Saltar ao contido

Ganglio linfático

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para os ganglios do sistema nervioso ver ganglio.
Ganglio linfático
nodus lymphoideus Editar o valor en Wikidata
Esquematismo
Imaxe
 Instancia de
Características
 Desenvolvemento
Códigos e identificadores
Freebase/m/0l4hh Editar o valor en Wikidata
MeSHD008198 Editar o valor en Wikidata
Thesaurus do NCIC12745 Editar o valor en Wikidata
TA 98A13.2.03.001
CIE-111525493612 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2780849966 e C2992571226 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons

Un ganglio linfático é unha formación vascular que pertence ao sistema linfático. Os vasos linfáticos drenan todo o corpo agás o sistema nervioso central. Recollen líquidos e transpórtano cara á circulación venosa. Ademais de para transportar substancias serve tamén como filtro inmunolóxico, xa que contén numerosas células inmunes encargadas de eliminar substancias alleas ao organismo.

O ganglio é unha estrutura esférica, de pequeno tamaño, que se adoita agrupar en puntos concretos, coma a axila. Recolle linfa de varios condutos, concéntraa e o sistema inmune "revísaa". Do ganglio sae un vaso eferente, que se dirixe a outro grupo linfático ou á circulación venosa.

No caso do aparello dixestivo, existe unha rede linfática que transporta substancias da dieta cara ao sistema venoso. No caso das graxas, a célula do intestino delgado descompón o ácido graxo e empaquétao nunha estrutura de transporte, o quilomicron. Os quilomicrons son enviados ao sistema linfático, que finalmente os deposita na vea subclavia.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Wheater's. Histología funcional (en castelán).