editar a fonte]

Nos nervios pódense distinguir distintos compoñentes:

  • Epineuro: é a capa máis externa dun nervio e está constituída por células de tecido conectivo e fibras coláxenas, na súa maioría dispostas lonxitudinalmente. Tamén poden atoparse algunhas células adiposas.
  • Perineuro: é cada unha das capas concéntricas de tecido conxuntivo que envolve cada un dos fascículos máis pequenos dun nervio.
  • Endoneuro: son uns finos fascículos de fibras coláxenas dispostas lonxitudinalmente, xunto con algúns fibroblastos introducidos nos espazos situados entre as fibras nerviosas. O finísimo endoneuro está formado por delicadas fibras reticulares que rodean a cada fibra nerviosa.
  • Axolema: tamén coñecido como membrana axonal, envolve o axón da fibra nerviosa.
  • Células de Schwann: As células de Schwann teñen a capacidade de fabricar a mielina que envolve aos nervios (menos as fibras C, que non dispoñen desta cuberta).

Conforme o nervio se vai ramificando, as vaíñas de tecido conxuntivo fanse máis finas. Nas ramas máis pequenas falta o epineuro, e o perineuro non pode distinguirse do endoneuro, xa que está reducido a unha capa delgada fibrilar recuberta de células conxuntivas aplanadas que se parecen ás células endoteliais. Os vasos sanguíneos localízanse no epineuro e no perineuro e raras veces atópanse nos acúmulos máis densos de endoneuro.

Tipos de nervios[editar | editar a fonte]

Os nervios clasifícanse segundo:

1) A clasificación de Erlanger e Gasser:

  • Fibras de tipo A, con vaíña de mielina e que se subdividen en tipo alfa (velocidade de condución 70 a 120 m/s, diámetro 12 a 20 micras, responsables da propiocepción), beta (vel. de condución 30-70 m/s, diámetro 5-12 micras, responsables do tacto e a presión), gamma (vel. de condución 15-30 m/s, diámetro de 3-6 micras, responsables da transmisión motriz aos fusos musculares ) e delta (vel. de condución 12-30 m/s, diámetro 2-5 micras, transmisión da dor, o frío e parte do tacto).
  • Fibras B, mielinizadas, responsables da conexión autónoma preganglionar (vel. condución 3-15 m/s, diámetro menor a tres micras).
  • Fibras C, non mielinizadas (sen vaina de mielina), que se ocupan da transmisión da dor, a temperatura, información dalgúns mecanorreceptores e das respostas dos arcos reflectidos (Vel. condución 0.5 a2 m/s, diámetro de 0.4 a 1.2 micras)

2) A súa orixe :

Nervios Craneais : Son os que nacen do encéfalo ou no bulbo.

Nervios Raquídeos : Son os que nacen da medula espiñal.

Nervios de ton Simpático.

3) A súa función :

Nervios sensitivos ou centrípedos : Encárganse de conducir as excitacións do exterior cara aos centros nerviosos. Son bastantes escasos. Xeralmente as febras nerviosas áchanse asociadas con febras motoras (centrífugas). Como exemplo de nervio sensitivo puro podemos podemos citar o nervio de Wrisberg, que conduce ao cerebro a sensibilidade das gládulas salivais.

Nervios sensoriais : Atópanse dentro dos anteriores, pero se encargan unicamente de transmitir estímulos provintes dos órganos dos sentidos.

Nervios motores ou centrífugos : Son aqueles que levan aos músculos ou ás glándulas as ordes dun movemento ou dunha secreción impartida por un centro nervioso.

Nervios mixtos : Son aqueles que funcionan á vez como sensitivos e motores. Áchanse constituídos por febras que levan as excitacións exteriores cara aos centros nerviosos e ordes dos músculos , dos centros cara á periferia. Como exemplo podemos citar o glosofarínxeo que transmite ao cerebro a excitación do gusto e produce ao mesmo tempo a excitación da lingua. Pertencen a esta clase de nervios todos os nervios raquídeos e varios nervios craniais.

Propiedades dos nervios[editar | editar a fonte]

O nervio ten dúas propiedades esenciais: a excitabilidade e a condutividade.

Excitabilidade[editar | editar a fonte]

A excitabilidade é a propiedade que ten o nervio de adquirir un movemento vibratorio molecular baixo a acción dun excitante. O nervio pode ser excitado por un centro nervioso, por un excitante natural como a luz ou por un excitante artificial como unha descarga eléctrica. Os excitantes artificiais poden ser de varias clases: O excitante é mecánico cando se provoca a contración das patas dunha ra pinchando o nervio crural. Serà químico se se aplica un cristal de cloruro de sodio sobre o mesmo nervio para conseguir o mesmo efecto. Será térmico se se pon bruscamente o mesmo nervio en contacto cun corpo quente conseguindo a mesma contracción.O excitante máis empregado na fisioloxía é a electricidade porque é moi fácil regular a intensidade e a duración da súa aplicación.

Condutibilidade[editar | editar a fonte]

A condutibilidade é a propiedade que ten o nervio de asegurar a propagación do movemento vibratorio ao longo do nervio na forma ondulatoria ao xeito que se propaga unha onda na superficie do auga. Esta propiedade permite a unha dendrita transmitir a un centro nervioso a excitación que provén dun pinchazo periférico, por exemplo, e a un cilindro eixo de levar a outra neurona ou a un músculo a excitación que provén dun centro nervioso. É de notar que as dendritas que emanan dun ganglio espiñal posúen unha envoltura de mielina, o que posto a considerar aos autores como cilindros-eixos. Para que se exerza a condutibilidade é necesario que o nervio non sufra ningunha dexeneración e que no seu traxecto non exista ningunha solución de continuidade. Un nervio pode perder a excitabilidade sen perder a condutibilidade; así a parte dun nervio sometida á acción do gas carbónico, deixa de ser excitable; pero se se aplica a corrente eléctrica á outra parte do nervio, a parte non excitable poderá conducir a excitación. Un nervio non cansa ao conducir o fluxo nervioso; pero un centro nervioso pode fatigarse cun traballo intelectual intenso. A condución dun nervio sensitivo é centrípeda e a dun nervio motor é centrífuga. Os nervios mixtos participan nas dúas calidades.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Nervio