Saltar ao contido

Escroto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escroto
scrotum Editar o valor en Wikidata
 Subclase de
 Parte de
 Homólogo sexual
 Drenaxe linfática
 Irrigado por
 Drenado por
Identificadores
Freebase/m/0f51f Editar o valor en Wikidata
MeSHD012611 Editar o valor en Wikidata
Thesaurus do NCIC12785 Editar o valor en Wikidata
TA 98A09.4.03.004%20Entity%20TA98%20EN.htm A09.4.03.001, A09.4.03.004
CIE-11344934694 Editar o valor en Wikidata
MedlinePlus002296 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2779491700 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons

Nos animais do sexo masculino, o escroto ou saco/bolsa testicular é unha bolsa externa de pel e músculo que contén os testículos. É unha extensión do abdome e atópase entre o pene e o ano.

Histoloxía

[editar | editar a fonte]

Nos humanos, ata a novena semana de xestación, o feto macho ou femia só presenta aínda dous túbulos labio-escrotais que darán na meniña os labia maiora da vulva e o escroto no meniño. Cara ó sétimo ou oitavo mes os testículos baixarán ás bolsas escrotais.

A función do escroto, é manter os testículos a unha temperatura inferior á do resto do corpo (34,4º celsius) para favorece-la produción de espermatozoides (espermatoxénese), a calor excesiva destrúe os espermatozoides. A regulación térmica efectúase grazas ó movemento reflexo do músculo cremáster que, contraendo o escroto, achega os testículos ó corpo cando vai frío e á inversa cando vai calor, favorecendo pola transpiración o mantemento dunha temperatura máis baixa.

Escroto Humano.

A pel do escroto é particularmente permeable a numerosas moléculas, podería xogar un rol no sistema hormonal. O cirurxián inglés Percivall Pott (1714-1788) decatárase xa de que os nenos que foran empregados, polo seu pequeno tamaño, desenfeluxando chemineas eran máis propensos a desenvolver un cancro de escroto na idade adulta, cara ós 20 anos, o que foi un dos primeiros indicios das causas ambientais de certos cancros.

Aínda que a temperatura ideal varíe conforme a especie, nos animais de sangue quente parece haber unha maior necesidade de control, e de aí a necesidade e evolución do escroto, a pesar do riscos que representa por non ofrecer protección aos testículos.

Suponse que a fraca resistencia do esperma ás altas temperaturas, sirva para impedir que mulleres doentes (con febre), poidan empreñar.

Nos humanos e noutros mamíferos, o escroto fica coberto de pelos pubianos a partir da puberdade.